O padroado de Afundación nomea presidente a Miguel Ángel Escotet

presidencia 3   O órgano ratifica que a sede institucional fixada en Vigo implica a permanencia da sede da xerencia, que é a dirección efectiva de Afundación
I O plan estratéxico para os próximos cinco anos presentarase en decembro
02.09.2014. O padroado da Fundación Galicia Obra Social (Afundación) nomeou presidente ao profesor e investigador Miguel Ángel Escotet, director xeral de Responsabilidade Social Corporativa e Comunicación de ABANCA. A decisión foi tomada esta tarde en Vigo en nunha reunión na que se constituíu o padroado e se nomearon tamén o vicepresidente, Ángel Sicart; o secretario, Jesús Navazo, e o asesor xurídico, Eduardo Álvarez-Naveiro.

A proposta de Jesús Vázquez Sanluis, patrón en representación da Consellería de Facenda, o padroado aproou por unanimidade que «consonte coa estrutura xeográfica da Obra Social e de organización e estrutura de esta e en liña co recollido nos estatutos, ratifícase que a sede institucional, fixada en Vigo, implica o mantemento da sede da xerencia, que é a dirección efectiva da fundación». A nova etapa non significará cambios de emprazamento de ningún dos centros sociais, culturais ou educativos que agora realizan unha función de servizo que beneficia anualmente a máis dun millón de persoas.

O máximo órgano de decisión da entidade está formado por 28 membros, dos que nove representan a ABANCA, sete ás cidades, catro ao Parlamento de Galicia, catro ás deputación provinciais, tres á Xunta de Galicia e un aos traballadores.

Plan Estratéxico
Na reunión constituinte, o padroado recibiu o encargo de desenvolver o Plan Estratéxico que guiará a actuación de Afundación durante os vindeiros cinco anos. Algúns eixos sobre os que xirará el plan son, de acordo con lo expresado por Miguel Angel Escotet, «o impulso á área educativa, o traballo integral cos maiores, o emprendemento e o fomento do emprego para os novos é o deporte e a vida saudable para os máis pequenos». «Queremos ser unha fundación ao servizo da sociedade galega dentro e fóra de Galicia», salientou. Escotet defendeu o desenvolvemento de programas propios fronte ao financiamento de programas alleos e a calidade fronte á cantidade: «queremos intensificar e centrar os esforzos máis que diversificalos para o beneficio de Galicia e de todas as galegas e galegos», sinalou.

ABANCA asume oficialmente o reto de da continuidade á actividade desenvolvida por Afundación, «un reto complexo pola delicada situación económica”, segundo o seu presidente. A Fundación Galicia Obra Social (Afundación), mantendo a actividade en niveis similares aos actuais, ten un déficit “estrutural” de 5 MM€ anuais os que hai que sumar 8 MM€ de amortizacións contables.

Composición do Patronato
O padroado quedou constituído por Miguel Ángel Escotet Álvarez, Juan Carlos Escotet, Francisco Botas, Javier Etcheverría, Pedro López e José Eduardo Alvarez-Naveiro en representación de ABANCA; Ángel Sicart Giménez, Laura Mosquera Escudero, Eladio Fernández Pérez e Afonso Ribas Fraga, designados polo Parlamento de Galicia; Jesús Santiago Vázquez Sanluis, Xosé Carlos Caneiro Pérez e Mª Jesús Budiño Rodríguez, nomeados pola Xunta de Galicia; Olga Cuña Blanco, en representación da Deputación de Ourense; José Fernández Penas, designado polo Concello de A Coruña, Marcelino Agís Villaverde, polo Concello de Santiago; José Luis Lolo Celeiro, Deputación de Lugo; Marta Lucio Gómez, Deputación de Pontevedra, María Isabel González Rey, Concello de Lugo; José Luis Liñares, persoal de Afundación; Ricardo Díaz-Casteleiro Romero, Concello de Ferrol, e José Luis Jiménez Martínez, Concello de Ourense.

Todos os membros do máximo órgano de decisión contan cunha ampla experiencia nos eidos de actuación da entidade, tal e como establecera a Xunta de Galicia.
Miguel Ángel Escotet, presidente
O presidente do padroado é Miguel Angel Escotet (León, 1945), recoñecido científico e investigador na área das ciencias sociais que conta cunha longa traxectoria profesional no ámbito académico en España, América Latina e Estados Unidos.

Antes de ser nomeado director xeral de Responsabilidade Social Corporativa e Comunicación de ABANCA, Miguel Angel Escotet desenvolveu unha destacada traxectoria como profesor, investigador e xestor. Escotet é doutor (PhD) pola Universidade de Nebraska e máster (MA) pola Universidade de Texas. Tamén realizou estudos de enxeñería e psicoloxía clínica. Publicou máis de 50 libros sobre a investigación social, educación superior, cultura e psicoloxía. É doutor honoris causa por varias universidades e dispón de outros moitos premios internacionais de investigación.

Miguel Ángel Escotet foi decano ata o pasado mes de maio da Facultade de Educación da Universidade de Texas e dende o pasado 21 de agosto converteuse no primeiro académico español distinguido por esta universidade como catedrático emérito (Professor Emeritus). Durante o seu decanato, a Facultade de Educación recibiu a credencial nacional e o recoñecemento á excelencia en todos os seus programas de grao e posgrao. Previamente Escotet fora director do Instituto de Posgrao da Universidade de Deusto e profesor e investigador da Universidade Internacional de Florida.

Escotet reúne ademais unha dilatada experiencia en institucións e organismos internacionais. Foi Director Executivo do Consello Universitario Interamericano para o Desenvolvemento Económico e Social, con sede en Washington, Conselleiro Especial para Educación Superior do Director Xeral de UNESCO, con sede en París, e Secretario Xeral da Organización de Estados Iberoamericanos para Educación, Ciencia e Cultura, con sede en Madrid.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: