A XUNTA INICIA A INFORMACIÓN PÚBLICA DO PROCESO DE EXPROPIACIÓN PARA A MELLORA DA AVENIDA CLARA CAMPOAMOR EN VIGO

clip_image002

A Consellería de Medio Ambiente publica hoxe no Diario Oficial de Galicia o anuncio polo que se inicia este trámite administrativo da mellora do vial Clara Campoamor para canalizar os tráficos do novo Hospital de Vigo
 Ábrese un período de 15 días para realizar observacións á relacións de bens e dereitos afectados por esta actuación
 Para a execución das obras é necesaria a expropiación de case 3.000 m2 de terreos distribuídos en 14 fincas

Santiago, 3 de setembro de 2014.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), inicia hoxe o proceso de información pública do proceso de expropiación da mellora da Avenida Clara Campoamor en Vigo, que permitirá o acceso ao novo Hospital de Vigo. O Diario Oficiala de Galicia publica hoxe o anuncio polo que se somete ao trámite de información pública, en materia de expropiacións, a relación de bens e dereitos necesarios para a execución do proxecto de mellora do vial Clara Campoamor, cuxo proxecto de trazado foi aprobado pola Axencia Galega de Infraestruturas.

Para execución das obras, tal e como están a ser proxectadas, será necesaria a expropiación de 2.931,4 m2 de terreo, distribuídos en 40 fincas.

A relacións de bens sométese a información pública durante un prazo de 15 días, estando a documentación dispoñible na web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e exposta ao público, en días e horas hábiles de oficina, nos locais da Axencia Galega de Infraestruturas, do Servizo de Infraestruturas de Pontevedra e na Casa do Concello de Vigo.

Deste xeito, iníciase a tramitación para a consecución dos terreos necesarios para que a Xunta de Galicia execute mellora deste vial para a súa conexión co Hospital Público de Vigo.

O obxectivo da actuación é canalizar os fluxos de tráfico con destino e orixe no hospital de Vigo, e a mellora da avenida Clara Campoamor para que a incorporación á mesma sexa axeitada. Para conseguilo, actuarase nun treito dunha lonxitude de 590 metros, no que se proxecta a ampliación da plataforma da avenida, a execución dunha nova glorieta para o acceso norte ao hospital, e un semienlace para o acceso sur.

A actuación comeza ao sur na glorieta do enlace co segundo cinto de circunvalación de Vigo (VG-20), prevíndose a execución dunha nova saída exclusiva para acceso ao hospital. Esta saída bifúrcase en dous carrís, un para acceso exclusivo de urxencias e o outro que continua como vía de servizo ata a conexión norte. Así, a sección tipo da avenida neste treito engadirá aos actuais dous carrís por sentido outros dous carrís de acceso ao hospital.

O carril de uso exclusivo para urxencias cruza o río Barxa mediante un pequeno viaduto e desemboca na glorieta do hospital. Desta mesma glorieta sae un ramal en sentido oposto, de entrada á avenida, que discorre conxunto co de saída na zona do viaduto para conectar co vial de servizo mediante cun carril de aceleración. O vial de servizo continua ata a glorieta norte onde se segrega antes de entrar na mesma. Nesta zona permítese a saída dos vehículos do hospital á avenida.

A nova glorieta norte construirase con dous carrís de 4 m de ancho, beiravía interior de 1,5 m e exterior de 0,5 m. Finalmente, executarase unha senda peonil para conectar esta glorieta norte coa que dará acceso ás urxencias do hospital. Na imaxe pode observarse unha traza do tramo do vial que se mellora co proxecto aprobado pola Axencia Galega de Infraestruturas.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: