MEDIO AMBIENTE INICIA ESTE MES A REPOBLACIÓN DE ANGUÍA E SALMÓN NO TRAMO DO RÍO TEA, AO SEU PASO POLO CONCELLO DE MONDARIZ

140903 mondariz 02x

A directora xeral de Conservación da Natureza mantivo unha reunión co alcalde de Mondariz

 Os informes realizados pola Consellería de Medio Ambiente ao longo do mes de agosto confirman o río está recuperándose tras o vertido de sosa cáustica acontecido en agosto
 Ao longo deste mes soltaranse 25.000 individuos de angulóns de anguía europea e en outono, coa chegadas da choivas, procederase á solta de 7.000 pintos de salmón
 Trátase dunha das medidas avanzadas pola conselleira de Medio Ambiente durante unha visita ao tramo afectado polo vertido accidental de sosa cáustica

Santiago, 3 de setembro de 2014.- A directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado, confirmoulle esta mañá ao alcalde de Mondariz, Julio Alén, que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas procederá este mesmo mes á solta angulóns de anguía europea e pintos de salmón atlántico, no outono, para conseguir unha recuperación deste tramo do río Tea, onde o pasado 1 de agosto se produciu un vertido accidental de sosa cáustica.

A directora de Conservación mantivo unha reunión de traballo co rexedor municipal, na que lembrou que se trata dunha das medidas avanzadas pola conselleira de Medio Ambiente durante a súa visita á zona afectada.

As soltas programadas destes exemplares pretende potenciar a repoboación natural daquelas especies, polo que no mes de setembro se procederá á solta de 25.000 individuos de angulóns de anguía europea, uns 10 kg aproximadamente, procedentes da Piscifactoría de Carballedo.

No caso dos pintos de salmón, recoméndase que a solta se realice en outono, no momento en que comecen as primeiras choivas. En total, soltaranse 7.000 pintos da estación da Freixa, en Ponteareas. Tellado Barcia destacou que dadas as características do tramo, cunha gran conectividade con outros tributarios e co mar, facilitarán a recolonización nos vindeiros anos.

Tamén lle trasladou ao alcalde de Mondariz, que a empresa xa lle trasladou á Dirección Xeral de Conservación unha proposta que está pendente de análise sobre a adopción de medidas de reforzo da seguridade .

Informes
A directora de Conservación sinalou que no mes de agosto leváronse a cabo diversas análises para verificar a recuperación das especies que habitan no río Tea e determinar o momento propicio para realizar soltas programadas.

Así, un equipo especializado no estudo das comunidades de invertebrados fluviais, pertencente ao Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia realizou varias mostraxes, a última o 25 de agosto, co obxecto de analizar o efecto do vertido sobre os bentos (comunidade de fauna do fondo). En base a esta análise, a afección do vertido sobre os invertebrados non foi moi grave e a evolución é positiva incrementándose a abundancia en número de exemplares e constatándose unha recolonización e unha ocupación dos nichos baleiros.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: