O NOVO CURSO NA REDE AUTONÓMICA A GALIÑA AZUL COMEZA MAÑÁ CON PRETO DE 7.300 NENOS MATRICULADOS

gallina_284814 Máis de 19.200 familias terán acceso a unha praza 0-3 sostida con fondos públicos
 Comeza a aplicación da exención total da cota a partir do segundo fillo ou filla que acuda á mesma escola infantil
 A oferta 0-3 da Xunta increméntase nun 1,5 por cento de prazas con respecto ao curso pasado

Santiago, 3 de setembro de 2014.- Arranca mañá o novo curso en 145 centros da rede autonómica A Galiña Azul, aos que se incorporarán un total de 7.295 nenos e nenas. Unha nova escola infantil de Ferrol e unha das escolas de Foz, que está en obras, comezarán a súa actividade uns días máis tarde.

Como nos últimos anos, a oferta da rede vese unha vez máis incrementada en relación ao curso anterior. Ese incremento de prazas nun 1,5 por cento débese á apertura dunha nova escola infantil de 82 prazas en Ferrol, construída no marco dun convenio coa Fundación Amancio Ortega; á ampliación da escola infantil da Laracha, que tras a realización de obras de ampliación ao longo do verán pasa a ofertar 115 fronte ás 74 que tiña con anterioridade, e á adecuación dunha nova aula na escola infantil de Xinzo de Limia, que pasa a contar con seis unidades.

En total, a oferta 0-3 da Xunta neste curso 2014/2015 ascende a 8.783 prazas en 147 escolas infantís. Por provincias, a oferta é de 3.420 prazas na Coruña, 940 en Lugo, 1.116 na provincia de Ourense e 3.307 en Pontevedra.

Ademais, á oferta autonómica súmanse outras 124 escolas municipais, 56 escolas dependentes de entidades de iniciativa social ou doutras entidades públicas e arredor de 1.000 prazas de cheque infantil, polo que máis de 19.200 familias poderán contar no curso 2014/2015 cunha praza 0-3 sostida con fondos públicos.

Exención para o segundo fillo ou filla
Coa chegada do novo curso comeza tamén a aplicación da exención total de cota a partir do segundo fillo ou filla matriculado na mesma escola infantil para familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 7.500 euros anuais. Tamén estarán exentos os menores con medidas administrativas de tutela ou garda en situación de acollemento familiar. Esta medida está recollida no Decreto 91/2014, do 17 de xullo, polo que se modifica o Decreto 49/2012 do 19 de xaneiro, polo que se aproba o réxime de prezos das escolas infantís 0-3 dependentes da Xunta.

A exención de cota a partir do segundo fillo ou filla forma parte do Plan para a dinamización demográfica de Galicia 2013-2016, horizonte 2020, aprobado no Parlamento de Galicia o ano pasado co obxectivo de acadar a rexeneración demográfica de Galicia. Este documento recolle ata 69 medidas para actuar de maneira eficaz, sostible e coordinada mediante un conxunto de estratexias de carácter transversal para atallar o problema da demografía na Comunidade autónoma.
Planificación
Ademais do incremento de prazas no comezo do actual curso, a planificación de novas prazas que está a executar a Consellería de Traballo e Benestar inclúe un total de 26 novas escolas infantís e 1.552 prazas que están en distintas fases de execución.

Así, xa comezou a construción de novas escolas nos concellos de Ames, Boiro, Fene, Malpica, Muros, Oroso, Porto do Son, Touro, Tomiño e Salvaterra do Miño, e están noutras fases da tramitación as novas escolas de Oza-Cesuras, Pontedeume, Burela, O Carballiño, Verín, Marín, Ponteareas e Redondela.

Así mesmo, estase a executar o convenio asinado coa Fundación Amancio Ortega para a construción de escolas infantís. A FAO vén de rematar as obras da escola de Melide e de comezar a construción dunha escola en Cambre, e no marco do mesmo convenio construirá outras seis escolas máis.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: