MÁIS DE 1.320 NENOS E NENAS INCORPÓRANSE ESTE ANO ÁS 21 ESCOLAS QUE A REDE A GALIÑA AZUL TEN NO ÁMBITO DA DELEGACIÓN TERRITORIAL DE VIGO

5 Comeza a aplicación da exención total da cota a partir do segundo fillo ou filla que acuda á mesma escola infantil
 A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, comprobou hoxe o inicio do curso escolar 2014/2015 na escola infantil de Gondomar
 A oferta para nenos e nenas de 0 a 3 anos da rede A Galiña Azul na área territorial de Vigo incrementouse nos últimos anos nun 58,7%
 A cidade de Vigo conta co maior número de prazas, dispoñendo dun total de 626 prazas en 8 centros autonómicos
 A Xunta de Galicia xa ten en obras unha nova escola infantil en Salvaterra do Miño e en planificación 2 máis para Vigo e Redondela, e que suporán en total a creación de 204 novas prazas

Gondomar, 4 de setembro de 2014.- Dá comezo o novo curso nas 21 escolas infantís que a rede autonómica A Galiña Azul ten no ámbito da Delegación Territorial de Vigo. Dende hoxe mesmo e durante os vindeiros días, estes centros infantís irán procedendo á incorporación de 1.329 nenos e nenas de entre 0 a 3 anos dos concellos de Vigo, Cangas, Baiona, Nigrán, Gondomar, Soutomaior, O Porriño, Salceda de Caselas, Mos e Moaña.

Esta mañá, a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, comprobaba o inicio do curso na escola infantil A Galiña Azul de Gondomar, que conta cun total de 74 prazas e que tivo hoxe unha xornada de portas abertas coas familias dos nenos e nenas. Durante a visita, estivo acompañada polo alcalde da localidade, Fernando Guitián, a concelleira de Educación, Paula Bouzón, e pola directora da escola, Rosa Bello.

A oferta para nenos e nenas de 0 a 3 anos da rede A Galiña Azul na área territorial de Vigo incrementouse nos últimos anos nun 58,7%, cun total de 470 prazas de nova creación para os municipios de Vigo (Valadares e Gota de Leche), Soutomaior, O Porriño (Doantes), Cangas (O Hío), Mos (Coto Torrón) e Moaña (Quintela).

No caso concreto de Vigo, a Xunta de Galicia ofrece o maior número de prazas públicas, contando este ano cun total de 626 en 8 centros de titularidade autonómica situados en O Calvario (41), Valadares (102), Praza da Estrela (41), Relfas-Sárdoma (74), Rosaría de Castro-Coia (107), Cabral-Caeiro (67), Bouzas (94) e Gota de Leche (100).

Ademais, a Xunta de Galicia xa ten en obras unha nova escola infantil en Salvaterra do Miño (61 prazas) e en planificación outras 2 para os concellos de Redondela e Vigo, e que suporán en total a creación de 204 novas prazas.

Exención para o segundo fillo ou filla
Coa chegada do novo curso comeza tamén a aplicación da exención total de cota a partir do segundo fillo ou filla matriculado na mesma escola infantil para familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 7.500 euros anuais. Tamén estarán exentos os menores con medidas administrativas de tutela ou garda en situación de acollemento familiar. Esta medida está recollida no Decreto 91/2014, do 17 de xullo, polo que se modifica o Decreto 49/2012 do 19 de xaneiro, polo que se aproba o réxime de prezos das escolas infantís 0-3 dependentes da Xunta.

A exención de cota a partir do segundo fillo ou filla forma parte do Plan para a dinamización demográfica de Galicia 2013-2016, horizonte 2020, aprobado no Parlamento de Galicia o ano pasado co obxectivo de acadar a rexeneración demográfica de Galicia. Este documento recolle ata 69 medidas para actuar de maneira eficaz, sostible e coordinada mediante un conxunto de estratexias de carácter transversal para atallar o problema da demografía na Comunidade autónoma.

Máis de 2.200 prazas públicas
Na actualidade, a Administración galega pon a disposición dos pais e nais de Vigo e a súa área territorial máis de 2.200 prazas sostidas con fondos públicos para nenos e nenas de 0 a 3 anos tendo en conta as escolas da rede autonómica A Galiña Azul, as de iniciativa social e o cheque infantil.

No que respecta ás escolas de iniciativa social, a área territorial de Vigo beneficiouse neste ano con máis de 1,1 millón de euros para o mantemento de 14 escolas infantís de 0 a 3 anos dos concellos de Vigo e a súa área. En concreto, se destinan a 9 escolas de Vigo, 2 de Moaña, 1 de Cangas, 1 de Soutomaior e outra de Gondomar, onde se ofrecen ao redor de 800 prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos subvencionados polo Goberno galego.

En definitiva, Galicia conta así este ano con máis de 19.000 prazas de escolas infantís financiadas con fondos públicos ao ter en conta as que pertencen á rede A Galiña Azul; prazas nas escolas de iniciativa social; prazas en escolas municipais subvencionadas; e prazas de cheque infantil.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: