MEDIO AMBIENTE DESTINA MÁIS DE 1,2 MILLÓNS DE EUROS AO REFORZO TOTAL DOS NOIROS DO CORREDOR DO MORRAZO, CUXAS OBRAS REMATARÁN ESTE MESMO MES

 Os estudos xeotécnicos realizados durante a execución das obras recomendaron ampliar a actuación, polo que o investimento da Axencia Galega de Infraestruturas nesta obra de mellora da seguridade viaria e de conservación de estradas elévase a 1,2 millóns de euros
 No mes de marzo rexistráronse no Corredor do Morrazo uns desprendementos no ramal de acceso a Cangas (punto quilométrico 11+700) e no tronco desta infraestrutura á altura do p.q. 12+700

Santiago, 4 de setembro de 2014.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas destina 383.000 euros para completar as obras de reforzo de firme no noiro do Corredor do Morrazo, cuxas obras estarán rematadas este mes de setembro. Medio Ambiente intensificou as medias de seguridade no punto quilométrico 12+700, dado que os estudos xeotécnicos realizados durante a execución das obras recomendaron ampliar a actuación, despois dos desprendementos rexistrados o pasado 4 de marzo.

Así, o Consello da Xunta de Galicia aprobou hoxe o decreto polo que se declara a utilidade pública e se dispón a necesidade de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras, así como o proxecto de acordo polo que se dá conta do incremento de gasto por unha contía de 383.079 euros, derivados da execución da obra de emerxencia actuacións para a reparacións de desprendementos na CG-4.1 Rande- Alto da Portela, p.q. 11+700 e 12+700. Importe global da actuación elévase a 1,2 millóns de euros.

A ampliación da magnitude da obra vén motivada principalmente polos traballos no desprendemento do p.q. 12+700. Os labores inicialmente previstos eran de saneamento das terras que escorregaron e de sostemento dos noiros. Porén, os traballos de seguimento xeotécnico realizado durante a execución das obras amosaron que existían zonas que presentaban fracturación, polo que se podían producir novos desprendementos en condicións de chuvia. Ante esta situación foi necesario realizar actuacións que minimizasen ese risco. Así, continuouse co saneamento dos noiros, diminuíndo a súa pendente, definindo bermas de seguridade de 5 metros de largura, ampliáronse as zonas de gunitado e ancorado, executáronse tubaxes drenadas soterradas (drens) e preveuse a execución de novos pequenos muros de sostemento na parte baixa.

Ademais, para que a configuración final sexa completa, estanse a executar cunetas de recollida de augas nas testas dos noiros, de modo que se evite a chegada de auga de escorrega, o que complementa o funcionamento das drenaxes soterrados que se executan.

Así, as cifras finais da actuación levada a cabo no noiro do p.q. 12+700 ascenden a unha escavación de case 50.000 m3 de terreo, un gunitado con mallazo de reforzo nunha superficie de máis de 3.500 m2, a execución de 380 metros de tubaxes drenadas soterradas e á colocación de máis de 3.300 metros de ancoraxes de cable de aceiro no terreo.

En relación do decreto que declara a utilidade pública e urxente ocupación dos terreos, cómpre sinalar que para a execución das obras foi necesaria a ocupación de terreos particulares. En concreto, afectáronse 20 predios, 12 delas no concello de Cangas e 8 no concello de Moaña, todos eles de monte, que suman unha superficie de 5.514 m2.

Desprendementos no Corredor
En marzo deste ano rexistráronse no Corredor do Morrazo uns desprendementos no ramal de acceso a Cangas (punto quilométrico 11+700) e no tronco desta infraestrutura á altura do p.q. 12+700. A Axencia Galega de Infraestruturas destinou un importe de 822.000 euros para levar a cabo esta actuacións de mellora da seguridade viaria e de conservación de estradas.

As obras, que tamén foron declaradas de emerxencia polo Consello da Xunta, comezaron o 27 de marzo e consistiron na escavación de terreo, desmontaxe do muro actual e a construción dun novo muro de bloques de pedra granítica ata unha altura de 4,5 m, aproveitando a pedra útil existente e achegando a necesaria. Os traballos executados no p.q. 11+700 remataron o pasado día 4 de xullo, eliminándose así a principal afección ao tráfico, e as do p.q. 12+700, que son as que son obxecto de ampliación, rematarán no mes de setembro.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: