MEDIO AMBIENTE, PORTOS DE GALICIA E CONCELLO DE MOAÑA COLABORÁN NA CONSTRUCIÓN DUN PASEO LITORAL ATA A ZONA DA SEARA

clip_image002

O desenvolvemento desta actuación permitirá completar o paseo litoral, que permitirá retirar o tráfico peonil e ciclista da estrada Marín- Rande (PO-551)
 Nalgún treito será necesario proxectar unha estrutura de madeira que voará sobre a lámina de auga, para evitar afeccións as vivendas situadas a pouca distancia do bordo litoral

Santiago, 4 de setembro de 2014.- O Consello da Xunta de Galicia autorizou hoxe a sinatura dun convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), o ente público Portos de Galicia e o Concello de Moaña que permitirá continuar o paseo marítimo de Moaña ata o paseo da Xunqueira, no treito de Seara. Este proxecto teñen un orzamento de máis 420.000 euros.

O treito no que se vai a actuar é de 310 metros e discorre entre o aparcamento próximo á Casa do Mar, ao que bordeará, e o actual paseo marítimo, co que entroncará á altura do edificio de Salitre antes do cruzamento co río da Fraga. O desenvolvemento desta actuación permitirá completar o paseo litoral existente, finalizando así unha infraestrutura moi demandada polos veciños da zona que permite retirar o tráfico peonil e ciclista da estrada Marín- Rande (PO-551).

Accións que se van realizar
A solución que se vai adoptar atópase condicionada polo carácter urbano do treito, así coma polas edificacións existentes, como muros, ramplas e escaleiras de acceso ao litoral para peóns e embarcacións.

Así, a actuación basearase na construción dun paseo para uso peonil e ciclista, con zonas diferenciadas, conformada por lastra de granito na zona reservada á circulación peonil e acabamento en formigón no carril-bici.

Non obstante, nalgún subtreito resulta necesario proxectar unha estrutura de madeira que voará sobre a lámina de auga, para evitar afeccións as vivendas situadas a moi reducida distancia do bordo litoral. Ademais, será necesario modificar muros e ramplas para adaptalas á cota do novo paseo. A actuación complementarase coa adecuación do espazo público mediante sementado de céspede e plantación de árbores, dotación de mobiliario urbano e iluminación.

Coa sinatura do convenio, a Xunta de Galicia, a través da AXI, asumirá os compromisos de licitar, adxudicar, executar e dirixir as obras, así como o de cofinancialas ata un máximo de 210.070,68 euros coas seguintes anualidades: 2014, 50.000 euros; 2015, 160.070,68 euros. Pola súa banda, Portos de Galicia financiará as obras na parte restante: 210.070,68 euros, con anualidades en 2014 e 2015.

Pola súa banda, o Concello de Moaña elaborará e aprobará o documento técnico necesario para a definición das obras, porá a disposición da AXI os terreos necesarios libre de cargas e gravames e asumirá, unha vez realizadas as obras, a explotación, mantemento e conservación das obras acometidas e dos seus servizos

O actual paseo marítimo, de máis de tres quilómetros, entre O Con e a illa de San Bartolomeu, atópase interrompido nun pequeno tramo na zona da Seara, no que as edificacións e peches existentes dificultan o acceso ao bordo litoral, que presenta un importante estado de abandono. A zona de actuación é un área moi urbanizada e con gran afluencia de visitantes, na que conviven a actividade pesqueira e os usos lúdicos.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: