FEIRA 6 de setembro

feir-PRODUCTOSARTESANALESGALLEGOSFEIRA DE PRODUTOS ECOLÓXICOS DE VIGO
6 DE SETEMBRO 2014

A última FEIRA do verán celebrarase este sábado día 6 de setembro no Barrio Alto do Casco Vello, unha vez máis en horario de 10.00 a 15.00 h.
Aínda estamos a tempo de mercar produtos ecolóxicos de primeira calidade propios desta estación, antes da nova tempada que traerá outro tipo de variedades.

Coma sempre teremos actividades na programación que se levarán a cabo nos locais comercias da zona que colaboran.
Comezamos ás 10:30 na Horta de Abeleira cun curso e degustación de xerminados e batidos verdes, no que é preciso inscribirse previamente chamando ao teléfono 639 310 152.

Ás 12:00 terá lugar nas carpas de Feira unha charla impartida por Sandra Aguilar de Hojadelimón, na que nos falará das diferenzas que podemos atopar entre os xabóns comercias e os xabón feitos de xeito artesanal.
A Asociación de Produtores Ecolóxicos de Galicia, Apega, realiza a súa degustación de todos os meses da man da nutricionista Natalia Carrillo, que para esta ocasión ten preparada unha degustación de crema vegana de alloporro e améndoa e pizza de rúcula, tomate e queixo de cabra. Será a partir das 12:30 nas carpas de Feira.
Se a climatoloxía o permite, teremos un obradoiro para todas as familias que queiran achegarse, no que faremos o noso propio bloc de recetas.
E para rematar a xornada e fóra do horario do mercado, A Tenda do Avó convídanos a dous concertos de música K-pop e Bhangra na súa terraza, de 18:30 a 21:30:

K-pop (Korean Pop)
O pop “made in Korea” ten millóns de seguidores na súa zona de influenza máis cercana e estase introducindo pouco a pouco en occidente. A súa característica principal e que está interpretado, na maioría dos casos, por girlbands ou boybands que mesturan o pop con estilos como o funk, r&b, hip-hop, dance… creando así un produto moi especial, contemporáneo e de extraordinaria calidade.

Bhangra Beats
O Bhangra é un ritmo-danza milenario orixinario do Punjab, territorio compartido entre India e Pakistán. Son ritmos de percusión para os que se utilizan distintos tipos de tambores e tamén instrumentos de corda que, usando moi poucas notas, crean ritmos absolutamente hipnóticos.
Chega a occidente e aquí mestúrase con soul, reggae, dance, funk, electrónica… creando unha música sempre cun fondo moi primitivo que é pura incitación ao baile.

ACTIVIDADES FEIRA 6 DE SETEMBRO 2014
De 10.00 a 15.00 h
No Barrio Alto do Casco Vello de Vigo

Horario Actividade Título Ubicación
Toda a mañá PRESENTACIÓN de colección de mobiliario Matina
10:30 h CURSO E DEGUSTACIÓN Xerminados e batidos verdes. Inscrición previa no 639 310 152 Horta de Abeleira
12:00 h CHARLA Xabóns artesanais fronte aos xabóns comerciais Sandra Aguilar Hojadelimón Carpas de Feira
12:30 h DEGUSTACIÓN DE PRODUTOS DE APEGA – Crema vegana de alloporro e améndoa
– Pizza de rúcula, tomate e queixo de cabra
Natalia Carrillo Carpas de Feira
13:00 h OBRADOIRO PARA FAMILIAS Fai o teu bloc de recetas Van Divulgación Cultural Carpas de Feira
18:30 a 21:30 h CONCERTOS música K-pop e Bhangra A tenda do Avó

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: