A XUNTA DE GALICIA INICIA HOXE EN MOS O OBRADOIRO DE EMPREGO REHABILITACIÓN DA CASA REITORAL DE PETELOS, ONDE 19 ALUMNOS E ALUMNAS RECIBIRÁN FORMACIÓN EN CANTERÍA E XARDINERÍA

??????????????????????????????? A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, participou hoxe na presentación deste programa mixto de formación e emprego no que a Consellería de Traballo e Benestar destina 170.000 euros
 Na área de influencia de Vigo desenvolveranse un total de sete obradoiros de emprego que contarán cun orzamento superior aos 1,2 millóns de euros para beneficiar a 141 persoas desempregadas
 Bravo Bosch destacou que o programa ofrece unha formación teórica e práctica para que as persoas desempregadas “aprendan traballando”

Mos, 09 de setembro de 2014.- A Consellería de Traballo e Benestar pon en marcha hoxe en Mos o obradoiro de emprego Rehabilitación da casa reitoral de Petelos, para o que destina un investimento de case 170.000 euros.

A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, participou esta mañá no acto de presentación xunto á alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde e concelleiro de Formación e Emprego, Óscar Soto, a xefa territorial de Traballo e Benestar, María Peón, e a directora do OOEE, Raquel Fernández Cobián.

Os obradoiros de emprego son programas mixtos de formación e emprego que están destinados a persoas desempregadas. Concretamente, no caso de Mos recibirán formación teórica e práctica un total de 19 alumnos e alumnas nas especialidades de cantería (10 persoas) e xardinería (9).

Coma explicou Bravo Bosch, esta iniciativa terá unha duración de seis meses e durante este tempo os alumnos e alumnas alternarán a formación co traballo ou a práctica profesional. Así, preténdese conseguir aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional para que as persoas desempregadas “aprendan traballando”.

Con todo, os 19 alumnos e alumnas recibirán formación en cantería e xardinería para levar a cabo a rehabilitación de estancias da casa reitoral de Petelos e a instalación e mantemento da súa zona verde. Ademais, executarán tamén a revalorización de espazos naturais no cemiterio municipal de Torroso, Campo da Feira de Puxeiros, multiusos municipal de As Pozas, parque San Eleuterio, parque de As Lagoas e San Rafael.

Formación e emprego para 141 persoas
Na área territorial de Vigo, a Xunta porá en marcha nos vindeiros días, ademais do de Mos, os obradoiros de O Porriño, con 19 alumnos e 170.000 euros para as especialidades de electromecánica de mantemento, animación sociocultural e limpeza de inmobles; Redondela, tamén para 19 alumnos e cun orzamento de 170.000 euros, nas especialidades de xardinería e deseño gráfico. Cangas, onde se investirán preto de 187.000 euros para formar e ofrecer un posto de traballo a 21 persoas desempregadas nas especialidades de atención sociosanitaria a persoas no domicilio e instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes.

De xeito mancomunado, comezarán os seguintes obradoiros que se levarán a cabo entre varios concellos:
– Mancomunidade de concellos do Val Miñor (Nigrán, Gondomar e Baiona), no que se investirán 205.000 euros para formar e ofrecer un posto de traballo a 23 persoas nas especialidades de cociña, camareiro de restaurante e bar, e limpeza de inmobles.
– Na comarca do Condado, concedeuse o obradoiro para os concellos de As Neves e Salvaterra do Miño, cun investimento de preto de 180.000 euros e no que participarán 20 alumnos na especialidade de traballos forestais.
– Aos concellos de A Lama, Pontecaldelas e Fornelos concedéuselle un obradoiro cun investimento tamén de preto dos 180.000 euros para 20 alumnos e alumnas.

Polo tanto, na área de influencia desenvolveranse un total de sete obradoiros de emprego que contarán cun orzamento superior aos 1,2 millóns de euros para beneficiar a 141 persoas desempregadas.

Deste xeito, a delegada rematou lembrando que estas iniciativas “abren un importante espazo de colaboración cos concellos” no marco da aposta da Xunta pola eficiencia e optimización de recursos, co obxectivo de “orientar adecuadamente os esforzos”. Ademais de estar están vinculados á realización de obras e servizos de interese para a comunidade.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: