Limpeza Xeral – Vigo

cisaude (2)Dende a CIG-Saúde denunciamos a caótica situación na que se atopa o hospital Xeral de Vigo, onde os recortes chegan a tal extremo que se está a desatender incluso a limpeza do centro. A Xerencia ten o compromiso de esixirlle á empresa encargada que cumpra o prego de condicións do contrato, que manteña o hospital limpo e que poña os materiais necesarios para garantir esa limpeza (papel secamans, papel hixiénico, etc.).
Ao mesmo tempo, debe de contar co persoal suficiente para garantir o servizo para o que foi contratada, cousa que non está a facer, e a pesar disto a Xerencia mira para outro lado. Non podemos consentir que o Xeral se atope neste estado de abandono coa escusa de que imos para Beade no verán de 2015. O centro non ten un mantemento mínimo, as instalacións están deterioradas, hai cortes eléctricos, o persoal non dispón de roupa para traballar, os vestiarios non están en condicións, hai roturas de paredes e teitos, falta mobiliario, e os traballadores/as quéixanse da falta de limpeza.
Todo isto tamén está a acontecer no Rebullón, outro gran esquecido. O centro cáese a cachos e algúns espazos son un perigo para os traballadores/as, comezando polos vestiarios, que non dispoñen do mínimo.
A esta dirección non lle importa en que condicións está a traballar o cadro de persoal, se ten ou non os medios suficientes e se se pode garantir unha calidade asistencial mínima a pacientes e usuarios/as.
Os recortes na Área Sanitaria de Vigo prexudican seriamente a saúde dos traballadores/as e dos usuarios/as

Asdo Mª Xosé Rodríguez Vilaseco.
Responsable sección sindical CHUVI.
CIG-SAUDE Vigo.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: