Noticias PP

O GRUPO POPULAR DEMANDA Á XUNTA QUE ELABORE UN CENSO DE LESIONADOS MODULARES PARA QUE O SEGUIMENTO DA SÚA DOENZA SE FAGA NO LUGAR MÁIS PRÓXIMO AO SEU DOMICILIO

 O portavoz Pedro Puy xunto co portavoz de Sanidade, Miguel Santalices, reuníronse no Parlamento con afectados

Santiago, 9 de setembro de 2014.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Miguel Santalices, demandou hoxe no Parlamento que a Xunta de Galicia elabore un censo de lesionados medulares na Comunidade galega, así como a súa localización xeográfica.

Neste sentido, afirmou que a posta en marcha do novo Hospital Público Álvaro Cunqueiro en Vigo suporá unha reorganización de toda a referencia sanitaria no sur de Galicia, polo que demandou do Goberno galego “valorar a posibilidade de realizar o seguimento de coidado a este tipo de pacientes no lugar máis próximo ao seu domicilio”.

Con anterioridade, e acompañado do portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, mantivo un encontro con representantes deste colectivo.

 O GRUPO POPULAR CONSIDERA “MOI CUESTIONABLE QUE REPRESENTANTES PÚBLICOS, CON CARGOS INSTITUCIONAIS, ENCABECEN ACTOS QUE INCUMPREN A LEI”

 O viceportavoz Román Rodríguez cualificou de “prudente, equilibrada e proporcionada a acción do delegado do Goberno” nas manifestacións convocadas en Galicia

  • Rodríguez criticou que desde o BNG “se chegue a cuestionar” o recollido na Constitución Española respecto da comunicación das manifestacións á autoridade
  • Concretou que en Galicia houbo durante 2013 máis de 3.800 manifestacións autorizadas, con mínimos incidentes.

 El Grupo Popular reclama celeridad en la reforma de los campos de fútbol de Samil, Traviesas y ETEA, para evitar perjuicios a los usuarios en plena temporada

  • El concejal del Partido Popular, Antonio Bernárdez, asegura que “una docena de clubes de fútbol tendrán que cambiar de ubicación para sus competiciones cuando se inicien las obras, que durarán un mínimo de tres meses”.

  • La gestión en instalaciones deportivas es nefasta. Tampoco se conoce cuándo se pondrá en servicio la piscina cubierta de la ETEA, pese a que existe un compromiso plenario para hacerlo”, afirma el edil del PP.

  • Bernárdez advierte de que se revisen con tiempo los pabellones municipales “para evitar el espectáculo bochornoso de que haya que suspender actividades en invierno por filtraciones o goteras”.

 O GRUPO POPULAR DESTACA QUE A NOVA LEI DE INCLUSIÓN SOCIAL FIXO COMPATIBLE A RISGA COA PERCEPCIÓN DE PRESTACIÓNS OU PENSIÓNS

 A portavoz de Asuntos Sociais, Marta Rodríguez, dixo que o Goberno galego duplicou a partida da RISGA para atender o incremento de solicitudes rexistrado nestes últimos anos

  • Para axilizar a tramitación das solicitudes tanto da Risga como das axudas de inclusión social, a Xunta tamén incrementou nun 5 por cento o persoal.

 O GRUPO POPULAR ASEGURA QUE O CANON QUE SE PAGA A SOGAMA EN GALICIA É UN 60% MÁIS BARATO QUE NOUTRAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS

 O deputado Francisco Santos acusa á oposición de pretender que SOGAMA incumpra a lei, xa que unha sociedade que entra en perdas dispón de tres meses para presentar o Plan de Viabilidade

  • Santos sinalou que as perdas en 2013 foron menores das previstas “debido ás medidas de mellora de xestión” que se incorporaron no Plan de Viabilidade
  • Afirmou que “toda a polémica creada en torno ao canon está creada por motivos políticos e carece de fundamentos sólidos”.
  •  O GRUPO POPULAR ACUSA AO BNG DE QUERER MODIFICAR AGORA A POSIBILIDADE DE DESIGNAR CONCELLEIROS NON ELECTOS CANDO ABUSARON DESTA NORMA EN RIBEIRA, VILALBA E PORRIÑO

     A portavoz de Administracións Públicas, Paula Prado, dixo que o artigo 182.2 da LOREX “se converte en perverso cando é utilizado polo PP para resolver a situación de inestabilidade de Santiago”

    • “A representación do PP en Santiago está liderada por unha persoa que figuraba na lista votada polos cidadáns, mentres que a representación do BNG nestes concellos está encabezada por persoas designadas a dedo pola dirección do partido”, apuntou.
    •  O GRUPO POPULAR ACUSA AO BNG DE “TRAER SEMPRE AO PARLAMENTO INICIATIVAS DE CONFRONTACIÓN” SOBRE O GALEGO

       O portavoz de Lingua, Agustín Baamonde, afirmou que “somos fieis e leais á maioría que nos respalda e que non entendería que aplicáramos as políticas lingüísticas que promulga o nacionalismo”

      • “Desde o Partido Popular preconizamos o equilibrio ao 50 por cento entre o galego e o castelán e recoñecemos unha realidade plurilingüe en Galicia”, sinalou.

     

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: