Archivo | septiembre 9, 2014

Afundación trae a Vigo e Pontevedra Cena con amigos, gañadora do Pulitzer no 2000

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) trae a Vigo e Pontevedra a produción teatral Cena con amigos, un texto de Donald Margulies merecedor do Premio Pulitzer no ano 2000 dirixido por Daniel Veronese. Na cidade do Lérez, a obra terá lugar no auditorio do Centro Social de Afundación, Augusto González Besada, 2, o vindeiro día 20 ás 20.30 h e na cidade olívica representarase no teatro do Centro Cultural da entidade, Policarpo Sanz, 13, ao día seguinte, 21 de setembro, á mesma hora.

As entradas están á venda nas canles habituais de comercialización de espectáculos de Afundación, a web de Servinova, www.servinova.com, e a billeteira telefónica 902 504 500, desde as 8.00 ata as 22.00 h.