MEDIO AMBIENTE INICIA AS OBRAS DE MELLORA DO FIRME DA ESTRADA PONTEAREAS-MONDARIZ (PO-254), AO SEU PASO POR MONDARIZ-BALNEARIO

clip_image002

A continuación, as obras executaranse nas estradas Ponte Caldelas-Soutomaior (PO-244), Salvaterra-Filgueira (PO-400) e Guillarei-Salvaterra (PO-404)
 Os traballos consistirán na reparación do firme, con solucións adaptadas ás necesidades de cada punto e na reposición de marcas viais
 Estes proxectos supoñen un bo exemplo da prioridade estratéxica da Xunta en materia de conservación e de mellora das infraestruturas, que incide na mellora da seguridade viaria

Santiago, 10 de setembro de 2014.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de iniciar as obras de mellora e rehabilitación de firme na estrada PO-254, Ponteareas-Mondariz, ao seu paso polo Concello de Mondariz-Balneario. Trátase dunha actuación que se engloba nun contrato polo que se mellorarán outros tres vías da provincia de Pontevedra: Ponte Caldelas-Soutomaior (PO-244), Salvaterra-Filgueira (PO-400) e Guillarei-Salvaterra (PO-404). Estes traballos proseguirán por estas vías.

As obras consistirán ben na reparación do firme existente, a través do fresado e reposición da capa de rodadura de treitos localizados, ou ben na extensión de microaglomerados para o selado de grietas ou coa finalidade de mellorar as características superficiais do firme, nos treitos nos que resulte necesario. Estas actuacións complementaranse coa reposición de marcas viarias e de elementos de balizamento. Tamén, de ser necesario, levarase a cabo a limpeza e reperfilado das cunetas existentes.

Unha vez revisadas as estradas obxecto das obras en toda a súa lonxitude, nos proxectos recóllense actuacións localizadas nos seguintes treitos:

Licitación Estrada Tramo lonxitude concellos Poboación beneficiada Orz Licitación
RF localizado nas estradas PO-244, PO-254, PO-400 e PO-404
PO-244 2+280- 11+490 9,2 km Tui, Salvaterra de Miño, As Neves, Arbo, Crecente, Mondariz, Ponteareas, Soutomaior e Ponte Caldelas

Os traballos rematarán coa reposición das marcas viarias e da sinalización vertical. No seguinte mapa sinálanse os puntos nos que se actuará:

Conservación e seguridade viaria
Unhas das prioridades da Consellería de Medio Ambiente é a conservación das estradas das que é titular. Nese sentido, a Consellería ten previsto mobilizar arredor de 306 millóns de euros en obras e contratos de servizo. A maior parte deste investimento diríxese a contratos de obra para actuacións de conservación e seguridade viaria, ás que se destinará preto de 190 millóns de euros, un 62% do total dos contratos de obra que se realizarán en 2014.

Estas actuacións inclúen obras de reforzo de firme extraordinarias, así como a conservación de noiros que a Xunta puxo en marcha ao longo deste ano.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: