PP noticias
APROBADO POR UNANIMIDADE O DITAME DA REFORMA DA LEI DE PROTECCIÓN DE ANIMAIS, QUE SERÁ DEBATIDO EN PLENO PARA O SEU VISTO BO DEFINITIVO
O portavoz de Conservación da Natureza, Santiago Freire, manifestou “a necesidade de seguir avanzando no traballo para conseguir a erradicación destas prácticas” contra os animais domésticos
- A modificación suporá un incremento das sancións e que a Xunta dedique parte dos recursos xerados polas multas para aumentar a concienciación social e as campañas de sensibilización.
- El PP censura que el gobierno municipal pretenda actuar sobre dominios de la concesionaria del parking de la Plaza del Rey mientras mantiene abandonada la Plaza de la Calle Coruña.
- El concejal del PP, Antonio Bernárdez, censura la intención del gobierno de incluir las bocas de acceso al aparcamiento en un contrato menor de obras de adecentamiento de la Plaza del Rey.
- “Resulta completamente incongruente que se pretenda llevar a cabo esta actuación mientras se dilata indefinidamente en el tiempo la reparación de la Plaza sobre el aparcamiento de la calle Coruña.
- El edil del Partido Popular también ha criticado que trabajadores de jardines hayan realizado actuaciones sobre la zona verde anexa a la plaza del Rey cuando el alcalde había asegurado que sería la concesionaria del parking la responsable de acometer en ese lugar las obras de una nueva zona verde.
O GRUPO POPULAR APOIA A APROBACIÓN POR UNANIMIDADE DUNHA PROPOSICIÓN PARA QUE A XUNTA REFORCE OS MEDIOS MATERIAIS E HUMANOS DOS PROCESOS DE CONCENTRACIÓN PARCELARIA
A portavoz de Medio Rural, Isabel García Pacín, recordou que “na actualidade os recursos son limitados e a Xunta está priorizando aqueles procesos que considera máis necesarios”
- García Pacín manifestou a “necesidade dunha norma máis áxil, efectiva e axeitada á realidade”.
O GRUPO POPULAR CRITICA QUE BESTEIRO ASOCIE MÁIS CARTOS CON MELLOR MODELO EDUCATIVO, CANDO OS PRINCIPAIS ORGANISMOS DIN QUE ESTA É UNHA ASOCIACIÓN SIMPLISTA
Román Rodríguez, satisfeito pola visita do secretario xeral do PSdeG ao IES Milladoiro, que “foi inaugurado o pasado ano polo Presidente Feijóo e que os socialistas foron incapaces de facer en época de bonanza”
- O portavoz de Educación demandou “prudencia” ao secretario xeral socialista e “un cambio de asesores en educación, porque senón vai ser difícil que a sociedade galega o tome en serio”
- Destacou o “gran esforzo por mellorar o ensino que está facendo o Goberno galego” e avanzou que Galicia seguirá “avanzando coa implementación progresiva da LOMCE”.
MEDIO AMBIENTE RESTABLECE A CIRCULACIÓN NO CORREDOR DO MORRAZO, AO REMATAR AS OBRAS DE ESTABILIZACIÓN DOS NOIROS POR 1,2 MILLÓNS DE EUROS
No mes de marzo rexistráronse no Corredor do Morrazo uns desprendementos no ramal de acceso a Cangas (punto quilométrico 11+700) e no tronco desta infraestrutura á altura do p.q. 12+700
A principios de setembro o Consello da Xunta aprobaba unha partida de máis de 380.000 euros para ampliar a actuación, tal e como recomendaban os estudos xeotécnicos realizados durante a execución das obras
A Axencia Galega de Infraestruturas está a realizar unha tarefa de conservación no viaduto situado no PK 0+140 na vía para automóbiles, no Alto da Portela-Menduíña (VG-4.6), que rematará a vindeira semana
Santiago, 12 de setembro de 2014.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas restablece a circulación no Corredor do Morrazo ao rematar as obras de estabilización dos noiros e que implicaron un investimento de 1,2 millóns de euros.
En marzo deste ano rexistrouse no Corredor do Morrazo uns desprendementos no ramal de acceso a Cangas (punto quilométrico 11+700) e no tronco desta infraestrutura á altura do p.q. 12+700.
As obras, que tamén foron declaradas de emerxencia polo Consello da Xunta, comezaron o 27 de marzo e consistiron na escavación de terreo, desmontaxe do muro actual e a construción dun novo muro de bloques de pedra granítica ata unha altura de 4,5 m, aproveitando a pedra útil existente e achegando a necesaria. Os traballos executados no p.q. 11+700 remataron o pasado día 4 de xullo, eliminándose así a principal afección ao tráfico, e as do p.q. 12+700, que foron obxecto de ampliación, continuaron ata hoxe, data na que se restableceu o tráfico.
No primeiro Consello da Xunta, tras as vacacións estivais, aprobouse unha partida de 383.000 euros para completar as obras de reforzo de firme, dado que os estudos xeotécnicos realizados durante a execución das obras recomendaron ampliar a actuación; ao tempo que se aprobaba o decreto polo que se declaraba a utilidade pública e se dispón a necesidade de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras.
Os labores inicialmente previstos eran de saneamento das terras que escorregaron e de sostemento dos noiros. Porén, os traballos de seguimento xeotécnico realizado durante a execución das obras amosaron que existían zonas que presentaban fracturación, polo que se podían producir novos desprendementos en condicións de chuvia. Ante esta situación foi necesario realizar actuacións que minimizasen ese risco.
Así, as cifras finais da actuación levada a cabo no noiro do p.q. 12+700 ascenden a unha escavación de case 50.000 m3 de terreo, un gunitado con mallazo de reforzo nunha superficie de máis de 3.500 m2, a execución de 380 metros de tubaxes drenadas soterradas e á colocación de máis de 3.300 metros de ancoraxes de cable de aceiro no terreo.
Reparación do viaduto no Alto da Portela-Menduíña
A Axencia Galega de Infraestruturas tamén está a realizar unha tarefa de conservación no viaduto no Alto da Portela-Menduíña (VG-4.6), que segundo as previsións da AXI rematará a vindeira semana.
Para a execución destes traballos de conservación é necesario realizar un corte desde o seu punto inicial (no enlace co corredor CG-4.1) ata o punto quilométrico 1+500, cara ao polígono industrial de Castiñeiras.
O tráfico desvíase pola estrada Marín-Rande (PO-551) e pola estrada provincial existente entre a PO-551 e o polígono industrial, que discorre practicamente en paralelo á vía para vehículos, polo que o desvío apenas incrementa a lonxitude do itinerario a realizar polos condutores.
Concello do Porriño
EL TEATRO AFICIONADO PROTAGONISTA DEL FIN DE SEMANA EN PORRIÑO
La llegada a nuestro municipio del Circuito de Teatro Amador, ofrece a todos los vecinos a posibilidad de disfrutar gratuitamente de las propuestas escénicas de cuatro compañías de teatro aficionado, entre las que se encuentra la agrupación local Atrezo Teatro
El sábado a las 20:30 h en el Centro Cultural Municipal, Max Teatro representará su comedia de enredos matrimoniales «Vaya Tropa», y el domingo 14 de Septiembre, la compañía local Atrezo Teatro pondrá el broche final con «Contos pendurados do arco da vella».
EL VELÓDROMO MUNICIPAL ACOGE MAÑANA EL XI DIRT TRACK XACOB AGRA
Como cada año, el Motoclub Papaya, en colaboración con el Concello de Porriño, organiza esta carrera nocturna donde podremos ver competir a 21 pilotos de primer nivel.
EL TIRO OLÍMPICO LLEGA A PORRIÑO ESTE DOMINGO CON EL XIII TROFEO FESTAS DO CRISTO
Será el próximo domingo 14 de Septiembre a las 10:00 horas en el el campo de tiro “Rosa Porriño” de Atios
Todos aquellos que quieran participar deberán inscribirse el mismo día del Torneo, antes de las 17:00 h, momento en el cual se procederá al cierre de la inscripción.
LA ESCUELA MUNICIPAL DE MÚSICA ABRE SU PLAZO DE MATRÍCULA EL PRÓXIMO MARTES
El proceso se llevará a cabo de manera gradual en las dependencias de la Escuela Municipal de Música, de 16:00 a 20:00 horas
El próximo miércoles 1 de Octubre, darán comienzo oficialmente las clases en las diferentes especialidades.
RUBÉN PINTOS PRESENTÓ EN PORRIÑO SU PRIMER LIBRO, “EL NIÑO DE LOS COLORES”
El acto de presentación tuvo lugar el pasado martes en el Centro Cultural Municipal
A través de las aventuras y experiencias de Marc, niño de doce años con una peculiar manera de percibir los colores, y por ende la realidad que lo rodea, el autor pretende remover conciencias evocando sensaciones y recuerdos que todos albergamos pero, que en nuestro camino hacia la madurez, vamos dejamos atrás
PRESENTACIÓN-CONCERTO D’AS MAIMIÑAS EN MOS
Presentación-concerto de ‘Unha viaxe polo mundo’, primeiro traballo discográfico de música infantil d’As Maimiñas
O sábado ás 20 horas no Multiusos das Pozas (Petelos-Mos)
Este sábado, ás 20 horas, no Multiusos das Pozas (Petelos-Mos), As Maimiñas presentarán oficialmente, cun concerto, o seu novo traballo, publicado na colección Sonárbore da Editorial Galaxia e titulado ‘Unha viaxe polo mundo’.
As Maimiñas son Lucía Lago Fernández e Irene Álvarez Lago, ou o que é o mesmo, Mai e Miña.
Son dúas mosenses que un día, para celebrar a Semana da Familia nos coles dos seus fillos, decidiron actuar para eles. Foi entón cando decidiron facer o que querían que visen os seus nenos: un espectáculo de música e contos nos que eles puideran participar activamente.
Así, no mes de abril de 2011 naceron As Maimiñas.
Dende entón, e case sen decatarse, algo que comezou como un xogo, converteuse en parte da súa vida profesional. As súas aventuras téñenas levado ata o de agora por auditorios, asociacións e moitos coles de toda Galicia.
‘Unha Viaxe polo mundo’ é o seu primeiro traballo publicado e con el ven cumprido un dos seus soños. Este sábado presentarase oficialmente en Mos, a súa terra de orixe, acompañadas polo editor Francisco Castro. A entrada é de balde ata completar aforo.
Rastro Portovello 13 de setembro – Vigo
Mañán Sábado 13 de Setembro, terá lugar a habitual edición do Rastro Portovello nas rúas do Casco Vello de Vigo en horario de 11.00h a 21.00h.
Dúas actividades para rapaces nas Bibliotecas Municipais de Redondela


GALICIA REDUCIU O SEU ENDEBEDAMENTO NO SEGUNDO TRIMESTRE EN 200 MILLÓNS E A RATIO DE DÉBEDA XA É 4,4 PUNTOS MENOR Á MEDIA
A Comunidade galega sitúase entre as autonomías con menor ratio de débeda, un 17,9% fronte ao 22,3% de media
- Tendo en conta a ratio global de débeda que inclúe empresas públicas, Galicia ten un endebedamento case 5 puntos menor ao conxunto de autonomías
- O diferencial positivo de Galicia co resto de comunidades duplicouse no último ano
- O endebedamento das empresas públicas en Galicia reduciuse á terceira parte respecto ao mesmo trimestre de 2013
- O Goberno galego mantén unha política de control do déficit público e foi unha das comunidades que menos incrementou a súa débeda entre 2009 e 2013.
Últimos días para facerse cos abonos de música clásica de Afundación
Últimos días para facerse cos abonos da nova tempada de música clásica da Fundación Galicia Obra Social (Afundación) que remata o vindeiro o 23 de setembro. Aqueles que desexen facerse con estes abonos poden facelo mediante as canles habituais de comercialización de espectáculos da entidade, a web de Servinova, www.servinova.com, e a billeteira telefónica 902 504 500. Os que desexen adquirir as entradas soltas poderán facelo polo mesmo sistema a partir do 30 de setembro. Ademais do aforro que supón o abono, un 20 % a respecto dos prezos dos billetes soltos, a fundación galega ten en marcha unha política de bonificacións e descontos para desempregados, xubilados e mozos que supón unha rebaixa adicional dun 10 % no prezo dos abonos. Todas as funcións terán lugar no teatro do Centro Cultural da entidade en Vigo, localizado na rúa Policarpo Sanz, 13.
MARCO: convocatoria talleres EIDOS DA IMAXE
CONVOCATORIA OBRADOIROS
‘Imaxe científica: representación e abstracción’
30 de setembro, 1 e 2 de outubro
‘Imaxes da arte, imaxes do coñecemento’
7, 8 e 10 de outubro
Actividades paralelas da exposición
‘EIDOS DA IMAXE. Grafías dos feitos e do pensamento’
Durante a derradeira semana de setembro e primeira de outubro, terán lugar no MARCO dous encontros concibidos como actividades paralelas da exposición ‘EIDOS DA IMAXE. Grafías dos feitos e do pensamento’, que se clausurará o 12 de outubro nas salas do 1º andar.
Exposición ‘EIDOS DA IMAXE. Grafías dos feitos e do pensamento’
Datas 6 xuño – 12 outubro 2014
Lugar Salas de exposición do 1º andar
Comisario Alberto Ruiz de Samaniego
Coordinador José Manuel Mouriño
Prodcción MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Proxecto Baliza, Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Universidade de Vigo