Archive | septiembre 16, 2014

La colección PHotoBolsillo descubre la obra del fotoperiodista Ragel

image004  El libro recoge 63 imágenes en blanco y negro realizadas entre 1913 y 1945 que van evolucionando desde el costumbrismo más clásico a un tono más humanista

Nacido en Jerez de la Frontera en 1893 Ragel recogió el testigo de su padre e hizo de la fotografía su medio de vida, especializándose en reportaje deportivo y colaborando con importantes revistas de la época

En el prólogo del volumen la especialista María Santoyo descubre su apasionante biografía, con hitos como su implicación en el caso del oro de Moscú

XUNTA E CONCELLO DE MOAÑA COLABORAN PARA COMPLETAR A SENDA PEONIL ENTRE O CON E A ILLA DE SAMERTOLAMEU, QUE ACADARÁ UNHA LONXITUDE DE TRES QUILÓMETROS

clip_image002As consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e de Medio Rural e do Mar e o Concello de Moaña asinaron un convenio de colaboración polo que se construirá un paseo litoral ata a zona da Seara, cun investimento de 450.000 euros
 Ethel Vázquez destacou que esta actuación é un exemplo de convivencia en harmonía entre os vehículos e os peóns, que, ao mesmo tempo, permitirá retirar o tráfico peonil e ciclista da estrada Marín- Rande (PO-551)
 O proxecto integrarase na paisaxe, ao instalar unha estrutura de madeira que voará sobre a lámina de auga nun treito duns 30 metros
 Coa actuación asinada hoxe, sumada aos aparcadoiros disuasorios de Domaio e Broullón e ao proxecto para implantar o Plan de Transporte Metropolitano na área de Vigo, o concello de Moaña converterase nun municipio exemplo en mobilidade sustentable

Moaña (Pontevedra), 16 de setembro de 2014.- A Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Portos de Galicia, dependente da Consellería de Medio Rural e do Mar, e o Concello e Moaña asinaron un convenio de colaboración que permitirá completar o paseo marítimo de Moaña, dende O Con ata a Illa de Samertolameu. O convenio asinado hoxe, cun importe de máis de 450.000 euros, permitirá rematar o treito de Seara, polo que o paseo peonil terá unha lonxitude de tres quilómetros.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, destacou a mellor das disposicións das administracións para que unha demanda, unha necesidade que teñen os veciños, poida ser atendida e mellorar así a calidade de vida dos cidadáns. Sobre todo tendo en conta que é unha infraestrutura moi esperada, que permite retirar os tráficos tanto peonís como ciclistas da estrada PO-551, que se atopa saturada. “Será un exemplo de convivencia en harmonía entre vehículos e peóns”, sinalou a conselleira.

Moaña, exemplo de mobilidade sustentable
A conselleira de Medio Ambiente destacou que o Concello de Moaña será un exemplo de mobilidade sustentable para o resto de municipios de Galicia, xa que – ademais da actuación asinada hoxe- os aparcadoiros disuasorios de Domaio e Broullón, tamén contribuirán nesta liña de mobilidade sustentable. Lembrou que as obras destas instalacións xa foron adxudicadas e comezarán no mes de outubro. O investimento deste proxecto ascende a 400.000 euros.

Tal e como afirmou Ethel Vázquez, “si se fala de mobilidade sustentable hai que facer referencia ao plan de transporte metropolitano”. Esta iniciativa xa está en marcha noutros puntos de Galicia e Xunta quere trasladalo á comarca de Vigo, para que os cidadáns do Morrazo tamén se poderán beneficiar de tarifas bonificadas e transbordos gratuítos e de melloras infraestruturas.

Recordou que para a posta en marcha é imprescindible a colaboración entre as administracións que fará posible que os veciños de Moaña, Cangas, Redondela, Mos, O Porriño, Salceda de Caselas, Gondomar, Baiona, Nigrán e Vigo, é dicir, preto de medio millón de habitantes, participen tamén do Plan de Transporte Metropolitano de Vigo.

Aclarou que na actualidade, a Xunta está a ultimar o borrador do convenio para poder asinalo cos distintos concellos e poñelo en marcha para beneficio de todos os veciños da área metropolitana.

Accións que se van realizar
As previsións da Axencia Galega de Infraestruturas, entidade que ten a responsabilidade de executar as obras, é iniciar os traballos na próxima primavera e que o resultado represente unha boa mostra de como este tipo de infraestruturas se deben integrar na paisaxe, unha premisa “de obrigado cumprimento nos proxectos do Goberno galego”, aclarou a conselleira. Como mostra, explicou que este paseo marítimo, que contará cunha pasarela de madeira de preto de 30 metros sobre a lámina de auga.

Pola súa banda, a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, destacou que e a unión entre a vontade dos cidadáns, da Xunta de Galicia e do Concello a que fai posible esta actuación, de gran interese para Moaña. Nese sentido, sinalou que a continuación do paseo supón “unir os portos á cidadanía, mellorar as condicións de acceso ao lugar de traballo das mariscadoras e ofrecer a todos unha mellor vista do litoral de Moaña”

O treito no que se vai a actuar en Moaña é de 310 metros e discorre entre o aparcamento próximo á Casa do Mar, ao que bordeará, e o actual paseo marítimo, co que entroncará á altura do edificio de Salitre antes do cruzamento co río da Fraga. O actual paseo marítimo, de máis de tres quilómetros, entre O Con e a illa de San Bartolomeu, atópase interrompido nun pequeno tramo na zona da Seara, no que as edificacións e peches existentes dificultan o acceso ao bordo litoral, que presenta un importante estado de abandono. A zona de actuación é un área moi urbanizada e con gran afluencia de visitantes, na que conviven a actividade pesqueira e os usos lúdicos.

A solución que se vai adoptar atópase condicionada polo carácter urbano do treito, así coma polas edificacións existentes, como muros, ramplas e escaleiras de acceso ao litoral para peóns e embarcacións. Así, a actuación basearase na construción dun paseo para uso peonil e ciclista, con zonas diferenciadas, conformada por lastra de granito na zona reservada á circulación peonil e acabamento en formigón no carril-bici.

Non obstante, nalgún subtreito resulta necesario proxectar unha estrutura de madeira que voará sobre a lámina de auga, para evitar afeccións as vivendas situadas a moi reducida distancia do bordo litoral. Ademais, será necesario modificar muros e ramplas para adaptalas á cota do novo paseo. A actuación complementarase coa adecuación do espazo público mediante sementado de céspede e plantación de árbores, dotación de mobiliario urbano e iluminación.

Pola súa banda, o Concello de Moaña elaborará e aprobará o documento técnico necesario para a definición das obras, porá a disposición da AXI os terreos necesarios libre de cargas e gravames e asumirá, unha vez realizadas as obras, a explotación, mantemento e conservación das obras acometidas e dos seus servizos.

AJE VIGO SE INTEGRA OFICIALMENTE EN AJE GALICIA EN UN ACTO HOY EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

 

La incorporación de AJE VIGO en AJE GALICIA fortalece la colaboración entre los jóvenes empresarios gallegos

La firma del acuerdo, en la que han participado todos los presidentes de las AJEs gallegas, ha tenido lugar hoy en el Club Financiero de Santiago de CompostelaLa Federación gallega reúne, ahora, a más de 800 empresarios y emprendedores

Vigo, 16 de septiembre de 2014.- La presidenta de AJE Galicia, Carmen López Rodríguez, así como los presidentes de todas las asociaciones empresariales que la integran, han suscrito hoy, durante un encuentro celebrado en el Club Financiero de Santiago, un acuerdo que ratifica la integración de AJE Vigo en AJE Galicia. Con esta incorporación, forman parte de esta organización gallega seis colectivos de jóvenes empresarios (AJE A Coruña, AJE Ferrolterra, AJE Lugo, AJE Pontevedra, CJE Ourense y AJE Vigo). AJE Galicia cuenta, en la actualidad, con más de 800 empresarios y emprendedores gallegos.

MERCAR EN VIGOVELLO TEN PREMIO!!

Cartel_Comercio (1)

 Continuando coas actividades de promoción e dinamización que vimos desenvolvendo no noso barrio, presentámosvos nesta ocasión a Campaña de Comercio “MERCAR EN VIGOVELLO TEN PREMIO!!”, actividade coa que pretendemos animar ós consumidores a achegarse a comprar nos comercios do noso barrio.

Por cada compra realizada entre o 15 e 30 de setembro recibirán unha rifa que cubrirán cos datos persoais e entrarán no sorteo dos premios que detallamos:

    -Cheques compra por valor de 500€ (para gastar nos comercios asociados e aportados polos comerciantes) así coma ceas e consumicións aportadas polos locais hosteleiros de Vigovello.

Os comercios participantes da Campaña distinguiranse por  ter o cartel visible no seu escaparate.

Abertas inscrições para a Piscina,Valença Oferece 12 Atividades Diferentes

valencamunicipiologoA Escola de Natação da Piscina Municipal de Valença tem abertas as inscrições para a nova temporada desportiva 2014/15, esta semana, entre as 8h e as 20h30.
Este é o complexo desportivo da região com maior utilização e diversidade de oferta de serviços com 12 atividades diferentes para os seus utentes. Aulas monitorizadas de Hidroginástica, Hidrosénior, Hidropower, Hidrocombat, Atividade Aquáticas Adaptadas, Hidrobike Express, Aulas de Natação, em variados níveis, Iniciação à Natação, Aprendizagem, Manutenção, banhos livres, sauna e ténis são o reflexo da variada oferta, com uma dimensão que não encontra paralelo na região. Este ano, pela primeira vez, a piscina vai proporcionar, também, natação bebes.
A Piscina Municipal de Valença tem, ainda, uma vertente social muito ativa, disponibilizando o espaço para os infantários escolas, populações especiais, seniores, e várias coletividades de carácter desportivo e social do concelho.
A Piscina Municipal de Valença é o principal equipamento público da Eurocidade servindo uma população direta de 35 mil habitantes. Com excelentes taxas de utilização que na temporada desportiva 2013 / 2014 atingiu o valor de 112 mil entradas de utentes. Uma verdadeira piscina transfronteiriça e símbolo da eurocidade com uma utilização a rondar os 50% de portugueses e 50% de espanhóis.
A Piscina Municipal pretende ser um estimulo à prática desportiva junto da comunidade, fundamental para a melhoria da qualidade de vida e saúde das pessoas. As atividades hidro proporcionam bem estar físico e mental, no dia a dia de cada um, com claros benefícios na tonificação muscular, na melhoria do aparelho cardiovascular, respiratório, na mobilidade, destreza, noção de lateralidade e na postura corporal.
A Piscina permite potenciar hábitos de vida saudáveis, com prática desportiva regular, potencia a segurança das crianças e adultos no meio aquático ensinando a nadar e traz grandes benefícios para a saúde dos utentes, nomeadamente para os que a procuram para fins terapêuticos, recomendados pelos médicos.

Esta semana en La Fábrica: The New Raemon, Deers +When Nalda Became Punk, Eratu + Die Fritzels y Funky Monkeys + Crazy Little Freak

 

DEERS + WHEN NALDA BECAME PUNK

Fiesta presentación de Zentolo Eventos.

6 € en taquilla

Jueves 18 de septiembre, 22:00 h.

 

 

Deers son jóvenes, guapas y se atreven con el menos es más; folk pop con lo puesto, como si fueran leñadoras con camisas de cuadros en un bosque de los Apalaches, pero sin barba, claro. De momento tienen colgado en su Bandcamp un buen puñado de temas, entre ellos una versión acústica de “Holograma” de Los Nastys.

Ana Perrote y Carlotta Cosials comenzaron hace cerca de tres años como Stolen Girlfriends Club, haciendo versiones de The xx, Velvet Underground (vía Babyshambles) y hasta Los Nastys. Poco después terminaron adoptando el nombre de Deers para presentar sus propias canciones, aproximaciones acústicas, lo-fi pero muy animosas, a los patrones clásicos del rock, como si escucharas a tus jóvenes vecinitas tocar a las tantas de la mañana para cerrar un fiestorro.

Hace algunos meses el dúo presentó su primera demo compuesta por dos temas, ‘Bamboo’ y ‘Trippy Gum’, piezas sencillas pero que irradian desparpajo y encanto. No en vano, han logrado captar atención de la prensa internacional, con destacadas reseñas en My Old Kentucky Blog, NME yThe Line Of Best Fit. Ahora han reforzado el proyecto con Ade Martín y Ámber Grimbergen, bajo y batería.

When Nalda Became Punk

When Nalda became punk empezó como el proyecto en solitario de Elena Sestelo (Vigo). En 2006 juntó algunas canciones y publicó “Tiny noises make tiny music”, su primera maqueta, aunque por aquel entonces el nombre del proyecto era simplemente Nalda.

Tras una larga pausa, durante el verano de 2010, volvió a grabar nuevas canciones publicando su segunda maqueta “Time to meet your family”, esta vez ya bajo el nombre de When Nalda became punk. Además publicó también un single digital gratuito en Bubbletone Records en noviembre de ese mismo año, todavía disponible en la web del sello.

Más tarde, ya en 2011 se unió al grupo Roberto Cibeira y empezaron a grabar su primer single en vinilo de 7” para el sello británico Pebble Records, publicado en el mes de agosto, incluyendo la canción que da nombre al grupo, “When Nalda became punk”, y como cara b “DIY”. Durante el año 2012 WNBP hizo conciertos por toda Galicia y también actuó en el festival de indie pop Madrid Popfest 2012.

El 5 de febrero de 2013 When Nalda became punk publicó su disco de debut, titulado “A farewell to youth” en el sello norteamericano Shelflife Records. El disco fue grabado y producido por Iván Juniper y Eva Guilala en Kaiju Estudio, en Vigo, y producido y mezclado en Londres por Ian Catt, productor de the Field Mice, Saint Etienne, Nosoträsh, Dylan Mondegreen o the Proctors, entre otros grupos. A farewell to youth reúne diez canciones de puro indie pop que no pierden el espíritu lo-fi de sus inicios.

En el año 2013 se unió a la banda Antonio Llarena, completando la formación actual. Entre los conciertos de presentación del disco destaca la actuación en el Indietracks Festival 2013 que se celebró en julio en Ripley (Reino Unido).

A principios de 2014 publican “Indiepop or whatever!”, un EP en vinilo de 7” con cuatro canciones, de nuevo para el sello norteamericano Shelflife Records. Este EP ha sido grabado, producido y mezclado en Vigo por Bruno Murmura.

 

 

ERATU + DIE FRITZELS

Taquilla: 5 €

 

Viernes 19 de septiembre, 22.00 h.

 

A finales de 2010, Aitor Agirre (batería), Joseba Luzuriaga (bajo y coros) y Unai Olalde (guitarra y voz) crearon la banda Eratu. Estos músicos de Ondarroa, Agurain y Gasteiz habían pilotado anteriormente bandas tales como Laia, Xasta, Sortuz, Tubokaspi…, y en este power-trío han encontrado la oportunidad para trabajar todos aquellos estilos que aman y sacar a la palestra los temas que les preocupan.

Eratu –tal y como su nombre define- es una banda trabajadora, que quiere construir, y ha vivido una gran evolución desde que en 2011 publicarán el trabajo ‘Eratu’. ‘Ispilu iluna’ ha sido grabado en el estudio Hi-Gain de Usurbil con Haritz Harreguy a los mandos. El resultado está muy cuidado y reafirma el trabajo hecho con anterioridad por el trío para dar acabado a las canciones.

Eratu tiene mucho de metal, de rock y de pop o de cuidadas melodías; de hecho, podemos situar varias de sus canciones en las radios de este mundo anormal o en contextos de estilos más extremos. Casi todas las canciones concentran un amalgama de estilos y sonidos. Las bases metaleras son habituales –desde el thrash de vieja escuela hasta el metal más pesado- y suponen parte importante del tronco que sujeta las canciones, pero el hard-rock, heavy más clásico, hardcore melódico, punk-rock, así como el pop también los tienen tatuados en su ADN, espejo de los tiempos que vivimos y de la mentalidad abierta de los miembros.

Die Fritzels

Nace en 2010 como un proyecto sin una meta demasiado concreta, heredero de la tradición y estética underground de los primeros años de la década de los 90.

Tras unos meses de asueto y ensayos, graban su primer Ep, BASEMENT, y comienzan una caótica gira de presentación que les llevará a compartir cartel con bandas como Europe, Boikot, Habeas Corpus.

Una de las características principales que definen a DIE FRITZELS es su formación en continua mutación, que ha variado hasta en 5 ocasiones y por la que han pasado una decena de miembros. Ningún concierto es igual al anterior, dado que su primera regla es que no hay reglas.

 

FUNKY MONKEYS + Crazy Little Freak

Taquilla: 4 €

Sábado 20 de septiembre, 22.00 h.

 

 

Banda de funk- rock formada en 2011 que propone versiones de temas populares con tintes de humor.

 

 

THE NEW RAEMON

Anticipada: 9 € en Elepé y Ticketea

 

Domingo 21 de septimbre, 22.00 h.

 

 

Han pasado dos años desde “Tinieblas por Fin”. Dos años que Ramón Rodríguez, quien pone rostro y corazón a The New Raemon, invirtió en presentar “Tinieblas” solo y con amigos (Maga), guionizar un cómic, levantar proyectos paralelos (Convergència i Unió junto a María Rodés y Martí Sales), escribir la banda sonora de la obra de teatro La Pols del dramaturgo Llàtzer Garcia y su Cia. Arcàdia e incluso en rescatar a su grupo de siempre, Madee, por el décimo aniversario de su mejor disco, “Orion’s Belt”, y publicar junto a ellos el Ep “Age of Ruin”.

Anunció una despedida “indefinida” de los directos, pero ha vuelto un año más tarde, cargado de todas esa ideas que ha ido acumulando en este breve período de ausencia: The New Raemon anuncia una gira en solitario para el mes de septiembre que lo llevará por casi todas las ciudades de la península, conciertos que servirán para poner en caliente las canciones de un nuevo disco, previsto para inicios de 2015, con el título provisional de “Oh, Rompehielos”.

Este disco también supondrá la vuelta a la que fue su casa: Bcore, que apuesta fuerte por The New Raemon y reeditará su aclamado debut, “A propósito de Garfunkel”, todo un clásico de su repertorio y del pop nacional. Esta reedición en vinilo incluye un CD titulado “Bocetos para Garfunkel” con 9 temas con las primeras maquetas que se hicieron como trabajo previo a la grabación del álbum, alguna de ellas inédita.

Concello de Vigo


O alcalde avanza que en dous anos e medio estará rematada a remodelación de Balaídos

En dous anos e medio poderá estar rematada a remodelación de Balaídos, unhas obras que ascenden a preto de 30 millóns de euros, segundo explicou esta mañá o rexedor logo de manter un encontro con Rafael Louzán para concretar a aportación da administración provincial ao proxecto. Caballero amosou a súa “satisfacción” porque “xa hai recursos suficientes para acometer uns traballos pendentes na cidade desde hai 30 anos”.

 


O mural de Lugrís nun edificio de Príncipe arranca en Vigo a “ruta das medianeiras ilustradas”

O rexedor achegouse esta mañá á rúa Príncipe para comprobar o resultado do traballo de pintura de Urbano Lugrís sobre nunha lona que cubre unha medianeira dun edificio preto da Porta do Sol. Trátase, dixo o rexedor, do primeiro de moitos traballos similares que se van facer en toda a cidade.

 


O alcalde participa na inauguración do II Simposio Científico Internacional para a Innovación da Industria Marina e Alimentaria

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou esta mañá na xornada inaugural deste simposio que reunirá en Vigo durante os próximos dous dias a empresas, asociacións empresariais, investigadores e asociacións de consumidores para falar dos desafíos acutais en materia de innovación alimentaria para o fomento dunha alimentación saudable.

MEDIO AMBIENTE REMATOU AS OBRAS DE URXENCIA DE ABASTECEMENTO NA PARROQUIA DE VILAR, NO CONCELLO DE CRECENTE

 Nestes días, os técnicos están a comprobar que a instalación funciona correctamente, antes de entregalas ao concello
 A realización destas actuacións hidráulicas mellorarán a calidade de vida dos habitantes da parroquia de Vilar

Santiago, 15 de setembro de 2014.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de rematar as obras de abastecemento na parroquia de Vilar, no Concello de Crecente. Augas de Galicia levou a cabo estas obras de urxencia para garantir o abastecemento a esta parroquia deste concello pontevedrés. Neste día, os técnicos están a verificar que a instalación funciona con corrección e normalidade, antes de entregala á Administración local.

As obras levadas a cabo consistiron na execución dun pozo de auga cun bombeo a un depósito intermedio, ao tempo que se mellorou o bombeo existente e que impulsa a auga ata o principal. Con esta actuación, que implicou un investimento de case 60.000 euros aportados ao 100% por Augas de Galicia, solventouse un problema de falta de subministro de auga que afectaba aos habitantes da parroquia deste concello.

Noticias PP

 GÓMEZ ALONSO ACUSA AO BNG DE “PRACTICAR O FILIBUSTEIRISMO POLÍTICO” COA AP-9 E AS AUTOVÍAS

 O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular indicou que a fórmula ideada polo Ministerio de Fomento para rescatar as radiais de Madrid supón un aforro de 3.000 millóns de euros

  • Cifrou en cerca de 4.000 millóns de euros o investimento feito en Galicia polo Goberno central na posta en marcha de autovías libres de peaxe
  • Recorda aos nacionalistas que as autovías e autopistas do Estado “se pagan con cartos de todos os españois, e todos os galegos, e son propiedade de todos os españois e galegos”.
  • Sinalou que as alegacións presentadas pola Xunta ao PITVI respecto á transferencia da AP-9 e AP-53 “se manteñen vivas e en espera de resposta por parte da Administración central”.
  • Louzán y Figueroa garantizan que la Diputación aportará para la reforma integral de Balaídos “la misma inversión que el Concello de Vigo y al mismo tiempo”

    • El presidente de la Administración Provincial y su vicepresidente, José Manuel Figueroa, pactan con el regidor vigués la creación de una comisión de seguimiento para encargar el proyecto constructivo e iniciar las primeras reformas del estadio.

    • El acuerdo incluye que el Concello de Vigo asuma el mantenimiento de los 14 campos de fútbol de hierba sintética construidos por la Diputación en el municipio.

    • “A Deputación non variou nin un centímetro a súa postura. Sempre ofrecemos diálogo e a mesma aportación económica que o Concello, e así o fixemos”, precisó Rafael Louzán.

    • El presidente de la Diputación anuncia que en octubre concluirá la reforma del estadio federativo de Coia y los equipos del fútbol base vigués podrán utilizar la instalación.

    Vigo, 15 de septiembre. El presidente de la Diputación de Pontevedra, Rafael Louzán, y su vicepresidente José Manuel Figueroa, acordaron esta mañana con el gobierno municipal de Vigo las condiciones en las que la Administración Provincial participará en el proyecto de reforma integral de Balaídos. La Diputación invertirá “exactamente la misma cantidad que aporte el Concello para el proyecto y lo hará al mismo tiempo”, anunció Louzán tras mantener un encuentro de casi una hora con el regidor olívico.
    Figueroa y Louzán aclararon que el coste estimado para la ejecución es el que la Diputación había hecho público hace un mes y que supone una cantidad próxima a los 30 millones de euros, incluyendo el necesario concurso público del proyecto constructivo, que será uno de los primeros pasos a abordar a partir de ahora.
    “A Deputación non variou nin un centímetro a súa postura. Sempre ofrecemos diálogo e a mesma aportación económica que o Concello, e así o fixemos”, precisó Rafael Louzán
    En los próximos días será creada una comisión de seguimiento formada por integrantes de ambas administraciones, que será la encargada de supervisar el convenio de colaboración, así como su calendario de ejecución.  Louzán también insistió en la necesidad de extender el diálogo a la Zona Franca de Vigo, para que a través de ella el Ministerio de Economía pueda colaborar también en la financiación del nuevo estadio. Está aportación se uniría a la que también deberá poner sobre la mesa el propio Real Club Celta de Vigo.
    El acuerdo alcanzado hoy incluirá un compromiso para que el Ayuntamiento se haga cargo de manera inmediata de los 14 campos de fútbol de hierba sintética construidos por la Diputación en el municipio. Estos complejos deportivos son utilizados de forma masiva por el fútbol base de la ciudad y, hasta el momento, la Administración Provincial se hacía cargo de su mantenimiento, que ahora pasará a manos del Concello vigués. La inversión acometida los mismos durante los últimos años supera los 12 millones de euros.
    El presidente recordó que la Diputación colabora en Vigo con cientos de colectivos sociales, deportivos y culturales y siempre ha estado mostrando una ” máxima receptividad ” hacia los proyectos llegados desde la ciudad. En este sentido, aclaró que siempre se ha trabajado desde la “política de colaboración” y nunca “desde a confrontación”.  Prueba de ello, recordó, es el reciente pacto suscrito por el Partido Popular de Vigo para la aprobación de los presupuestos municipales del 2014 y que ha permitido desbloquear infraestructuras esenciales en la ciudad, además de forzar una esperada rebaja fiscal y una necesaria reforma de la administración local.

    Campo federativo de Coia
    Rafael Louzán y José Manuel Figueroa anunciaron también que la reforma integral del estadio federativo de Coia finalizará con toda probabilidad el próximo mes de octubre. Aunque estas obras estaban previstas para que su conclusión hubiera tenido lugar a finales del verano, la necesidad de acometer trabajos imprevistos para asegurar uno de los muros que delimitan las instalaciones ha retrasado ligeramente el calendario. El presidente recordó que el presupuesto para la mejora de este campo de fútbol utilizado por el fútbol base de la ciudad asciende a 1,6 millones de euros.

ESTABLECEMENTOS DE TURISMO RURAL DE CANGAS, REDONDELA, GONDOMAR E BAIONA PARTICIPAN NUNHA NOVA EDICIÓN DO OUTONO GASTRONÓMICO

1_MG_6639 A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, presentou esta mañá a iniciativa, que combina a enogastronomía galega co turismo rural
 Por primeira vez, este ano se celebra o programa “Este ano, cociña connosco”
 A promoción ten por obxectivo dinamizar e favorecer a desestacionalización deste segmento durante os meses de outono
 O Outono Gastronómico en Turismo Rural comezou este fin de semana e rematará o vindeiro 14 de decembro
Vigo, 15 de setembro de 2014.- Xa deu comezo a 8ª edición do Outono Gastronómico en Turismo Rural, iniciativa promovida por Turismo de Galicia, e que agrupa a un total de 106 casas de turismo rural de toda Galicia co obxectivo de dinamizar o turismo no eido rural, promocionar e promover a gastronomía galega, desenvolver a oferta complementaria neste segmento e favorecer a desestacionalización neste período no que a natureza de Galicia permite gozar de estadías moi singulares enmarcadas nas contornas rurais de toda a Comunidade.
Esta mañá, a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, xunto á directora de promoción de Turgalicia, Carmen Pita, presentou a iniciativa, explicando ademais que todas as persoas interesadas neste programa poden informarse desta nova edición do programa de turismo rural na Oficina de Turismo que a Xunta de Galicia ten na rúa Canovas do Castillo da cidade olívica.
Bravo Bosch sinalou así que, nesta edición, na área territorial de Vigo están inscritas un total de catro casas de turismo rural dos concellos de Cangas, Redondela, Gondomar e Baiona. Concretamente, trátase dos establecementos e Torres de Agrelo (Redondela); La Garita (Cangas); Pazo da Escola (Gondomar) e Casa San Lourenzo (Baiona). En total, na provincia o programa agrupa a un total de 25 casas de turismo rural.
A delegada territorial explicou que o programa comezou o pasado día 12 de setembro e finalizará o vindeiro 14 de decembro, época na que as persoas interesadas poderán beneficiarse das posibilidades e vantaxes do programa. “O turismo rural galego segue sendo líder do Estado en Certificacións Q de Calidade Turística o que amosa o compromiso deste sector coa calidade e o bo facer”, comentou Bravo Bosch, quen engadiu que en Galicia existen 58 casas de Turismo Rural co distintivo Q, o que significa un 39,45% do total.

Distintas promocións
Nesta oitava edición do Outono Gastronómico en Turismo Rural as casas de turismo rural de Galicia adheridas á promoción ofrecen as seguintes posibilidades:

– O “Menú Outono Gastronómico”. Un menú para xantar ou cenar que consta de entrante, primeiro prato, segundo prato, sobremesa e, viño con Denominación de Orixe galega. O prezo é de 30 euros por persoa. Cada casa de Turismo Rural ofrece dous menús diferentes.

– Un “Paquete Outono Gastronómico” que inclúe un “Menú Outono Gastronómico” por persoa e o aloxamento e almorzo na casa de Turismo Rural elixida –pódese escoller a noite do venres ou a do sábado-. O prezo é de 110 euros para dúas persoas en cuarto dobre ou de 70 euros para unha persoa en cuarto individual.

– A mellor opción é a oferta completa de “Fin de Semana de Outono Gastronómico”, que inclúe dous menús por persoa, máis o aloxamento –noite de venres ou sábado- e almorzos por 190 euros para dúas persoas en cuarto dobre e 130 euros para unha persoa en cuarto individual.

Ademais, se os viaxeiros quixesen compartir coa familia esta fin de semana tan especial, poden escoller a opción “Fin de Semana Familiar Outono Gastronómico”, que inclúe ofertas para un e dous nenos de ata 14 anos.

Bravo Bosch, incidiu durante o acto de presentación en que, unha edición máis, mantéñense os prezos dos dous anos anteriores para todas as opcións. Así mesmo sinalou que pódese acadar máis información acerca das distintas opcións que ofrece á promoción, os establecementos participantes, os menús gastronómicos ou como facer reservas nas oficinas de información de Turismo de Galicia así como na súa páxina web.

“Este ano, cociña connosco”: obradoiros de cociña gratuítos
Segundo explicou a delegada da Xunta, este ano, os expertos dos fogóns das casas de turismo rural adheridas a esta promoción ofrecen unha invitación moi especial: entrar nas súas cociñas para descubrir os segredos da súa receita estrela e colaborar activamente na súa elaboración. Ademais, como agasallo, os participantes recibirán un receitario cos pratos presentados por cada un dos establecementos participantes. Estes obradoiros de cociña, totalmente gratuítos, son unha oportunidade única para os amantes da cociña ou para aqueles que queren aprender ou descubrir novas experiencias.