ESTABLECEMENTOS DE TURISMO RURAL DE CANGAS, REDONDELA, GONDOMAR E BAIONA PARTICIPAN NUNHA NOVA EDICIÓN DO OUTONO GASTRONÓMICO

1_MG_6639 A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, presentou esta mañá a iniciativa, que combina a enogastronomía galega co turismo rural
 Por primeira vez, este ano se celebra o programa “Este ano, cociña connosco”
 A promoción ten por obxectivo dinamizar e favorecer a desestacionalización deste segmento durante os meses de outono
 O Outono Gastronómico en Turismo Rural comezou este fin de semana e rematará o vindeiro 14 de decembro
Vigo, 15 de setembro de 2014.- Xa deu comezo a 8ª edición do Outono Gastronómico en Turismo Rural, iniciativa promovida por Turismo de Galicia, e que agrupa a un total de 106 casas de turismo rural de toda Galicia co obxectivo de dinamizar o turismo no eido rural, promocionar e promover a gastronomía galega, desenvolver a oferta complementaria neste segmento e favorecer a desestacionalización neste período no que a natureza de Galicia permite gozar de estadías moi singulares enmarcadas nas contornas rurais de toda a Comunidade.
Esta mañá, a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, xunto á directora de promoción de Turgalicia, Carmen Pita, presentou a iniciativa, explicando ademais que todas as persoas interesadas neste programa poden informarse desta nova edición do programa de turismo rural na Oficina de Turismo que a Xunta de Galicia ten na rúa Canovas do Castillo da cidade olívica.
Bravo Bosch sinalou así que, nesta edición, na área territorial de Vigo están inscritas un total de catro casas de turismo rural dos concellos de Cangas, Redondela, Gondomar e Baiona. Concretamente, trátase dos establecementos e Torres de Agrelo (Redondela); La Garita (Cangas); Pazo da Escola (Gondomar) e Casa San Lourenzo (Baiona). En total, na provincia o programa agrupa a un total de 25 casas de turismo rural.
A delegada territorial explicou que o programa comezou o pasado día 12 de setembro e finalizará o vindeiro 14 de decembro, época na que as persoas interesadas poderán beneficiarse das posibilidades e vantaxes do programa. “O turismo rural galego segue sendo líder do Estado en Certificacións Q de Calidade Turística o que amosa o compromiso deste sector coa calidade e o bo facer”, comentou Bravo Bosch, quen engadiu que en Galicia existen 58 casas de Turismo Rural co distintivo Q, o que significa un 39,45% do total.

Distintas promocións
Nesta oitava edición do Outono Gastronómico en Turismo Rural as casas de turismo rural de Galicia adheridas á promoción ofrecen as seguintes posibilidades:

– O “Menú Outono Gastronómico”. Un menú para xantar ou cenar que consta de entrante, primeiro prato, segundo prato, sobremesa e, viño con Denominación de Orixe galega. O prezo é de 30 euros por persoa. Cada casa de Turismo Rural ofrece dous menús diferentes.

– Un “Paquete Outono Gastronómico” que inclúe un “Menú Outono Gastronómico” por persoa e o aloxamento e almorzo na casa de Turismo Rural elixida –pódese escoller a noite do venres ou a do sábado-. O prezo é de 110 euros para dúas persoas en cuarto dobre ou de 70 euros para unha persoa en cuarto individual.

– A mellor opción é a oferta completa de “Fin de Semana de Outono Gastronómico”, que inclúe dous menús por persoa, máis o aloxamento –noite de venres ou sábado- e almorzos por 190 euros para dúas persoas en cuarto dobre e 130 euros para unha persoa en cuarto individual.

Ademais, se os viaxeiros quixesen compartir coa familia esta fin de semana tan especial, poden escoller a opción “Fin de Semana Familiar Outono Gastronómico”, que inclúe ofertas para un e dous nenos de ata 14 anos.

Bravo Bosch, incidiu durante o acto de presentación en que, unha edición máis, mantéñense os prezos dos dous anos anteriores para todas as opcións. Así mesmo sinalou que pódese acadar máis información acerca das distintas opcións que ofrece á promoción, os establecementos participantes, os menús gastronómicos ou como facer reservas nas oficinas de información de Turismo de Galicia así como na súa páxina web.

“Este ano, cociña connosco”: obradoiros de cociña gratuítos
Segundo explicou a delegada da Xunta, este ano, os expertos dos fogóns das casas de turismo rural adheridas a esta promoción ofrecen unha invitación moi especial: entrar nas súas cociñas para descubrir os segredos da súa receita estrela e colaborar activamente na súa elaboración. Ademais, como agasallo, os participantes recibirán un receitario cos pratos presentados por cada un dos establecementos participantes. Estes obradoiros de cociña, totalmente gratuítos, son unha oportunidade única para os amantes da cociña ou para aqueles que queren aprender ou descubrir novas experiencias.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: