MEDIO AMBIENTE REMATOU AS OBRAS DE URXENCIA DE ABASTECEMENTO NA PARROQUIA DE VILAR, NO CONCELLO DE CRECENTE

 Nestes días, os técnicos están a comprobar que a instalación funciona correctamente, antes de entregalas ao concello
 A realización destas actuacións hidráulicas mellorarán a calidade de vida dos habitantes da parroquia de Vilar

Santiago, 15 de setembro de 2014.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de rematar as obras de abastecemento na parroquia de Vilar, no Concello de Crecente. Augas de Galicia levou a cabo estas obras de urxencia para garantir o abastecemento a esta parroquia deste concello pontevedrés. Neste día, os técnicos están a verificar que a instalación funciona con corrección e normalidade, antes de entregala á Administración local.

As obras levadas a cabo consistiron na execución dun pozo de auga cun bombeo a un depósito intermedio, ao tempo que se mellorou o bombeo existente e que impulsa a auga ata o principal. Con esta actuación, que implicou un investimento de case 60.000 euros aportados ao 100% por Augas de Galicia, solventouse un problema de falta de subministro de auga que afectaba aos habitantes da parroquia deste concello.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: