As/os traballadoras/es de Agasfra mobilizaranse este xoves contra a pretensión da Consellería de Traballo de adxudicar a unha empresa privada o servizo que viña prestando ata agora a asociación.

As/os traballadoras/es de Agasfra concentraranse este xoves diante da Consellería de Traballo para exixir a paralización do proceso que deixaría en mans dunha empresa privada o servizo que esta asociación sen ánimo de lucro viña prestando no seu centro de Coia en Vigo e que suporía a desaparición de máis de 20 postos de traballo.

A Consellería de Traballo sacou por sorpresa o día 8 de agosto a concurso público un servizo que ate o momento viña prestando Agasfra a 74 usuarios membros desta Asociación. Este feito ven a demostrar a intención da Consellería de deixar en mans de empresas privadas os servizos de atención á discapacidade que viñan prestando asociacións de pais/nais sen ánimo de lucro continuando así ca política do PP de privatización dos servizos sociais.

Logo da progresiva privatización da sanidade e do ensino agora van polo sector da atención á discapacidade que move cada ano na Galiza 27 millóns de euros, un bocado moi apetitoso para as empresas privadas que contan ca colaboración do goberno galego para lograr este fin.

Representantes da Consellería, nunha reunión mantida co comité de empresa, nin sequera  garantiron que a nova empresa adxudicataria se subrogaría cas traballadoras/es que neste momento atenden a estes usuarios en Agasfra, por non estar recollido no prego de condicións, o que significaría a perda de máis de 20 postos de traballo.

Ante esta situación o comité de empresa e os sindicatos CIG, CCOO e UGT convocan as/os traballadoras/es de Agasfra a unha concentración este xoves ás 11 horas diante da Consellería de Traballo para exixir a paralización deste proceso de privatización e que o servizo a estes 74 usuarios se siga levando a cabo nas instalacións de Agasfra en Coia igual que se fixo todos estes anos.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: