Editorial Galaxia presenta en Bruxelas o seu proxecto exterior

editorialgalxiaO selo Mar Maior lanza a literatura e a cultura galega nos espazos da globalización

A idea é proxectar a cultura galega alén das nosas fronteiras, empezando polo mundo do libro. O próximo día 18, xoves, ás 20 horas, preséntase no Instituto Cervantes de Bruxelas o proxecto Mar Maior, coa participación dos escritores Xavier Alcalá e Xavier Queipo, a directora do Instituto Cervantes, María González Encinar, o director de Editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes, e dous representantes das librerías do hispanismo (Punto y Coma) e a lusofonía (Orfeo), activas na capital europea.
A oferta estrela é a Biblioteca de Autor de Álvaro Cunqueiro, algúns dos títulos que o escritor de Mondoñedo publicou en castelán: “El año del cometa”, “Flores del año mil y pico de ave”, “Vida y fugas de Fanto Fantini della Gherardesca” e “Tertulia de boticas prodigiosas”, coa idea de ir recollendo toda a súa obra.
Completa a oferta, que axiña estará nas librerías de toda España, unha nova versión da “Historia de Galicia” de Ramón Villares, pensada para lectores non galegos, o primeiro volume dos “Cuentos para las Américas” de Emilia Pardo Bazán, en edición do profesor González Herrán, e dúas traducións de autor e autoras contemporáneas: “Circe o el placer azul” de Begoña Caamaño, “Futuro imperfecto” de Xulia Alonso e “Laura en el desierto”, novela de Antón Riveiro Coello.

Madrid e Buenos Aires

Son os primeiros nove títulos dun lanzamento que en outubro se presentará, asemade, na Casa do lector, en Madrid, e ao mesmo tempo en Buenos Aires, onde Editorial Galaxia vén de constituir empresa propia: Mar Maior-Editorial Galaxia S.A, na que se publicarán tamén títulos de Xavier Alcalá relacionados coa Arxentina (Huinca Loo) e da novelista arxentina de ascendencia galega, María Rosa Lojo.

A idea de presentar o proxecto na capital europea xorde da intención de definir a literatura galega coma unha cultura europea, conectada e comprometida históricamente na construcción de Europa, dende os cancioneiros medievais e o Camiño de Santiago ata o galeguismo da xeración Nós: Castelao, Vicente Risco, Otero Pedrayo…

Un mar para navegar todos

Mar Maior defínese como “a editora dos galegos no mundo”, pero cunha vocación aberta, que incluirá autores e autoras relacionados con Galicia e coa nosa cultura: en Arxentina e en Brasil sobre todo, primeiros espazos de actuación en América. “Un mar para navegar todos”, en palabras de Danilo Albero, libreiro e distribuidor arxentino, que participa da idea do proxecto.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: