Archive | septiembre 18, 2014
Venres 19/09 – Obradoiro: «Axudas Sociais. Información para loitar polos nosos dereitos»
A PAH Vigo Tui-Baixomiño co apoio da xente da ODS-Coia convidámosvos a participar no obradoiro titulado: «Axudas Sociais. Información para loitar polos nosos dereitos».
Dita actividade será o venres 19 de setembro a partires das 19h00 nos locais da parroquia do Cristo da Vitoria (rúa Baiona 9, Coia – Vigo).
Se ficas sen ingresos, ou tes problemas para chegar a fin de mes, infórmate sobre as axudas sociais, tanto autonómicas como municipais: RISGA, Axudas de Emerxencia…
Precisamos coñecer os nosos dereitos para os defender nas dependencias dos servizos sociais.

Na Biblioteca de Chapela abrimos un novo club infantil de lectura.
Comezaremos a nova andaina o mércores 15 de Outubro, con Leo Leíño como coordinadora.
Xuntanzas: un mércores ao mes, en horario de 18:30 a 19:30 h.
Os interesados en participar nesta nova xeira do club, poden inscribirse xa na Biblioteca de Chapela.