BENESTAR PROMOVE A LOITA CONTRA O ALZHEIMER A TRAVÉS DA ATENCIÓN DE CALIDADE E A PREVENCIÓN

 A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, inaugurou hoxe a exposición ’15 anos de esforzo compartido’, organizada pola Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias (FAGAL)
 No eido da prevención, cóntase por primeira vez coa ‘Estratexia de prevención e detección precoz da dependencia 2013-2016, horizonte 2020’, que recolle preto de 400 medidas concretas
 Segundo explicou Mato, “a estratexia aposta por anticiparse á presenza do problema e, polo tanto, actuar sobre os factores que poden ocasionalo e tomar as medidas necesarias para evitalos”
 En canto á atención de calidade, Beatriz Mato referiuse á Carteira de Servizos para as persoas con dependencia, que permite que cada usuario acceda aos servizos que realmente precisa e que conta cunha carteira específica para enfermos de Alzheimer
 Así mesmo, Mato tamén salientou a especialización coa que conta a rede de centros de Alzheimer de Galicia, que abrangue 13 centros na actualidade, un total de 412 prazas públicas

Santiago, 18 de setembro de 2014.- A Consellería de Traballo e Benestar mantén unha firme aposta na loita contra o Alzheimer, baseada en dous eixos fundamentais: a prevención e a atención de calidade.

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, inaugurou hoxe en Santiago a exposición ’15 anos de esforzo compartido’, organizada pola Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias (FAGAL), e con motivo da celebración, o próximo domingo, do Día mundial desta enfermidade, baixo o lema ‘Solidarios co Alzheimer’.

A titular de Benestar indicou que esta loita necesita un compromiso conxunto dos enfermos, as familias e a sociedade en xeral. En canto á Xunta, no eido da prevención, o obxectivo pasa por aumentar a esperanza de vida libre de dependencia dos galegos e galegas. Para iso cóntase por primeira vez coa ‘Estratexia de prevención e detección precoz da dependencia 2013-2016, horizonte 2020’. O documento recolle preto de 400 medidas concretas e vai marcar a folla de ruta das políticas de prevención en Galicia durante os próximos anos.

Segundo explicou Mato, “a estratexia aposta por anticiparse á presenza do problema e, polo tanto, actuar sobre os factores que poden ocasionalo e tomar as medidas necesarias para evitalos”. Para que isto sexa unha realidade estase a traballar en aspectos como a promoción da autonomía persoal; o envellecemento activo; a aplicación das novas tecnoloxías ás políticas de prevención; unha coordinación total coa Consellería de Sanidade, elaborando instrumentos tan importantes como a Estratexia de Atención Integral á Cronicidade; ou a colaboración con outras rexións no marco de programas europeos.

Doutra banda, cómpre destacar a necesidade de prestar unha atención de calidade ás persoas que padecen Alzheimer baseada na eficiencia. Neste sentido, Beatriz Mato referiuse á Carteira de Servizos para as persoas con dependencia, posta en marcha a finais do pasado ano e que permite que cada usuario acceda aos servizos que realmente precisa.

Ademais, conta cunha carteira específica deseñada para o colectivo de persoas enfermas de Alzheimer que define servizos de prevención e promoción da autonomía persoal, axuda a domicilio, e atención diúrna, nocturna e residencial, especialmente dirixidos a estas persoas.

Así mesmo, Mato tamén se referiu a especialización coa que conta a rede de centros de Alzheimer de Galicia, que abrangue 13 centros na actualidade, un total de 412 prazas públicas, o 43% delas creadas por este Goberno nos últimos cinco anos.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: