A CAMPAÑA ‘GÚSTASME PORQUE ES TI’ PERCORREU 20 CONCELLOS PARA SENSIBILIZAR SOBRE UNHA IMAXE CORPORAL LIBRE DE ESTEREOTIPOS

 O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, participou hoxe no peche desta campaña en Santiago, que coincidiu coa presenza, na Praza Roxa, da carpa Xplora Xuventude
 Ovidio Rodeiro indicou que, como consecuencia das imaxes e os roles que se reciben nos modelos actuais de beleza estereotipada, buscouse ofrecer información e asesoramento á mocidade da realidade dunha diversidade corporal
 O director xeral de Xuventude indicou que “a necesidade desta campaña detectouse a través das diversas actividades que os centros Quérote+ veñen desenvolvendo ao longo dos anos na interacción con mozas e mozos”

Santiago, 24 de setembro de 2014.- A campaña da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado ‘Gústasme porque es ti’ pechouse hoxe en Santiago tras percorrer este verán máis de 20 concellos de Galicia, co obxectivo de sensibilizar á sociedade sobre unha imaxe corporal libre de estereotipos.
O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, participou hoxe no peche desta campaña en Santiago, que coincidiu coa presenza, na praza roxa, da Carpa Xplora Xuventude, dirixida a informar aos mozos e mozas galegos sobre os recursos e programas dirixidos a eles, e para facilitarlles asesoramento por parte de técnicos especializados.

Ovidio Rodeiro indicou que, como consecuencia das imaxes e os roles que se reciben nos modelos actuais de beleza estereotipada, buscouse a través desta campaña ofrecer información e asesoramento á mocidade da realidade dunha diversidade corporal en todos os seus diferentes aspectos e o valor da persoa no seu conxunto. Ademais os participantes teñen a oportunidade de consultar co equipo profesional do Quérote+ se lles xurde algunha dúbida persoal.

A campaña chegou ata espazos de encontro xuvenil como piscinas, praias, prazas ou festas de máis de 20 localidades galegas, onde foron instaladas unha mesa informativa con material de Quérote+ xeral e outro específico de imaxe corporal, un “tendal” con frases suxerentes vinculadas coa imaxe corporal, e un roll-up no que mozos e mozas se fixeron fotos cunha frase positiva que elixiron entre varias propostas pola organización.

Ademais da presenza física, esta campaña tamén contou cunha importante difusión nas redes sociais, a través dos perfís da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e de Quérote+.

O director xeral de Xuventude indicou que “a necesidade desta campaña detectouse a través das diversas actividades que os centros Quérote+ veñen desenvolvendo ao longo dos anos na interacción con mozas e mozos”. Así, no curso lectivo 2013/2014, realizáronse 215 obradoiros sobre imaxe corporal e autoestima para mozas e mozos de entre 14 e 15 anos en máis de 100 centros de ensino, chegando a máis de 4.700 participantes.

Rodeiro avanzou que a Dirección Xeral realizará neste curso 2014/2015 unha enquisa sobre esta temática. Cos resultados obtidos pretende seguir deseñando accións que promocionen un estilo de vida saudable, cunha imaxe corporal libre de estereotipos e presións mediáticas que deterioran a estima da mocidade galega.

Xplora Xuventude
O peche desta campaña coincidiu coa presenza en Santiago da Carpa Xplora Xuventude. A actividade, organizada pola Consellería de Traballo e Benestar, ubicouse na praza Roxa, entre as 17,00 e as 19,00 horas.

A campaña está a desenvolverse por toda Galicia entre os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. Durante estes meses, os técnicos da Rede galega de dinamización xuvenil percorrerán 110 localidades da xeografía galega.

Cabe destacar que, ademais de información de interese, estas carpas pretenden ofrecer un espazo aos grupos de mozos e mozas e entidades xuvenís no que poidan amosar as actividades e propostas que levan a cabo, servindo como escaparate do talento xuvenil.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: