A CONSELLEIRA DE FACENDA DESTACA A IMPORTANCIA DA CONFIANZA DA SOCIEDADE NO LABOR DO SECTOR AUDITOR

elena_munhoz_009

Elena Muñoz Fonteriz clausurou hoxe as IV Xornadas sobre Auditoría de Galicia organizadas polo Colexio de Economistas de A Coruña
 A conselleira destacou a necesidade de reorientar o control cara a eficacia, a eficiencia, e a economía na xestión dos fondos públicos
 Subliñou a importancia de transmitir a mensaxe de transparencia e de rigor que esixen os cidadáns nun contexto coma o actual

A Coruña, 25 de setembro de 2014.- A conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz, destacou hoxe a importancia da confianza da sociedade no labor do sector auditor e dos organismos encargados do control e da supervisión.

Así, segundo expuxo, hai que evitar que se cuestionen os sistemas de control; a súa regulación e actuación; e a súa utilidade para garantir o cumprimento da legalidade en materia económico-financeira.

A titular de Facenda, que clausurou hoxe as IV Xornadas sobre Auditoría de Galicia organizadas polo Colexio de Economistas de A Coruña, apuntou que no actual contexto económico “as administracións deben traballar no reforzo dos sistemas de control e na consecución dunha maior calidade dos mesmos optimizando os recursos existentes”. Tamén sinalou a necesidade de reorientar o control cara a eficacia, a eficiencia e a economía na xestión dos fondos públicos.

Ademais, subliñou a importancia de transmitir a todos os cidadáns unha mensaxe de transparencia e de rigor; e reforzar a percepción da necesidade, da conveniencia e da importancia das auditorías e do control.

As xornadas celebradas hoxe serviron ademais para render homenaxe a Manuel Pardo, falecido recentemente. Durante as mesmas fíxose entrega á súa familia da distinción de Colexiado de Honra. Manuel Pardo foi auditor e director adxunto do Colexio de Economistas; así como coordinador do Comité de normas e procedementos do Rexistro de Economistas Auditores (REA).

Elena Muñoz Fonteriz quixo destacar a súa capacidade de traballo como auditor, a súa determinación, a súa valía e tamén a súa firmeza na defensa do seu criterio auditor.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: