MARCO: avance programación OUT-DEC 2013

Marco

MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

PROGRAMACIÓN

OUTUBRO-DECEMBRO 2014

 

Un avance das actividades que terán lugar no MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, nos vindeiros meses: exposicións temporais, programa educativo, cursos de adultos, obradoiros, concertos e festivais, programación audiovisual, Festa 12º aniversario, actividades da Biblioteca-Centro de Documentación e da Agrupación de Amigos do MARCO, entre outros eventos.

 

EXPOSICIÓNS TEMPORAIS

 

Primeiro andar

IGNACIO URIARTE. Uns e ceros

  • 24 outubro 2014 – 25 xaneiro 2015
  • Comisario: Juan Canela
  • Produción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

 

 

 

Izda: Ignacio Uriarte. 1s & 0s, 2011 (detalle). Máquina de escribir sobre papel

 

O traballo de Ignacio Uriarte toma como punto de partida a súa anterior ocupación na oficina dunha gran multinacional, para circundar cuestións relativas á rutina laboral. Cunha estética minimalista e conceptual, Uriarte consolidou xa un amplo corpo de obra mediante unha práctica meticulosa, incisiva e ás veces obsesiva, na cal as palabras ou o narrativo son invitados estraños, e o performativo en cambio é protagonista.

 

Uns e ceros toma o seu título da obra do mesmo nome: unha serie de follas A4 sobre as cales uns e ceros se escriben de xeito aleatorio con diferentes modelos de máquina de escribir, intentando emular a linguaxe dixital a través dun balbucido indescifrable. A partir de aquí, articúlase un diálogo con outras pezas que emerxen unha vez máis dende a rutina laboral, poñendo a énfase no ámbito do traballo cultural e o impacto do dixital en todo iso. As obras, que utilizan en moitos casos formatos e técnicas que mesturan o analóxico co dixital e unha linguaxe estética binaria —branco e negro, luz e sombra, positivo e negativo—, conforman unha exposición que destila un aire un tanto nostálxico, un intento de resistencia ao inevitable.

+ INFO en

http://www.marcovigo.com/content/ignacio-uriarte-uns-e-ceros

 

EXPOSICIÓNS TEMPORAIS

 

Primeiro andar

EIDOS DA IMAXE

Grafías dos feitos e do pensamento

 

  • Ata o 12 de outubro de 2014
  • Comisario: Alberto Ruiz de Samaniego
  • Coordinador: José Manuel Mouriño
  • Produción:

MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo / Proxecto Baliza, Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Universidade de Vigo

 

 

Sempre existiu un vínculo entre a arte e o coñecemento ou o saber científico. Pero ademais, na nosa modernidade técnica, moitos dos resultados e procedementos do coñecemento científico dependen en boa medida da súa visualización e construción en imaxes. A miúdo, a proba física destes procesos de experimentación, a súa proba experimental tanxible, desemboca na imaxe. Este proxecto expositivo mostra como artistas e investigadores comparten a necesidade de obter resolucións gráficas e figurativas dos acontecementos ou dos feitos físicos do mundo.

 

Mostrar que arte e ciencia non están tan separadas como podemos pensar é un dos obxectivos da exposición. A historia da cultura occidental está chea de exemplos que mostran os vínculos entre un sistema de percepción e medida técnico, e a imaxe plástica. Tanto no plano científico como no artístico, existen determinados procesos de investigación que precisan da súa manifestación en forma de imaxe.

 

A partir desta idea, esta mostra colectiva reúne traballos desenvolvidos por grupos de investigación científica da Universidade, artistas da Facultade de Belas Artes, e varios creadores invitados. Todos eles expoñen nun plano de igualdade os seus procesos de investigación en torno ás imaxes, nunha mostra que se define pola súa versatilidade.

+ INFO en

http://www.marcovigo.com/content/eidos-da-imaxe-graf-dos-feitos-e-do-pensamento

 

 

EXPOSICIÓNS TEMPORAIS

 

Planta baixa

SCORE

O espazo entre imaxe e son

 

  • 11 xullo 2014 – 11 xaneiro 2015
  • Comisarias: Sarra Brill e Anna Cestelli Guidi
  • Produción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

 

Meris Angioletti, Martin Arnold, Eugènia Balcells & Eugeni Bonet, Guy Ben Ner, Manon de Boer, Tony Conrad, Keren Cytter, Anna Franceschini, Douglas Gordon, Ragnar Kjartansson, Annika Larsson, Christian Marclay, Dóra Maurer, Jacopo Miliani, Lis Rhodes, Manuel Saiz, Diego Santomé, ZimmerFrei

 

SCORE é unha mostra de produción propia que aborda a relación entre imaxe e son. Dende o cinema experimental a obras conceptuais baseadas no cinema narrativo, e traballos que prestan especial atención á gramática do son e da imaxe en movemento, esta mostra reúne un conxunto de obras de 18 artistas de distintas xeracións, dende os anos setenta ata a actualidade.

 

Os múltiples significados do termo —score como corte ou rabuño, como banda sonora, e como partitura musical— permiten xustapoñer diversas prácticas artísticas que, dentro do extenso ámbito do cinema, se centran nas relacións entre imaxe e son. O xesto de cortar ou rabuñar está presente nunha morea de formas do cinema experimental —onde o celuloide é manipulado fisicamente— así como no esencial proceso de montaxe, mentres que a idea de score como partitura musical nos pon en relación coa nosa experiencia do cinema e a nosa comprensión da banda sonora: diálogo, son e música.

 

Fronte ao hábito de considerar imaxe e son como un todo orgánico, as obras presentes nesta exposición poden ser observadas en relación co que Michel Chion denomina “contrato audiovisual”, no que ambas as dúas percepcións —visual e auditiva— están en constante negociación. SCORE presenta un conxunto de instalacións, películas e vídeos que xiran en torno ás distintas acepcións deste termo, dende o cinema máis experimental a obras conceptuais baseadas no cinema narrativo, e traballos que prestan especial atención á gramática do son e da imaxe en movemento.

+ INFO en

http://www.marcovigo.com/content/score-o-espazo-entre-imaxe-e-son

 

EXPOSICIÓNS TEMPORAIS / Actividades paralelas

 

OBRADOIROS

  • ‘Imaxe científica: representación e abstracción’
  • ‘Imaxes da arte, imaxes do coñecemento. Desprazamentos e sintonías entre a investigación artística e a científica’

[Actividades paralelas da exposición ‘EIDOS DA IMAXE. Grafías dos feitos e do pensamento’]

 

  • Organiza: Proxecto Baliza, Facultade de Belas Artes de Pontevedra, UVigo / Campus do Mar
  • Lugar: salón de actos e salas de exposición
  • GRATUÍTOS, previa inscrición
  • Prazas limitadas ata completar aforo

 

‘Imaxe científica: representación e abstracción’

Coordina: José Pintado Valverde (IIM-CSIC)

Datas: 30 setembro, 1 e 2 outubro

Participan: Clara Cerviño, Sonia Valladares, Isabel Teixeira, Diego Germade

 

‘Imaxes da arte, imaxes do coñecemento. Desprazamentos e sintonías entre a investigación artística e a científica’

Coordinan: Alberto Ruiz de Samaniego e Juan Carlos Meana (BB.AA., Uvigo)

Datas: 7, 8 e 10 outubro

Participan: Juan Pimentel, Juan Loeck, Jesús S. Troncoso, Irene Alejo, Román Corbato

 

Durante a derradeira semana de setembro e primeira de outubro, teñen lugar no MARCO dous encontros concibidos como actividades paralelas da exposición ‘EIDOS DA IMAXE. Grafías dos feitos e do pensamento’, que se clausurará o 12 de outubro nas salas do 1º andar. Trátase de dous obradoiros organizados pola Facultade de Belas Artes de Pontevedra e Campus do Mar, no marco do Proxecto Baliza (Universidade de Vigo), que produce a mostra.

 

En liña cos contidos da exposición, o obxectivo é afondar no coñecemento das relacións entre arte e ciencia, mostrando como artistas e investigadores comparten a necesidade de obter resolucións gráficas e figurativas dos acontecementos ou dos feitos físicos do mundo. Para iso, ambos os dous obradoiros contan coa participación de artistas, científicos e grupos de investigación vinculados á Universidade de Vigo, xunto a outros expertos invitados. Dirixidos principalmente a estudantes da Universidade de Vigo, a inscrición é gratuíta, se ben as prazas son limitadas e haberá unha lista de espera en función do número de solicitudes recibidas.

+ INFO en

http://www.marcovigo.com/content/actividades-paralelas-exposici-n-eidos-da-imaxe-obradoiros-para-estudantes-uvigo

 

DIDÁCTICA / Escolares e público familiar

 

A partir de outubro, o departamento educativo do MARCO retoma a súa programación habitual para escolares —visitas e obradoiros en torno ás exposicións temporais—, ademais das actividades para público familiar as fins de semana, e a oferta de cursos para adultos 2014-2015.

 

OUTUBRO-DECEMBRO 2014

‘Imaxes cruzadas’

Actividades para escolares e familias

Nestes meses, as actividades para escolares xiran ao redor das exposicións de IGNACIO URIARTE (grupos de infantil e primaria) e SCORE (secundaria). As visitas e obradoiros, especialmente deseñados e adaptados a distintas idades, axúdannos a tratar algúns aspectos relacionados coas obras presentes en salas. Por exemplo, a linguaxe dos signos gráficos, as repeticións e combinacións como experimentos creativos, ou a relación entre son e imaxe en movemento. Así mesmo, o público familiar ten a súa cita no MARCO as fins de semana, con actividades e obradoiros para os máis pequenos.

 

‘IMAXES CRUZADAS’

Visitas e obradoiros para escolares

Para grupos de infantil, primaria, secundaria e bacharelato

  • Do 14 outubro ao 19 decembro 2014
  • Lugar: salas de exposición e Laboratorio das Artes (1º andar)
  • Horario: de martes a venres de 11.00 a 13.30

 

 

‘IMAXES CRUZADAS’

Actividades e obradoiros para familias

Para nenos/as a partir de 3 anos, sós ou acompañados de persoas adultas

  • Do 11 outubro ao 14 decembro 2014
  • Lugar: salas de exposición e Laboratorio das Artes (1º andar)
  • Horario: sábados e domingos de 12.00 a 14.00

 

 

CURSOS DE ADULTOS

 

OUTUBRO 2014-MAIO 2015

Salón de actos

Previa inscrición e matrícula

+ INFO en

http://www.marcovigo.com/didactica

‘OS OLLOS NON QUEREN PECHARSE. Persistencias e resistencias da mirada na historia do cine’

Historia da mirada a través de filmes e cineastas que se resisten a pechar os ollos, que se rebelan e nos revelan novas maneiras de ver e de dar a ver, ampliando así o noso imaxinario.

  • Organiza: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
  • Docente: José Manuel López, coa participación de relatores convidados
  • Datas: do 14 outubro 2014 ao 5 maio 2015
  • Lugar: salón de actos
  • Horario: martes, de 19.30 a 21.00

‘OS OUTROS IMPORTANTES. Parellas artísticas no século XX’

Unha análise da traxectoria, ao longo do século XX, de parellas pertencentes a diferentes ámbitos artísticos.

  • Organiza: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
  • Docente: Ana Pereira Molares, coa participación de relatores convidados
  • Datas: do 15 outubro 2014 ao 6 maio 2015
  • Lugar: salón de actos
  • Horario: mércores, de 19.30 a 21.00

‘AGUZAR O OÍDO (II). 23 músicas que cambiaron a escoita’

Charlas e audicións en torno a figuras esenciais da música dos séculos XX e XXI, a través de 23 sesións que combinan erudición e entretemento cunha linguaxe amena e accesible.

  • Organiza: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, en colaboración con Vertixe Sonora
  • Colabora: Casa da Música de Porto
  • Docente: Emilio Lede Abal e Vertixe Sonora Ensemble, coa participación de relatores convidados
  • Datas: do 9 outubro 2014 ao 23 abril 2015
  • Lugar: salón de actos
  • Horario: xoves, de 20.00 a 21.00

 

CONCERTOS E FESTIVAIS

 

Festival SINSAL Outono

O MARCO continúa a súa colaboración co Festival SINSAL, acollendo nas súas instalacións unha parte dos concertos programados para esta tempada. A vindeira cita será o 6 de decembro no salón de actos.

 

  • Sábado 6 decembro
  • Salón de actos
  • Produción: SINSALaudio

 

Vertixe EXPERIMENTA’14

Concertos e obradoiros

Nova proposta de Vertixe Sonora, con concertos e obradoiros especializados sobre música actual a partir de variables tecnolóxicas e do contacto cos novos medios.

 

  • 12, 13 e 14 decembro / 19, 20 e 21 decembro
  • Salón de actos
  • Produción: Vertixe Sonora e Instituto Galego de Sonoloxía

 

PROGRAMA

 

CONCERTOS                                                                                          OBRADOIROS

Tiago Morais Morgado + Alberto Bernal

Venres 12 decembro

Salón de actos

 

Alberto Bernal

‘O mundo feito música’

Sábado 13 e domingo 14 de decembro

Salón de actos

PREVIA INSCRICIÓN

 

 

BLANK + Stelios Manousakis

Venres 19 decembro

Salón de actos

 

   

Stelios Manousakis

‘Retroalimentación creativa’

Sábado 20 e domingo 21 de decembro

Salón de actos

PREVIA INSCRICIÓN

 

 

 

FESTA 12º Aniversario

 

Festa Aniversario ‘12xMARCO’

Venres 14, sábado 15 e domingo 16 de novembro

 

O 13 de novembro de 2014, o MARCO cumpre doce anos dende a súa apertura ao público en 2002, e a Festa Aniversario terá lugar durante a fin de semana do 14 ao 16 de novembro. Cun programa de actividades para distintos públicos, o Museo ampliará os seus horarios para ofrecer, xunto ás exposicións temporais, unha programación especial que incluirá as proxeccións do Festival ArtFutura, que este ano chega á súa vixésimo quinta edición.

 

Festival ArtFutura

 

ArtFutura 2014

Edición XXV

‘A Promesa Dixital’

Proxección do programa audiovisual

7, 8 e 9 novembro

14, 15 e 16 novembro

21, 22 e 23 novembro

Salón de actos

Produción: ArtFutura

O MARCO retoma a súa colaboración con ArtFutura, o Festival de referencia en cultura dixital e novos medios, que este outono cumpre 25 anos. Durante tres fins de semana consecutivas, o salón de actos acollerá as proxeccións do programa audiovisual desta edición. Baixo o título ‘A Promesa Dixital’, o programa deste ano presenta en exclusiva o documental do mesmo nome (patrocinado por TVE e o canal ARTE), sobre a evolución da cultura dixital e o seu paralelismo co desenvolvemento de ArtFutura a través das súas 25 edicións. Ademais, catro programas comisariados (3D Futura Show, Futura Graphics, Artworks, Feeding the Web) e unha retrospectiva coas mellores animacións por ordenador, completan a oferta desta edición.

 

OBRADOIRO / Escénicas

 

Cláudia Dias

Obradoiro e peza escénica

Para estudantes e profesionais de Belas Artes, Artes Escénicas e disciplinas afíns

Obradoiro: do 24 ao 28 de novembro

Peza escénica. Vontade de ter vontade: 29 de novembro

Salón de actos

 

AGRUPACIÓN DE AMIGOS DO MARCO

 

A Agrupación de Amigos do MARCO continúa este outono coa súa programación, que inclúe visitas guiadas ás exposicións do MARCO e outros lugares da cidade, as sesións do Café Voltaire, viaxes e excursións, o ciclo ‘Coñeces a túa cidade…?’, e outras actividades exclusivas para membros da Agrupación.

 

 

SETEMBRO 2014

Viaxe anual AAM: Copenhagen-Malmö-Estocolmo

  • Do 30 de agosto ao 7 de setembro

 

Ciclo ‘Coñeces a túa cidade, coñeces a túa contorna?’

Percorrido a pe polo Vigo literario, guiado por Gustavo Adolfo Garrido

  • Sábado 20, ás 12.00

 

‘Café Voltaire. O sabor das letras’

Ciclo de encontros literario-gastronómicos en colaboración coa Fundación Carlos Casares

Conferenciante: Jesús Souza Troncoso. Prof. Dpto. Ecoloxía e Bioloxía Animal, Universidade de Vigo

‘Reminiscencias antárticas’

  • Xoves 25, ás 20.30

Miguel Oliveira Restaurante [MARCO, planta baixa]

 

OUTUBRO 2014

Visita guiada ao Museo de Pontevedra

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: