Archive | septiembre 28, 2014

GÓMEZ ALONSO AFIRMA QUE, “UNHA VEZ IMPLANTADA A XERENCIA DE CERCANÍAS EN GALICIA, É O MOMENTO DE APROBAR A SÚA VIABILIDADE, NA QUE XA ESTÁ A TRABALLAR FOMENTO”

Aproveitando a entrada en servizo da LAV Coruña-Vigo, propón impulsar unha Rede Ferroviaria de Proximidade na nos comunidade, especialmente Vigo-Pontevedra e A Coruña-Ferrol

  • Así mesmo, o portavoz de Infraestruturas destaca que, grazas os servizos Avant e os Trens-hibridos S-130, Galicia rematara o ano 2014 cun incremento histórico de usuarios de ferrocarril, que será maior no 2015 coa entrada en operación da LAV Coruña-Vigo.
  • “A implantación en ámbalas dúas áreas podería absorber unha parte importante do aumento de viaxeiros que tivo a AP-9 nos últimos dez anos, ao tempo que diminuiría considerablemente o tráfico na ponte de Rande e aliviaría a conxestión en Alfonso Molina”, segundo Gómez Alonso.
  • Recorda que grazas a os ministros socialistas de Fomento, Galicia segue a ser a única comunidade autónoma do litoral sen servizos de cercanía.