BRAVO BOSCH VISITA AOS ALUMNOS E ALUMNAS DO OBRADOIRO DE EMPREGO DE REDONDELA, QUE RECIBIRÁN FORMACIÓN EN XARDINERÍA E EN DESEÑO GRÁFICO PARA PROMOCIÓN TURÍSTICA E CULTURAL LOCAL

_MG_1584

A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, participou hoxe no inicio deste programa mixto de formación e emprego no que a Consellería de Traballo e Benestar destina preto de 170.000 euros.
 Na área de influencia de Vigo desenvolveranse un total de sete obradoiros de emprego que contarán cun orzamento superior aos 1,2 millóns de euros para beneficiar a 141 persoas desempregadas.
 Bravo Bosch destacou que o programa ofrece unha formación teórica e práctica para que as persoas desempregadas “aprendan traballando”.

Redondela, 29 de setembro de 2014.- A Consellería de Traballo e Benestar vén de poñer en marcha estes días en Redondela o obradoiro de emprego Emprega Verde II, para o que destina un investimento de case 170.000 euros.

A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou esta mañá aos alumnos e alumnas participantes xunto ao alcalde de Redondela, Javier Bas, a concelleira de Emprego e Desenvolvemento Local, Ana Alonso, e a directora do OOEE, Imelda Barrio Santamaría.

Os obradoiros de emprego son programas mixtos de formación e emprego que están destinados a persoas desempregadas. Concretamente, no caso de Redondela recibirán formación teórica e práctica un total de 19 alumnos e alumnas (13 mulleres e 6 homes) nas especialidades de xardinería e horticultura ecolóxica (11 persoas) e en deseño gráfico para promoción turística e cultural local (8 alumnos).

Os 19 alumnos e alumnas recibirán formación en xardinería e horticultura ecolóxica co fin de levar a cabo a recuperación, instalación e mantemento ecolóxico e sostible de zonas verdes do municipio (en principio tratarán 12 zonas de actuación) ademais de realizar o mantemento dunha zona de produción ecolóxica de hortalizas. Esta especialidade do OOEE levarase a cabo nas instalacións da Escola Taller Pousadouro. Ademais, no CEMIT de Chapela realizarase a segunda especialidade do obradoiro, onde os alumnos e alumnas recibirán formación para o deseño de produtos e servizos turísticos así coma para o deseño e realización de produtos gráficos para a dinamización turística e cultural local.

Coma explicou Bravo Bosch, esta iniciativa terá unha duración de seis meses e durante este tempo os alumnos e alumnas alternarán a formación co traballo ou a práctica profesional. Así, preténdese conseguir aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional para que as persoas desempregadas “aprendan traballando”.

Formación e emprego para 141 persoas
Na área territorial de Vigo, a Xunta porá en marcha nos vindeiros días, ademais do de Mos, os obradoiros de O Porriño, con 19 alumnos e 170.000 euros para as especialidades de electromecánica de mantemento, animación sociocultural e limpeza de inmobles; Redondela, tamén para 19 alumnos e cun orzamento de 170.000 euros, nas especialidades de xardinería e deseño gráfico. Cangas, onde se investirán preto de 187.000 euros para formar e ofrecer un posto de traballo a 21 persoas desempregadas nas especialidades de atención sociosanitaria a persoas no domicilio e instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes.

De xeito mancomunado, comezarán os seguintes obradoiros que se levarán a cabo entre varios concellos:
– Mancomunidade de concellos do Val Miñor (Nigrán, Gondomar e Baiona), no que se investirán 205.000 euros para formar e ofrecer un posto de traballo a 23 persoas nas especialidades de cociña, camareiro de restaurante e bar, e limpeza de inmobles.
– Na comarca do Condado, concedeuse o obradoiro para os concellos de As Neves e Salvaterra do Miño, cun investimento de preto de 180.000 euros e no que participarán 20 alumnos na especialidade de traballos forestais.
– Aos concellos de A Lama, Pontecaldelas e Fornelos concedéuselle un obradoiro cun investimento tamén de preto dos 180.000 euros para 20 alumnos e alumnas.

Polo tanto, na área de influencia desenvolveranse un total de sete obradoiros de emprego que contarán cun orzamento superior aos 1,2 millóns de euros para beneficiar a 141 persoas desempregadas.

Deste xeito, a delegada rematou lembrando que estas iniciativas “abren un importante espazo de colaboración cos concellos” no marco da aposta da Xunta pola eficiencia e optimización de recursos, co obxectivo de “orientar adecuadamente os esforzos”. Ademais de estar están vinculados á realización de obras e servizos de interese para a comunidade.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: