Concello de Vigo
O Concello reclama a Fomento a cesión da Avenida de Madrid con fondos para o seu arranxo![]() O Pleno da Corporación deste luns deu luz verde á moción presentada polo grupo socialista solicitando ao Ministerio a transferencia da titularidade da avenida, coa súa correspondente partida económica para proceder á súa reforma. O Pleno tamén acordou pedir a Fomento a limpeza nos taludes e zonas limítrofes ao trazado ferroviario. |
A Corporación insta á Xunta a que informe do novo concerto asinado con POVISA![]() Unha moción de urxencia reclama á Xunta de Galicia que «faga públicos os termos do novo concerto con POVISA», que «custará 75 millóns de euros», segundo indica o texto. A Corporación, tras o caso do San Francisco, tamén demanda do goberno autonómico unha fórmula para que os dependentes reciban asistencia «no seu contorno, no centro máis cercano e habitual». |
O Pleno aproba por unanimidade poñer en funcionamento a piscina do complexo da ETEA![]() Todos os grupos respaldaron esta mañá unha moción do PP na que solicitaba a apertura da piscina municipal do complexo polideportivo de Teis. O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, avanzou que xa se está a traballar no concurso público para adxudicar a xestión do recinto. |