BENESTAR FINANCIA CON 440.000 EUROS UN PROGRAMA DE ANIMACIÓN 3D DA FUNDACIÓN AVERHÓ PARA 75 PERSOAS CON DISCAPACIDADE

coropinheiro_convenio_005 A secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, participou hoxe na sinatura dun convenio de colaboración entre a Fundación Averhó e o Clúster Audiovisual Galego
 O departamento autonómico incremento en 2014 nun 8% o orzamento dos programas de emprego para discapacidade, ata os 17,4 millóns de euros
 De feito, só á subvención de 2.000 traballadores dos 114 centros especiais de emprego que hai en Galicia dedícanse 7,5 millóns
 Ademais, o pasado mes de xuño publicouse unha orde de axudas dotada con máis dun 1,1 millóns de euros dirixida a incentivar a contratación de persoas con discapacidade na empresa ordinaria

A Coruña, 30 de setembro de 2014.- A Consellería de Traballo e Benestar está a financiar desde 2010 un programa formativo de alta especialización en animación 3D desenvolto por persoas con discapacidade da Fundación Averhó. O departamento autonómico destinou a este fin, ata o momento, 440.000 euros que beneficiaron a 75 alumnos.

A secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, participou hoxe na sinatura dun convenio de colaboración entre a Fundación Averhó e o Clúster Audiovisual Galego sobre formación de excelencia para o emprego e a integración de colectivos desfavorecidos. Na súa intervención, Piñeiro indicou que a entidades se ten convertido “nun referente de creatividade e calidade no ámbito da animación”.

Piñeiro explicou que a característica fundamental deste proxecto é “o seu firme compromiso pola superación de barreiras e limitacións” a través dunha “aposta en positivo que demostra que as persoas con discapacidade só necesitan confianza e a oportunidade de mostrar as súas capacidades”. Unha aposta que é responsabilidade de toda a sociedade: as administracións públicas, as institucións privadas, as empresas e as persoas individuais.

Nesta liña, a Consellería de Traballo e Benestar está a levar a cavo diferentes políticas como a formación orientada á inserción laboral tendo en conta as principais necesidades das empresas. Neste sentido, Piñeiro referiuse á colaboración directa que Averhó desenvolve con importantes empresas que operan en Galicia, ás que se unen as que conforman o Clúster Audiovisual, de preto de 40 empresas galegas punteiras no sector.

Trátase ademais dun proxecto destinado a brindar apoio, crear oportunidades e favorecer a inclusión dos colectivos máis vulnerables. Coro Piñeiro sinalou que o emprego constitúe “un piar fundamental nas políticas sociais”. Neste sentido, o departamento autonómico incremento en 2014 nun 8% o orzamento dos programas de emprego para discapacidade, ata os 17,4 millóns de euros. De feito, so a subvención de 2.000 traballadores dos 114 centros especiais de emprego que hai en Galicia dedícanse 7,5 millóns.

Ademais, o pasado mes de xuño publicouse unha orde de axudas dotada con máis dun 1,1 millóns de euros dirixida a incentivar a contratación de persoas con discapacidade na empresa ordinaria.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: