MEDIO AMBIENTE REMATA A CONSTRUCIÓN DE 13 NOVOS PUNTOS DE CONEXIÓN COA EDAR DE GUILLAREI, EN TUI, MELLORANDO O SISTEMA DE SANEAMENTO DESTE CONCELLO

Tui1

As obras proxectadas centráronse na realización de novas conexións dos núcleos de Baldráns, Caldelas, Paramos, Randufe, Rebordáns e Tui, coa rede xeral de saneamento de Tui
 As actuacións permitirán que as augas residuais dos novos núcleos conectados sexan tratadas na estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Guillarei
 Estas conexións beneficiarán a unha poboación de preto de 5.400 habitantes deste municipio pontevedrés
 As obras están enmarcadas nun proxecto para a mellora do sistema de colectores do Louro e para o que se leva investido un orzamento de preto de 14 millóns de euros por parte da Xunta de Galicia

Tui (Pontevedra), 30 de setembro de 2014.- Augas de Galicia vén de rematar a construción de 13 novos puntos de conexión coa estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Guillarei, que se entregarán o vindeiro xoves ao Concello de Tui. O director de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, supervisou hoxe as novas conexións ás redes xerais e secundarias de saneamento neste concello pontevedrés.

A Consellería de Medio Ambiente, a través de Augas de Galicia, realiza unha achega económica de máis de 631.000 euros para a execución destes traballos hidráulicos. As actuacións están enmarcadas na mellora do sistema de colectores do Louro e para o que se leva investido un orzamento de preto de 14 millóns de euros por parte da Xunta de Galicia. Estas obras permiten estender a un maior número de usuarios o servizo de saneamento dos concellos do Porriño, Salceda de Caselas, Mos e Tui.

As obras rematadas centráronse na realización de 13 novas conexións das redes dos núcleos de Baldráns, Caldelas, Paramos, Randufe, Rebordáns e Tui, coa rede xeral de saneamento de Tui. Cada unha delas terá unha lonxitude que oscila entre 50 e 300 metros. Proxéctanse ademais 3 bombeos con dúas bombas cada un (en Rebordáns, no Atrio e no Regueiro).

Estas actuacións permitirán que as augas residuais dos novos núcleos conectados sexan tratadas na estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Guillarei. En total, a actuación beneficiará a unha poboación de preto de 5.400 habitantes deste municipio pontevedrés.

Nas parroquias de Areas, Baldráns, Caldelas, Paramos, Randufe, Rebordáns e Tui o saneamento é deficiente, resolvéndose ata agora o problema na maior parte dos casos mediante fosas sépticas de índole particular. Neste senso, os traballos proxectados mellorarán esta situación, proporcionando un sistema de saneamento máis adecuado ás necesidades da poboación.

EDAR de Guillarei
A Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Guillarei ten capacidade para depurar as augas de preto de 132.300 habitantes e pode tratar ata 2.326 m³/hora. A rede de colectores ten 83 quilómetros de lonxitude que se complementan con dous bombeos de elevación.

A esta rede principal conéctanse tamén as redes secundarias dos concellos do Louro. Nesta rede secundaria a Xunta leva mobilizados 14 millóns de euros nun total de 25 actuacións e ten previsto investir neste sistema outros 7 millóns de euros no 2015 en colaboración coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: