A XUNTA SEGUE A INCREMENTAR AS PRAZAS PÚBLICAS DE MAIORES QUE ACADARÁN A FINAIS DESTE ANO UN 50% MÁIS DAS QUE HABÍA EN 2009

 As conselleiras de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e de Sanidade, Rocío Mosquera, participaron hoxe en Santiago na celebración do Día do Maior
 Mato destacou os avances realizados polo Goberno galego en materia de envellecemento activo, prevención da dependencia, mellora de servizos e coordinación sociosanitaria
 Mosquera resaltou que a estratexia do Sergas aposta por unha atención integral dos colectivos específicos que necesitan unha atención diferenciada como o das persoas maiores

Santiago, 1 de outubro de 2014.- O Goberno galego reiterou hoxe a súa aposta polas políticas dirixidas a mellorar a calidade de vida das persoas maiores centradas en actuacións destinadas ao envellecemento activo, a prevención da dependencia, a mellora dos servizos e a coordinación sociosanitaria. Así o destacaron hoxe as conselleiras de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e de Sanidade, Rocío Mosquera, na celebración do Día do Maior da Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos que tivo lugar en Santiago.

Por unha banda, e con respecto á mellora dos servizos de calidade, Mato indicou que nos últimos cinco anos a Xunta puxo en marcha preto de 3.000 prazas públicas en residencias, centros de día e centros de alzhéimer e avanzou que antes de que remate este ano crearanse outras 170 novas prazas públicas, o que suporá que haberá un incremento de prazas do 50 por cento con respecto ás que había en 2009.

Ademais, Mato indicou que a Xunta está a levar a cabo un proceso de renovación da atención social, apostando por o modelo de carteiras co que asegurou que “se ampliará, diversificará e especializarán os servizos sociais de Galicia confeccionando un traxe a medida das necesidades específicas de cada usuario”.

Galicia, rexión de referencia
Con respecto ás medidas destinadas ao envellecemento activo, a titular de Benestar lembrou que a Comisión Europea nomeou a Galicia o ano pasado como Rexión de Referencia do Envellecemento Activo polos avances acadados nesta materia entre os que destacou os sistemas avanzados en teleprevención postos en marcha pola Xunta, como son o sistema MiAvizor. Neste eido do envellecemento activo, Mato fixo especial fincapé na importancia dos programas de educación senior e, neste ámbito, indicou que a Consellería leva apoiando desde 2009 medidas encamiñadas a acadar este obxectivo a través do Plan de Maiores, xa que asegurou que “a educación sénior fomenta as relacións e a solidariedade interxeracional”. En global, desde 2009, a Consellería de Traballo e Benestar ten destinado 155.000 euros a apoiar as actuacións que desenvolve a Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos (Ategal).

En canto ás iniciativas levadas a cabo para previr a dependencia, Mato resaltou que a Xunta puxo en marcha por primeira vez o pasado ano unha Estratexia para a Prevención da Dependencia, unha folla de ruta ata o ano 2020 que contén 400 medidas para “consolidar o enfoque preventivo en todas as políticas sociais de Galicia”.

Por último, a conselleira de Benestar fixo fincapé na mellora da coordinación sociosanitaria para ofrecer mellores servizos aos maiores lembrando que existe un Plan Marco de Atención Sociosanitaria que clasifica en cinco perfís diferentes a poboación á que vai dirixido (as persoas maiores enfermas; con discapacidade física e dependencia funcional elevada; con discapacidade asociada a enfermidade mental; persoas con discapacidade intelectual; e as persoas en coidados paliativos). Tamén fixo referencia á Estratexia de Cronicidade coa que se pretende actuar contra estas enfermidades que son as que máis limitan a calidade de vida dos maiores.

Atención específica aos maiores
Pola súa parte, na súa intervención, a conselleira de Sanidade destacou que o seu departamento ten o reto de afrontar as consecuencias que o envellecemento da poboación galega ten na asistencia sanitaria, así como o incremento que supón a cronicidade das patoloxías que padecen as persoas maiores, e as repercusións na súa calidade de vida e na do seu entorno familiar.

Na estratexia do Sergas queremos prestar, -dixo a conselleira-, unha atención integral dirixida a colectivos específicos que necesitan unha atención diferenciada, como é o caso das persoas maiores. A visión bio-psico-social permite que teñamos unha realidade integral das necesidades do maior e nesa liña tentamos ofrecer a máxima eficacia dos recursos de que dispoñemos, -remarcou Rocío Mosquera-.

Tal e como subliñou a titular da carteira sanitaria do Executivo galego, impulsar no sistema sanitario a sensibilidade necesaria ante as necesidades que este grupo de poboación precisa, supón un cambio na mentalidade da organización cunha visión integral, e na distribución do traballo interdisciplinar dos profesionais sanitarios e sociais involucrados na súa atención. O obxectivo marcado por Sanidade é mellorar a saúde e a calidade de vida dos maiores respondendo ás súas necesidades mediante dispositivos asistenciais e plans específicos. Así, Rocío Mosquera destacou que o seu departamento e a Consellería de Traballo están a levar a cabo iniciativas que permitirán dar a mellor atención no lugar máis axeitado para os maiores, por iso reiterou a importancia que supón seguir a traballar coordinamente ámbalas dúas consellerías.

Rocío Mosquera destacou, tamén, que a través da Escola de Maiores, dentro das actividades da Escola Galega para Cidadáns da Consellería de Sanidade, están programados 72 talleres para impartir en centros sociocomunitarios, para o presente ano, centrados en temas como a alimentación, a hixiene e prevención de úlceras, o exercicio e o ocio, o uso seguro de medicamentos, a musicoterapia e recuperación de cancións populares, a comunicación efectiva e a prevención de conflictos, o uso de internet, talleres de memoria ou recursos sociosanitarios. Nos seis primeiros meses do ano xa se formaron grazas a esta iniciativa un total de 866 alumnos.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: