ABANCA impulsará a Escola de Negocios AFUNDACIÓN para darlle o máximo nivel nacional e internacional
Miguel Ángel Escotet: “Hai que imprimir nas conciencias o sentido da ética e a estética na toma de decisións”
30.09.2014. O director xeral de Responsabilidade Social Corporativa e Comunicación de ABANCA, Miguel Ángel Escotet, participou este mediodía en Vigo nun almorzo-coloquio coa xunta directiva do Círculo de Empresarios de Galicia. Durante o tres horas que durou o encontro, Miguel Ángel Escotet explicou aos empresarios asistentes algunhas das claves da política de Responsabilidade Social Corporativa de ABANCA e os plans da entidade para AFUNDACIÓN e a súa Escola de Negocios.
Con relación á Escola de Negocios, o que fora decano da Universidade de Texas mostrou o seu compromiso por darlle un perfil de máximo nivel nacional e internacional e avanzou algunhas ideas para conseguir que a Escola de Negocios se sitúe entre as de máis prestixio.