Concello de Vigo


Caballero rubrica con Pedrosa o convenio de ampliación do Parque Tecnolóxico e Loxístico

Trátase dun acordo “da maior importancia para Citroën”, que poderá ter aos seus proveedores preto, nos terreos da futura ampliación do PTL de Valladares, conveniado este mércores polo Concello e a Zona Franca. O acordo inclúe crear un espazo de co-working e a venda do edificio municipal de Areal para crear o Centro de Innovación Gastronómica de Galicia.

 


Abel Caballero reclama partidas no orzamento estatal para a Avenida de Madrid e a estación de tren

Tras a publicación dos orzamentos xerais do Estado para 2015, o alcalde asegurou ver “lagoas que me preocupan” nas partidas para Vigo, xa que non figuran o proxecto de Mayne para a estación de Urzáiz, o paseo de Samil, a nova Tesourería da Seguridade Social nin a reforma da Avenida de Madrid. Caballero denuncia ademais unha nova reducción da achega estatal para o MARCO.

 


O Concello coopera na organización da IX edición do Concurso de Tapas VigoVello

Entre o 3 de outubro e 2 de novembro 35 locais do Casco Vello formarán parte da IX edición do Concurso de tapas VigoVello. O alcalde felicitou es a mañá aos organizadores durante a presentación en rolda de prensa desta iniciativa xa consolidada na cidade.

 


O alcalde sinala que Vigo en Xogo é “referente imprescindible” no deporte da cidade

Caballero subliñou que case 3.000 xogadores de 228 equipos competirán esta tempada 2014/15 nalgunha das modalidades deportivas desta nova edición de Vigo en Xogo: fútbol 7, fútbol sala e baloncesto. O rexedor amosou o seu “recoñecemento” á organización e participantes polo seu “esforzo e entusiasmo” ao longo de todo o ano.

 


Programa de actividades da Casa das Mulleres e Centro de Documentación Feminista de setembro/decembro

A Concellería de Igualdade pon en marcha unha nova programación para o Centro de Documentación Feminista e Casa das Mulleres que se realizarán durante o período de setembro a decembro de 2014.

 


Exposición do XIX Maratón Fotográfico de Vigo

A Casa das Artes acolle ata o 12 de outubro a exposición das obras do XIX Maratón Fotográfico de Vigo que se celebrou, dentro da programación das Festas de Veran os pasados días 2 e 3 de Agosto.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: