Archivo | octubre 1, 2014

MATO DEFENDE A NECESIDADE DE VINCULAR A FORMACIÓN ÁS NECESIDADES DO MERCADO LABORAL E AOS XACEMENTOS DE EMPREGO

 A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, participou hoxe nunha mesa redonda sobre políticas para o emprego organizadas polo IE Business School
 O Goberno galego está a dar un pulo á certificación profesional, o que permitiu acreditar a preto de 38.000 traballadores desde 2009
 Esta certificación estase a desenvolver a través de dúas vías: os cursos de formación homologados e acreditados; e o recoñecemento da experiencia profesional

Madrid, 30 de setembro de 2014.- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, defendeu hoxe a necesidade de vincular a formación ás necesidades do mercado laboral e, máis en concreto, aos “xacementos de emprego que existen, non só a nivel autonómico, senón tamén a nivel comarcal e local”.

Así o destacou hoxe durante a súa participación en Madrid nunha mesa redonda sobre políticas para o emprego, organizada polo IE Business School e presidida pola ministra de Emprego, Fátima Báñez, onde Galicia foi invitada por ser das mellores comunidades na aplicación de políticas activas de emprego.

Neste sentido, é preciso destacar que desde hai un ano unha parte dos fondos de emprego distribúense tendo en conta o cumprimento dos obxectivos. Isto permitiu que, grazas a esforzo de xestión do Goberno autonómico, Galicia reciba este ano un 0,3 por cento máis que a media nacional trala aplicación deste criterio.

Á hora de vincular a formación ao mercado laboral, Mato puxo como exemplo a atención sociosanitaria a persoas dependentes que, ademais, permite aproveitar a “sinerxia derivada de unir nun mesmo departamento as competencias de emprego e benestar”. Estes programas formativos están chegando a un 70 por cento de inserción no caso dos obradoiros de emprego.

Por outra banda, destacou tamén a experiencia formativa que se está desenvolvendo con preto de 600 desempregados do naval de Vigo e Ferrol. O obxectivo é capacitar aos traballadores para que dean respostas ás necesidades derivadas da alianza estratéxica da Xunta con Pemex.

Estes cursos permitirán aos seus participantes recibir a homologación internacional necesaria para traballar coas estaleiros e as empresas auxiliares do naval. Estas actividades estanse realizando en colaboración coa patronal do sector de metal de Galicia (ASIME), co fin de poder coñecer “de primeira man” as necesidades das empresas”.

Certificación profesional
Unha das principais apostas do departamento autonómico é tamén a certificación profesional. Desde 2009, a Consellería ten expedido preto de 38.000 certificados de profesionalidade a outros tanto traballadores galegos. En concreto, esta acreditación desenvolveuse a través de dúas vías fundamentais: os cursos de formación vinculados a certificados; e o proceso de recoñecemento da experiencia profesional.

No que se refire aos cursos de formación, recordou que en 2009 só o 45% das actividades formativas estaban vinculadas a un certificado de profesionalidade. En 2012, conseguiuse aumentar esa cifra ata o 65%, situando a Galicia “á cabeza de todas as autonomías”. Actualmente, practicamente o 100 por cen dos cursos financiados pola Xunta son certificables.En total, desde 2009, expedíronse case 34.000 certificados a través desta vía,

A estes 34.000, hai que sumar os preto de 4.000 que se concederon a través do recoñecemento da experiencia profesional. Ata o momento, Galicia ten convocado seis convocatorias de acreditación da experiencia, desde a primeira que se celebrou en 2011. No que se refire a estes procedementos, Mato citou como referencia dous exemplos distintos para facer valer a súa utilidade: a posibilidade de recoñecer oficios tradicionais, como no caso das redeiras; ou a necesidade de acreditar aos colectivos que o precisan, como o caso dos socorristas, que deberán contar cun certificado antes de 2017 para poder seguir exercendo.

Na súa intervención, a conselleira apostou tamén polo diálogo. Ao respecto, apuntou que “é esencial que as liñas principais da actividade formativa estean pactadas cos axentes sociais”. De feito, ese foi un dos primeiros acordos do diálogo social en 2010. E tamén é a liña de traballo que se está seguindo agora para consensuar a implantación en Galicia do programa YEI (Youth Employment Initiative), financiado con fondos europeos.

En definitiva, e xa para rematar, concluíu que o Goberno galego seguirá traballando para ofrecer “aos traballadores, e especialmente aos desempregados, as máximas oportunidades de acceder ao mercado laboral”.

Concello do Porriño

homenaje pi

EL CONCELLO SE SUMÓ AL EMOTIVO HOMENAJE QUE EL PORRIÑO INDUSTRIAL F.C RINDIÓ A JOSÉ MÁRQUEZ Y “RUBIO”

El presidente, Esteban Cidanes, agradeció públicamente y por sorpresa la dedicación y aportación al club, del actual secretario y delegado Márquez, y del masajista “Rubio” durante más de 30 años

El alcalde de Porriño, Nelson Santos, dedicó unas sentidas palabras de agradecimiento a ambos y quiso ensalzar su aporte al club durante estos más de 30 años

Posteriormente, se celebró el Trofeo Festas do Cristo- JJ Gradín 3×1, que se adjudicaría finalmente el equipo local.

37 HOSTELEROS DE PORRIÑO PARTICIPAN EN LA XXI FESTA DOS CALLOS
IMG_2050
La vigésimo primera edición de la Festa dos Callos, enmarcada dentro de la programación de las Fiestas del Cristo 2014,  se celebrará en nuestra localidad el próximo domingo 5 de Octubre

El acto contó Adrián Díaz, afamado reportero del programa culinario “Larpeiros” de la TVG, acompañado por el alcalde Nelson Santos, el concejal de comercio, Marcelino Coto; el concejal de festejos, M. Alejandro Lorenzo; el presidente de la asociación de hosteleros de Porriño AHOSPOR, J. Manuel Fernández, y Noelia Conde, gerente de Acipor

Los encargados de la elaboración de este producto tienen previsto el reparto de unas 10.000 raciones.

BRIAN CROSS ACTUARÁ EN PORRIÑO EL PRÓXIMO VIERNES

El afamado dj y productor musical ofrecerá una sesión en la céntrica avenida Domingo Bueno a partir de la 1:00 horas . Ya se pueden consultar esta y otras noticias en la web www.concellodoporrino.net