RAVO BOSCH PON EN VALOR O TRABALLO DA ASOCIACIÓN SÍNDROME DE TURNER GALICIA POR DIVULGAR E DAR A COÑECER ESTE TRASTORNO XENÉTICO QUE AFECTA SOAMENTE A MULLERES

20141001084227__MG_1836_1A delegada territorial da Xunta en Vigo mantivo un encontro coa súa presidenta e vicepresidenta, Marta Muñoz e Elena Vaz, respectivamente.
 O colectivo, recentemente constituído, pretende poñer en contacto a familias galegas que conten con casos de síndrome de Turner para ofrecer información, apoio e compartir experiencias.
 O síndrome Turner é unha alteración xenética causada pola perdida total ou parcial do segundo cromosoma X que afecta, aproximadamente, a unha de cada 2.500 nenas.

Vigo, 01 de outubro de 2014.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, mantivo esta mañá un encontro coas responsables da Asociación Síndrome de Turner Galicia, alteración xenética que afecta soamente a mulleres e que está causada pola perdida total ou parcial do segundo cromosoma X.

Durante o encontro, a súa presidenta, Marta Muñoz, e a vicepresidenta, Elena Vaz, presentaron a Bravo Bosch os fins e obxectivos que pretenden co seu colectivo, recentemente constituído e que busca poñer en contacto a familias galegas que conten con casos de síndrome de Turner para ofrecer información, apoio e compartir experiencias.

A delegada, nesta primeira toma de contacto, puxo en valor o traballo e dedicación desta asociación, que xurdiu no ámbito do Colexio Amor de Dios de Vigo, por darse a coñecer e divulgar os efectos e consecuencias das mulleres afectadas por este trastorno xenético pero, sobre todo, por dar cobertura ás familias e ser portavoces das nenas e mulleres que teñen este síndrome que polo de agora é moi pouco coñecido.

Bravo Bosch trasladoulle así todo o seu apoio ademais de lembrar que, no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi), concretamente na EOXI de Vigo, estes pacientes son tratados, segundo a súa patoloxía, nos servizos clínicos correspondentes, fundamentalmente Pediatría e Endocrinoloxía.

Este tipo de alteración afecta aproximadamente a unha de cada 2.500 nenas nacidas e se estima que, en España, nacen ao redor de 60 nenas ao ano con este trastorno. As mulleres afectadas polo Síndrome Turner contan con alteracións clínicas como baixa talla (90%) ou fallos ováricos (80%). Tamén se poden dar problemas cardiovasculares, alteracións nefrolóxicas, problemas auditivos e visuais ou alteracións hormonais cunha alta incidencia de hipertiroidismo.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: