SINSAL SON ESTRELLA GALICIA // SINSAL 12 ARRANCA NA UNIVERSIDADE DE VIGO

FESTIVAL SINSAL COMEZA NUNHA CÁMARA ANECOICA

unnamed

Este venres arranca a programación de outono do Festival Sinsal coa presentación dun ciclo único que vai convocar nos vindeiros meses a tres bandas no interior dunha sala semianecoica, unha cámara especialmente deseñada para que as paredes, o teito e o chan absorban todas as ondas sonoras, de xeito que non se produza ningún tipo de reverberación. Chega a Vigo o Festival Sinsal 12.

O ciclo terá lugar na única cámara semianecoica de Vigo situada na EE Telecomunicación grazas ao patrocinio do Concello de Vigo e á colaboración do Museo Marco de Vigo, AtlanTIC e a propia EE Telecomunicación da Universidade de Vigo.

Nos próximos días anunciaremos a programación do Festival Sinsal 12, os tres concertos na cámara semianecoica e o triple concerto que terá lugar en diferentes localizacións de Vigo o 6 de decembro. A primeira banda en achegarse á sala semianecoica será Best Boy.

 

BEST BOY

Universidade de Vigo

Escola de Enxeñaría de Telecomunicación

Vigo

Venres  3 0utubro, 12.00h

Entrada de balde con invitación.

Formulario para solicitar entradas

 

Best Boy é o nome da banda liderada por Ángel Sánchez  e Lucas Fernández.

Best Boy  é o resultado de meses de traballo e composición, pero de anos de acumulación de experiencias e vivencias. Desde proxectos musicais case improvisados  acumulando quilómetros de furgoneta, ata performances de madrugada acompañando as sesións de DJs de moda;  sen esquecer as interminables jams nas que a versatilidade e a soltura en escena son necesarias aliadas.

Best Boy  aglutina e mostra, ademais, diferentes visións do mundo que nos toca vivir, sempre con unha actitude calmada e visto desde o prisma da madurez. Esta “experiencia” non só se fai patente nas cancións, se non que se transmite inevitablemente cara cualquera forma de manifestación da banda…  Best Boy é blue grass, funk, soul e rock sureño sen esquecer o pop e o jazz.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: