A MAIOR OFERTA DE PRODUTOS ECOLÓXICOS DA CIDADE 4 DE OUTUBRO 2014

CARTEL FEIRA OUTUBRO 2014

“Feira de produtos ecolóxicos e artesanais de Vigo”

A MAIOR OFERTA DE PRODUTOS ECOLÓXICOS DA CIDADE
4 DE OUTUBRO 2014

Mañá celébrase a 6ª edición de Feira no Barrio Alto do Casco Vello de Vigo e
afiánzase coma o espazo onde atopar a maior oferta de produtos ecolóxicos da
cidade. Nesta edición ampliamos o seu horario, de 11:00 a 19:00, permitindo que
os vigueses se acheguen ao longo de todo o día para mercar produtos da mellor
calidade.
Contaremos con postos de verduras e froitas ecolóxicas, meles, queixos, pan,
empanadas e doces ecolóxicos,… e unha morea de produtos de calidade que darán
a posibilidade de que os cidadáns enchan a súa cesta da compra da forma máis
sostible e sabrosa. Xunto cos produtos ecolóxicos, coma sempre haberá lugar para
a artesanía: xoiería, xabóns e cremas artesanais, artesanía textil,… unha oferta que
complementa á perfección o espírito de Feira. A todo isto hai que sumar os
descontos que nalgunhas tendas ofrecerán ao longo de todo o día con motivo da
celebración do mercado.
Os comerciantes e veciños do Barrio Alto do Casco Vello, o “barrio verde” da
cidade, continúan implicándose coa Feira ofrecendo diferentes actividades que se
realizarán ao longo do día nos diferentes espacios.
OBRADOIROS CON INSCRICIÓN PREVIA
No Espacio Nido de 10:00h a 14:00h realizarase un obradoiro de croché de
diferentes niveis e un intercambio de libros usados. Na Tenda do avó a partir das
18:00h haberá un taller gratuíto de decoración de galletas para adultos, impartido
por Araceli de Santiago e en Matina, durante a tarde, un obradoiro de pan
ecolóxico impartido por Panadería Divina mostrará como facer delicioso e
saudable pan con masa nai. Para asistir a todos estes obradoiros é preciso facer
prescrición previa.
DEGUSTACIÓNS

Ao longo do día daranse a degustar diferentes produtos ecolóxicos. No posto que
Matina terá na Feira, poderase probar exquisita marmelada, pan e queixo
ecolóxicos e no da Cooperativa Aldea ofrecerannos marmelada de pemento e té
Chai. Xa na Horta de Abeleira, entre as 12:00h e as 13:00h poderá catarse o
mellor queixo e embutido ecolóxico.
SESIÓN VERMÚ MUSICAL
A partir das 13:30h coincidindo coa hora do vermú chega o momento máis festivo
de Feira, cunha sesión moi especial a cargo do dj I.R.M._Sinsalaudio. Versatil e
difícil de etiquetar, as súas sesións abarcan Ambient, I.D.M., Dub, Elektro, MicroHouse
e
Minimal
elegante,
Cosmic
Disco,
New
Wave
e
Emo-Techno,
embebido
todo

en
atmosferas
pop
e
guiños
á
música
electrónica
e
de
baile
do
pasado.
ACTIVIDADES FEIRA 8 DE OUTUBRO 2014

10:00h a 14:00h Obradoiro de ganchillo, niveis iniciación e avanzado.
Inscrición previa en espacionido@gmail.com. Custo 35€. En Espacio Nido.
10:00h a 14:00h Xornada de intercambio de libros usados. En Espacio Nido.
10:00h a 14:00h Degustación de marmelada, pan e queixo ecolóxicos. Carpas
de Feira no posto de Matina.
10:00h a 19:00h Degustación de marmelada de pemento e té Chai. Carpas de
FEIRA no posto da Cooperativa Aldea.
12:00h a 13:00h Degustación de queixo e embutido ecolóxico. En A horta de
Abeleira.
13:00h Sesión vermú con dj I.R.M._Sinsalaudio. Carpas de FEIRA.
17:00h a 19:00h Obradoiro de pan ecolóxico impartido por Panadería Divina.

Información e inscrición previa no 886164875 ou en
ola@matinabazar.com.
Custo 25€. En Matina.
18:00h Taller de decoración de galletas. Información e inscrición previa no
986220275. En A tenda do avó.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: