A RISGA, ou como a “renda de inclusión” nos condena á exclusión social

Alporiza sufrir unha mala lei e unha peor aplicación. Falamos da nova lei da RISGA. Malia que falan dela coma un recurso para facilitar a inclusión social das persoas e colectivos máis empobrecidos o que atopamos nela é unha DESFEITA.

En Vigo a propia Xunta recoñece que non se concede unha nova RISGA ata que non teñan unha baixa. Deste xeito moreas de expedientes fican enriba das mesas agardando por unhas partidas moi limitadas e a todas luces insuficientes.

E todo isto provoca, como xa denunciamos en moitas ocasións: amplos prazos de resolución, máis burocracia, requisitos cada día máis rigorosos…

Se botamos unha ollada a toda Galiza, atopamos que na Coruña os problemas son aínda máis graves con expedientes sen resolver desde hai un ano, mentres que na delegación provincial de Lugo a tramitación vai algo máis fluída que no resto de provincias.

Por todo isto volvemos a dicir que fronte a unha RISGA subsidiaria e restritiva, familiar e condicionada, propoñemos a Renda Básica das iguais (RBis) que ten carácter universal, persoal e incondicional. A RBis é suficiente e digna; a RISGA, escasa e miserable. Finalmente, a RBis é un instrumento máis a prol da xustiza e redistribución da riqueza, mentres a RISGA supón un instrumento de fiscalización, exclusión e perpetuación da esmola asistencial.

Estamos cansas de políticas de miseria. Cansas da esmola como única resposta.

Queremos xustiza social, non caridade!

Renda Básica das iguais e moito máis!

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: