ABANCA lanza unha hipoteca sen comisións que permite aprazar dous anos as cotas

O préstamo, a un tipo de xuro dende Euribor + 1,75%, é dos máis competitivos do mercado

  • O banco concedeu o 42% das hipotecas en Galicia en xullo

3.10.2014. ABANCA iniciará este mes a comercialización da súa nova hipoteca, un préstamo flexible e cunhas condicións moi vantaxosas, pensado para axudar as familias a afrontar a adquisición dunha vivenda no actual ámbito económico.

A hipoteca carece de comisións e permite ao cliente solicitar o aprazamento do pagamento de cotas (amortización de capital + xuros) ata dous anos. O aprazamento poderá solicitarse dúas veces a partir do quinto ano do contrato. Como máximo, o cliente poderá acumular 24 meses de aprazamento nos pagamentos.

Outra das vantaxes do novo préstamo hipotecario de ABANCA é o prezo, que se posiciona entre os máis competitivos do mercado. Despois do primeiro ano, o cliente pode rebaixar ata un punto porcentual o tipo de xuro en función dos seus ingresos e dunha mínima vinculación coa entidade, e aboar Euribor 1 ano +1,75%. Uns ingresos recorrentes superiores a 600 euros mensuais e a contratación dun seguro de fogar xa permiten obter unha bonificación no diferencial de -0,60%.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: