O INDICADOR DE CONFIANZA DOS FOGARES GALEGOS MELLOROU CASE 11 PUNTOS NO ÚLTIMO ANO

 As familias galegas prevén tanto unha melloría da situación económica de Galicia como das perspectivas de evolución do desemprego
 O número de fogares que chegan con dificultade a fin de mes redúcese por segundo trimestre consecutivo

Santiago, 3 de outubro de 2014.- O indicador de confianza dos fogares galegos correspondente ao terceiro trimestre do ano mellorou en case 11 puntos respecto do mesmo período do ano anterior, segundo reflicte a Enquisa Conxuntural a Fogares, que publica hoxe o Instituto Galego de Estatística (IGE).

Este indicador mide as perspectivas dos consumidores e dos fogares respecto das súas expectativas de gasto e aforro, así como a percepción sobre a súa situación financeira persoal e sobre a situación económica de Galicia.

En canto aos indicadores parciais, a enquisa do IGE indica que as familias galegas prevén unha melloría tanto da situación económica en Galicia como das perspectivas de evolución do desemprego. Así, o indicador reflicte no primeiro caso unha mellora de case 25 puntos no último ano, mentres que a percepción dos fogares no caso do desemprego recolle unha mellora de 22 puntos no mesmo período.

Situación económica
O Instituto estatístico da Administración galega tamén analiza a situación económica dos fogares da Comunidade durante os últimos tres meses.

Os datos correspondentes ao terceiro trimestre deste ano sinalan que o número de fogares que declara chegar con dificultades a fin de mes redúcese por segundo trimestre consecutivo, cunha baixada de máis dun punto respecto ao trimestre anterior.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: