Archivo | octubre 7, 2014

AXENDA SINSALAUDIO // CONTINÚA VELLO, RARO, NOVO CON DORIAN WOOD O XOVES 16 DE OUTUBRO NO MAC

unnamed

VELLO, RARO, NOVO é un ciclo organizado polo Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa e comisariado por Sinsalaudio.

Vello, raro, novo é un ciclo adicado á cultura musical nas súas diferentes proxeccións. Trátase dun programa pioneiro e novedoso que abarca, ademáis da música en directo, o campo do coleccionismo musical como ligazón e conexión entre o museo e a cidadanía. Ao longo de varios meses presentaranse concertos internacionais, charlas e actividades didácticas que indagarán no traballo documental.

A programación de concertos continúa con Dorian Wood o xoves 16 de outubro. O primeiro trimestre do ciclo remata en novembro coa francesa Laetitia Sadier.

DESCARGAR DOSSIER CON INFORMACIÓN COMPLETA

DORIAN WOOD

Museo Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa, A Coruña
Xoves, 16
 de outubro – 21:00

Entrada 10€ en MAC e Discos Portobello



De pais costarriqueños, pero nacido en Los Ángeles, Dorian Wood é como un mago da hipnose, un furacán emocional, un enfrontamento con todos os prexuízos do mundo e sen apartar a mirada.

Educado en conservatorios de música e fogueado nos clubs homosexuais de Los Ángeles, Dorian percorreu o mundo de escenario en escenario e, tras a exitosa xira que lle trouxo o pasado inverno a facer estalar a súa gloria en dez cidades españolas -vini, vidi, vici… Ave Dorian-, regresa ao noso país. Faino despois de crecer en formación -a Leah Harmon, acordeón e coros; Xavi Muñoz, contrabaixo e coros; e Marcos Junquera, batería; únese esta vez o guitarrista Alexander Noice-, discografía -o seu EP Down, the Dirty Roof verá a luz en setembro de 2014- e talento. Porque o seu talento é infinito.

Cunha habilidade única para fusionar xéneros -do pop tenebroso á canción popular búlgara- e evocar artistas da intensidade de Nina SimoneScott Walker ou Antony Hegarty (Antony & The Johnsons), os seus concertos teñen a capacidade de facerte pasar da tensión dramática -uñas cravadas no asento- ao choro, e deste ás miradas cómplices que rematan estalando en gargalladas. E entre medias pasas por un abrazo colectivo no que o público bota abaixo a sala coas súas palmas. Pura terapia emocional. E cun pouco de sorte, ata ti te acabas mergullando no teu interior para destapar algo que non sabías de ti mesmo.

VELLO, RARO, NOVO CONTINÚA NO MAC

Leilía chega a Vigo o venres 17 de outubro co seu útlimo disco ‘ConSentimento’

Leilía volve a Vigo o vindeiro venres día 17 de outubro. Dentro da programación outubro/novembro do Concello, enmárcase este concerto de presentación do seu último traballo ‘ConSentimento’. Será ás nove do serán con entradas, xa dispoñibles, a un prezo de 8 euros. “Neste espectáculo o grupo aúna respeto, coherencia e madurez”, indican as súas integrantes. Ademais, as Leilía agardan con agarimo este concerto, xa que “Vigo é una cidade que sempre nos acolleu moi ben”, apuntan.

Así, o vindeiro venres 17, no Auditorio Municipal de Vigo e dentro da programación de outono do Concello de Vigo, o grupo de música tradicional Leilía regresa á cidade olívica para presentar o seu último traballo, ‘ConSentimento’. Fano despois de teren xirado polo Brasil, onde tiveron a oportunidade de “amosar un espectáculo no que as voces foron as protagonistas, acompañadas por instrumentos tradicionais: pandeiretas, tixolas, latas, sachos… cunha fantástica acollida por parte do público e que se convertiu nunha experiencia gratificante para a formación”, afirman as pandeireteiras.

Xa pasaron uns anos dende que Leilía actuou en Vigo a raíz do espectáculo ‘Son de Aquí’, cando xunto con Treixadura e da man de Quico Cadaval fixeran todos xuntos unha”festa” enriba do escenario facendo soar pandeiretas, gaitas, acordeóns e voces. Desta volta, as cantareiras chegan á cidade para presentar os temas de ‘ConSentimento’, unha homenaxe ás mulleres que fixeron e fan realidade a creación, a conservación e a transmisión da tradición oral galega.

Neste concerto poderemos escoitar melodías e sons rescatados do pasado, “que se retocan con instrumentos de hoxe e que se tecen con palabras actuais, para dar lugar a un espectáculo no que Leilía aúna respecto, coherencia e madurez”, afirman desde o grupo.

Para poder asistir ao dito concerto, as entradas xa están dispoñibles, a un prezo de 8 euros, para a venda online en http://taquilla.servinova.com/ventaentradas/es/otras-musicas/auditorio-municipal-do-concello/4113–consentimento-leilia.html así como a través do teléfono 902504500 ou ben na Central de Espectáculos (rúa Velázquez Moreno, 26, Vigo). Ademais, poden adquirirse tamén unha hora antes do inicio do espectáculo no mesmo Auditorio Municipal vigués sempre que aínda houbera entradas.

Tal e como apuntan as cantareiras, “Vigo é una cidade que sempre nos acolleu moi ben”. Foron numerosas as actuacións de Leilía nesta cidade, tales como presentación de discos, concertos en espazos abertos como o parque de Castrelos, e en lugares tan emblemáticos e especias como o antes chamado Teatro García Barbón. Esta vez teñen a oportunidade de se estrearen no Auditorio Municipal, “o que para nós é unha honra”, conclúen.

MARTA SOUL PRESENTA LOS ESTEREOTIPOS DE LA MUJER TRABAJADORA ESPAÑOLA ACTUAL EN SU NUEVA EXPOSICIÓN ‘WELLJOB’

unnamed

MARTA SOUL PRESENTA LOS ESTEREOTIPOS DE LA MUJER TRABAJADORA ESPAÑOLA ACTUAL EN SU NUEVA EXPOSICIÓN ‘WELLJOB’

Una muestra en la que la fotógrafa retrata a mujeres en busca de trabajos idílicos en la sociedad española actual

9 imágenes a color que recrean simbólicamente profesiones innovadoras que se acompañan de testimonios reales de candidatos rechazados cuando buscaban empleo

La inauguración de la exposición tendrá lugar el próximo 10 de octubre a las 20.00 horas y contará con la asistencia de la fotógrafa

La exposición permanecerá abierta al público hasta el 23 de noviembre

La Fábrica recibe el nuevo trabajo de la fotógrafa Marta Soul con la exposición Welljob. 9 fotografías a color que retratan a mujeres en busca de trabajos idílicos en el contexto laboral actual de la sociedad española. Un proyecto que no pretende documentar una realidad, sino recrear el sueño de unas personas por alcanzar unos objetivos determinados. Los escenarios de las fotografías, a pesar de estar basados en perfiles profesionales específicos, se plantean a partir de ideales relacionados con la innovación y progreso. La exposición permanecerá abierta al público desde el 10 de octubre al 23 de noviembre.

 

Especialistas Franceses, Interessados na Fortaleza de Valença

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Especialistas Franceses, Interessados na Fortaleza de Valença

A Fortaleza de Valença recebeu a visita de Jacques Taranger, alto conselheiro do Ministério da Defesa Francês e membro da Association Vauban.
Esta visita serviu para preparar a vinda a Valença de um grupo de 40 especialistas mundiais em fortificações abaluartadas entre 21 e 25 de setembro de 2016. Uma visita que servirá para estes especialistas, em fortificações do género da de Valença, poderem conhecer, estudar e avaliar o sistema de arquitetura militar montado nesta cidade.
Jacques Taranger é destacado membro da Association Vauban, entidade que estuda e divulga as fortificações abaluartadas, tipo Vauban e que em França possui já uma rede de fortificações classificadas pela UNESCO.
O despoletar do processo de candidatura da Fortaleza a Património de Interesse Cultural para a Humanidade junto da UNESCO tem atraído, cada vez mais, as atenções de especialistas mundiais das áreas da arqueologia, história, engenharia e arquitetura militar.
O processo de candidatura da Fortaleza apresentado pela Câmara Municipal de Valença fundamenta-se no fato de ser um valor universal excecional, pela grandiosidade e dimensão histórica e arquitetónica das muralhas e do edificado, bem como testemunho histórico de lutas, cumplicidades, trocas de bens, de cultura e de conhecimentos de vários povos ao longo milhares de anos.
Para o Presidente da Câmara Municipal de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, “O interesse de especialistas mundiais em visitar a  Fortaleza de Valença trará novos testemunhos enriquecedores da nossa história e será um aporte ao objetivo de conseguirmos classificar a Fortaleza como Património da Humanidade”.

“Amor Flexible” de Alex Sampayo en Redondela

a3cb83_379d4622f64f4e0488aa5c569a98b548.jpg_srz_p_61_84_75_22_0.50_1.20_0.00_jpg_srz

Redrum Teatro presenta o espectáculo Amor Flexible, con Mela Casal, no Auditorio da Xunqueira de Redondela
O espectáculo está protagonizado pola famosa actriz galega Mela Casal, xunto con Tamara Canosa e Guillermo Carbajo. Está dirixido por Alex Sampayo sobre un texto da súa propia autoría compartida con Borja F. Caamaño, Araceli Gonda, Avelino González e Tamara Canosa.

O vindeiro sábado 11 de outubro o Auditorio da Xunqueira de Redondela acollerá, a partir das 20.00 h, a representación do espectáculo Amor Flexible, da compañía de teatro Redrum.
Producida co apoio da Xunta de Galicia, Amor Flexible é unha comedia de enredo que fala das relacións de parella a través dos sete pecados capitais. Está protagonizada pola veterana actriz Mela Casal, con grande sona polos seus traballos no audiovisual galego, como alcaldesa de Mareas Vivas, a viuva de A vida por diante ou a entrañable Socorrito, do programa Luar. Xunto a ela dous actores novos pero cunha ampla experiencia, Tamara Canosa e Guillermo Carbajo, ambos os dous coñecidos polo gran público por ser os nenos das dúas series de televisión máis míticas da Tvg: Mareas Vivas e Pratos Combinados respectivamente.
A dirección vai a cargo de Alex Sampayo, director tamén coñecido polo seu traballo no eido audiovisual no que ten dirixido series como El Internado ou Padre Casares. Neste momento está percorrendo un gran número de festivais de cine internacionais coa súa ópera prima, Schimbare, unha longametraxe protagonizada por Candela Peña e Luis Zahera que acaba de gañar o premio á mellor película no Festival Internacional de Cine de San Diego.
Amor Flexible é unha comedia escrita por Avelino González, Araceli Gonda, Tamara Canosa, Borja F. Caamaño e Alex Sampayo estreada no mes de marzo no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Dende entón Amor Flexible non deixou de obter aplausos nunha xira que abrangue máis de trinta concellos da nosa xeografía.
Trátase da cuarta produción da compañía Redrum Teatro, unha compañía compostelá fundada no 2009 que xa levou aos escenarios a obra de suspense A Pensión, protagonizada por Rosa Álvarez; o espectáculo infantil Moito Conto e a comedia Curriculum Vitae.
As entradas teñen un custe de 5€ e de 3€ para estudantes e xubilados. Pódense adquirir na billeteira do Auditorio desde dúas horas antes de que comece a representación.

Afundación presenta en Vigo e Pontevedra Una vida robada

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) acollerá a vindeira semana a representación, nos seus centros vigués e pontevedrés, da última estrea dramática protagonizada por Asunción Balaguer e Carlos Álvarez-Nóvoa, Una vida robada. O martes 14 de outubro ás 20.30 h abrirá as súas portas o Centro Cultural de Vigo, e o Centro Social de Pontevedra farao o mércores 15 á mesma hora. As entradas para este espectáculo, para todas aquelas persoas que non adquirisen o abono da tempada, están dispoñibles nas canles habituais da entidade en www.servinova.com ou ben no teléfono 902 504 500.

 

AXENDA SINSALAUDIO // PETER BRODERICK MAÑÁ NO CICLO COMPOSTELA ROCK NA SALA CAPITOL

unnamed

COMPOSTELA ROCK é un ciclo organizado polo Concello de Santiago

PETER BRODERICK

Sala Capitol, Santiago de Compstela

Martes, 7 de outubro – 21:00

Entradas 8€ anticipada / 10€ billeteira

Á venda en A Reixa Tenda, Teatro Principal e www.salacapitol.com

        Peter Broderick empezou na música a tenra idade. Cando aínda estaba na escola aprendeu a tocar varios instrumentos. Máis tarde converteuse en músico de sesión para artistas como M. Ward, Zooey Deschanel e Dolorean, entre outros, para os que tocaba o violín, o banjo ou a mandolina. Foi de xira, ademais, con bandas como Efterklang (durante a promoción de ‘Parades’ en 2007), Horse Feathers e Laura Gibson. A finais dese ano decidiu publicar a súa propia música. Así chegou ‘Docile’, un mini álbum de piano só, e o sete polgadas ‘Retreat/Release’, editado en Type, un dos seus selos de confianza.   

No curto prazo de catro anos espallou multitude de material noutras plataformas como Bella Union, Erased Tapes e Western Vinyl. Estas dúas últimas encargáronse da distribución de ‘Music For Falling From Trees’, un dos seus grandes traballos, sete pezas escritas para acompañar unha obra de danza da coreógrafa londiniense Adrienne Hart. Na súa faceta pop destaca o álbum ‘Home’, así como as súas colaboracións con Nils Frahm (no proxecto Oliveray) e Machinefabriek. 

Chega a Santiago con Float baixo o brazo, o seu último disco publicado no 2013. Peter Broderick é xa unha realidade, un dos grandes expoñentes das escenas neoclásica e folk dos EU na actualidade. 

BASES DO PREMIO DE ENSAIO RAMÓN PIÑEIRO 2014

XIV Premio de Ensaio – Entrega final 14 de noviembre.
Ramón Piñeiro
A E BASES
BASES do XIV Premio de Ensaio Ramón Piñeiro: A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, a través do Centro Ramón Piñeiro para a In vestigación en Humanidades, e a Editorial Galaxia coa, co laboración de Gas Natural Fenosa, convocan o XIV Premio de Ensaio Ramón Piñeiro.
Este premio nace en memoria do escritor e filósofo Ramón Piñeiro, na tradición do pensamento literario e o xénero de ensaio, e acóllese ao espírito que inspirou a traxectoria intelectual da persoa á que se honra, coa intención de impulsar as formas de creación e expresión do pensamento libre e democrático, a precisión e o estilo da lingua galega, o debate e a reflexión arredor dos temas varios do noso tempo.
1. Poderán participar todas as persoas que o de sexen, sempre que os orixinais sexan inéditos e estean escritos en lingua galega.
2. A extensión dos orixinais abranguerá entre 200.000 e 300.000 caracteres, incluídos espazos, aínda que o xurado poderá considerar flexiblemente esta condición, conforme a calidade obxectiva da obra seleccionada. Deberanse presentar cinco copias dos orixinais en formato DIN A4 mecanografados a dobre espazo e por unha soa cara.
3. O tema dos ensaios será libre, mais os traballos deberán evitar, na medida do posible, o enfoque propio da investigación especializada ou un excesivo carácter académico.
4. Os orixinais deberán enviarse por correo certificado, baixo plica, a: Editorial Galaxia, avenida de Madrid, 44, 36204 Vigo, e indicar no sobre XIV Premio de Ensaio Ramón Piñeiro.
5. O prazo para a recepción de orixinais rematará o 14 de novembro do ano 2014 e a decisión do xurado, que terá carácter inapelable, darase a coñecer no transcurso do mes de decembro.
6. Establécese un único premio de 3.000 euros que será outorgado ao ensaio que, en opinión do xurado, posúa maior fondura e orixinalidade e reúna suficientes méritos estilísticos e literarios.
7. Se ningún dos orixinais presentados reunise estes méritos ou o xurado así o considerase, o premio poderase declarar deserto.
8. A contía do premio inclúe os dereitos de autor da primeira edición do texto gañador. A partir da segunda, a explotación comercial do libro premiado xerará o
10 por cento de de reitos sobre o prezo de capa sen IVE, para o autor ou para quen el libremente determine.
9. A Editorial Galaxia publicará e comercializará o libro na súa colección “Ensaio”.
10. As copias dos orixinais non premiados e as súas correspondentes plicas serán destruídas.
11. A interpretación destas bases corresponderalle exclusivamente ao xurado, cuxos membros, en número de cinco, nomearanse de común acordo entre as entidades convocantes.
12. A presentación ao premio supón a conformidade con estas bases por parte dos participantes.
En Santiago de Compostela, 2014

As Xuntas de Accionistas de ABANCA e Banco Etcheverría aproban a fusión das dúas entidades

Junta General Accionistas ABANCA_01

A entidade resultante será o décimo banco español por activos

06.10.2014. As Xuntas Xerais de Accionistas de ABANCA e Banco Etcheverría (BE) deron luz verde hoxe ao nacemento de ABANCA Grupo Banesco, unha entidade que quere ser o banco de referencia do noroeste español. A fusión servirá para racionalizar e simplificar a estrutura societaria e operativa do Grupo Banesco en España. As dúas Xuntas apoiaron a fusión con máis do 90% dos votos. ABANCA Grupo Banesco nace cun capital social de 2.453.657.413€.