AXENDA SINSALAUDIO // CONTINÚA VELLO, RARO, NOVO CON DORIAN WOOD O XOVES 16 DE OUTUBRO NO MAC

unnamed

VELLO, RARO, NOVO é un ciclo organizado polo Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa e comisariado por Sinsalaudio.

Vello, raro, novo é un ciclo adicado á cultura musical nas súas diferentes proxeccións. Trátase dun programa pioneiro e novedoso que abarca, ademáis da música en directo, o campo do coleccionismo musical como ligazón e conexión entre o museo e a cidadanía. Ao longo de varios meses presentaranse concertos internacionais, charlas e actividades didácticas que indagarán no traballo documental.

A programación de concertos continúa con Dorian Wood o xoves 16 de outubro. O primeiro trimestre do ciclo remata en novembro coa francesa Laetitia Sadier.

DESCARGAR DOSSIER CON INFORMACIÓN COMPLETA

DORIAN WOOD

Museo Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa, A Coruña
Xoves, 16
 de outubro – 21:00

Entrada 10€ en MAC e Discos Portobello



De pais costarriqueños, pero nacido en Los Ángeles, Dorian Wood é como un mago da hipnose, un furacán emocional, un enfrontamento con todos os prexuízos do mundo e sen apartar a mirada.

Educado en conservatorios de música e fogueado nos clubs homosexuais de Los Ángeles, Dorian percorreu o mundo de escenario en escenario e, tras a exitosa xira que lle trouxo o pasado inverno a facer estalar a súa gloria en dez cidades españolas -vini, vidi, vici… Ave Dorian-, regresa ao noso país. Faino despois de crecer en formación -a Leah Harmon, acordeón e coros; Xavi Muñoz, contrabaixo e coros; e Marcos Junquera, batería; únese esta vez o guitarrista Alexander Noice-, discografía -o seu EP Down, the Dirty Roof verá a luz en setembro de 2014- e talento. Porque o seu talento é infinito.

Cunha habilidade única para fusionar xéneros -do pop tenebroso á canción popular búlgara- e evocar artistas da intensidade de Nina SimoneScott Walker ou Antony Hegarty (Antony & The Johnsons), os seus concertos teñen a capacidade de facerte pasar da tensión dramática -uñas cravadas no asento- ao choro, e deste ás miradas cómplices que rematan estalando en gargalladas. E entre medias pasas por un abrazo colectivo no que o público bota abaixo a sala coas súas palmas. Pura terapia emocional. E cun pouco de sorte, ata ti te acabas mergullando no teu interior para destapar algo que non sabías de ti mesmo.

VELLO, RARO, NOVO CONTINÚA NO MAC

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: