AXENDA SINSALAUDIO // PETER BRODERICK MAÑÁ NO CICLO COMPOSTELA ROCK NA SALA CAPITOL

unnamed

COMPOSTELA ROCK é un ciclo organizado polo Concello de Santiago

PETER BRODERICK

Sala Capitol, Santiago de Compstela

Martes, 7 de outubro – 21:00

Entradas 8€ anticipada / 10€ billeteira

Á venda en A Reixa Tenda, Teatro Principal e www.salacapitol.com

        Peter Broderick empezou na música a tenra idade. Cando aínda estaba na escola aprendeu a tocar varios instrumentos. Máis tarde converteuse en músico de sesión para artistas como M. Ward, Zooey Deschanel e Dolorean, entre outros, para os que tocaba o violín, o banjo ou a mandolina. Foi de xira, ademais, con bandas como Efterklang (durante a promoción de ‘Parades’ en 2007), Horse Feathers e Laura Gibson. A finais dese ano decidiu publicar a súa propia música. Así chegou ‘Docile’, un mini álbum de piano só, e o sete polgadas ‘Retreat/Release’, editado en Type, un dos seus selos de confianza.   

No curto prazo de catro anos espallou multitude de material noutras plataformas como Bella Union, Erased Tapes e Western Vinyl. Estas dúas últimas encargáronse da distribución de ‘Music For Falling From Trees’, un dos seus grandes traballos, sete pezas escritas para acompañar unha obra de danza da coreógrafa londiniense Adrienne Hart. Na súa faceta pop destaca o álbum ‘Home’, así como as súas colaboracións con Nils Frahm (no proxecto Oliveray) e Machinefabriek. 

Chega a Santiago con Float baixo o brazo, o seu último disco publicado no 2013. Peter Broderick é xa unha realidade, un dos grandes expoñentes das escenas neoclásica e folk dos EU na actualidade. 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: