Leilía chega a Vigo o venres 17 de outubro co seu útlimo disco ‘ConSentimento’

Leilía volve a Vigo o vindeiro venres día 17 de outubro. Dentro da programación outubro/novembro do Concello, enmárcase este concerto de presentación do seu último traballo ‘ConSentimento’. Será ás nove do serán con entradas, xa dispoñibles, a un prezo de 8 euros. “Neste espectáculo o grupo aúna respeto, coherencia e madurez”, indican as súas integrantes. Ademais, as Leilía agardan con agarimo este concerto, xa que “Vigo é una cidade que sempre nos acolleu moi ben”, apuntan.

Así, o vindeiro venres 17, no Auditorio Municipal de Vigo e dentro da programación de outono do Concello de Vigo, o grupo de música tradicional Leilía regresa á cidade olívica para presentar o seu último traballo, ‘ConSentimento’. Fano despois de teren xirado polo Brasil, onde tiveron a oportunidade de “amosar un espectáculo no que as voces foron as protagonistas, acompañadas por instrumentos tradicionais: pandeiretas, tixolas, latas, sachos… cunha fantástica acollida por parte do público e que se convertiu nunha experiencia gratificante para a formación”, afirman as pandeireteiras.

Xa pasaron uns anos dende que Leilía actuou en Vigo a raíz do espectáculo ‘Son de Aquí’, cando xunto con Treixadura e da man de Quico Cadaval fixeran todos xuntos unha»festa» enriba do escenario facendo soar pandeiretas, gaitas, acordeóns e voces. Desta volta, as cantareiras chegan á cidade para presentar os temas de ‘ConSentimento’, unha homenaxe ás mulleres que fixeron e fan realidade a creación, a conservación e a transmisión da tradición oral galega.

Neste concerto poderemos escoitar melodías e sons rescatados do pasado, “que se retocan con instrumentos de hoxe e que se tecen con palabras actuais, para dar lugar a un espectáculo no que Leilía aúna respecto, coherencia e madurez”, afirman desde o grupo.

Para poder asistir ao dito concerto, as entradas xa están dispoñibles, a un prezo de 8 euros, para a venda online en http://taquilla.servinova.com/ventaentradas/es/otras-musicas/auditorio-municipal-do-concello/4113–consentimento-leilia.html así como a través do teléfono 902504500 ou ben na Central de Espectáculos (rúa Velázquez Moreno, 26, Vigo). Ademais, poden adquirirse tamén unha hora antes do inicio do espectáculo no mesmo Auditorio Municipal vigués sempre que aínda houbera entradas.

Tal e como apuntan as cantareiras, “Vigo é una cidade que sempre nos acolleu moi ben”. Foron numerosas as actuacións de Leilía nesta cidade, tales como presentación de discos, concertos en espazos abertos como o parque de Castrelos, e en lugares tan emblemáticos e especias como o antes chamado Teatro García Barbón. Esta vez teñen a oportunidade de se estrearen no Auditorio Municipal, “o que para nós é unha honra”, conclúen.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: