MEDIO AMBIENTE AUTORIZA AS OBRAS DE URBANIZACIÓN PREVIAS Á AMPLIACIÓN DAS INSTALACIÓNS DA CONSERVEIRA CONNORSA, NO CONCELLO DE VILABOA

 Esta empresa localízase no fondo da ría de Vigo, na beira oeste da Enseada de San Simón, e próxima ao núcleo de Acuña e a ampliación realizaríase cara o suroeste, ao pé do Monte Croa e seguindo o trazado do camiño paralelo á costa
 As obras pretendidas concrétanse no acondicionamento do terreo, dotación das redes de abastecemento e saneamento, instalación de alumeado público, pavimentación de calzadas, zona de aparcadoiro e colocación de mobiliario urbano
 No expediente xustifícase a vinculación directa da actividade coa súa localización pola necesidade de dispor de auga de mar para as distintas fases do ciclo produtivo de elaboración de conservas

Santiago, 8 de outubro de 2014.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, autoriza a Conservas del Noroeste S.A (Connorsa) para a execución das obras de urbanización previas á ampliación das instalacións desta empresa, situada no Concello de Vilaboa.

Esta conserveira localízase no fondo da ría de Vigo, na beira oeste da Enseada de San Simón, e próxima ao núcleo de Acuña, na parroquia de San Martiño de Vilaboa. A ampliación das instalacións realizaríase cara o suroeste, ao pé do Monte Croa e seguindo o trazado do camiño existente paralelo á costa.

As obras pretendidas concrétanse no acondicionamento do terreo, dotación das redes de abastecemento e saneamento, instalación de alumeado público, pavimentación de calzadas, zona de aparcadoiro e colocación de mobiliario urbano.

O Consello da Xunta do pasado 9 de xaneiro aprobaba definitivamente a Modificación Puntual nº 2 das Normas Subsidiarias do Concello de Vilaboa, no lugar de Acuña, co obxecto de reclasificar como solo urbanizable delimitado un ámbito duns 42.000 m2, dos que 19.170 m2 destinaranse a uso industrial.

No expediente xustifícase a vinculación directa da actividade coa súa localización pola necesidade de dispor de auga de mar para as distintas fases do ciclo produtivo de elaboración de conservas de pescados e mariscos, referíndose á Resolución do 13 de xuño de 2000 da Dirección Xeral de Costas do Ministerio de Medio Ambiente , na que se fixaba a ocupación de 541 m2 de terreos do Dominio Público Marítimo Terrestre (DPMT) con destino á instalación de tubaxes de toma de auga de mar e desaugue.

Cómpre sinalar que na actualidade o concello de Vilaboa réxese por unhas Normas Subsidiarias de Planeamento Provinciais de data 16/01/1988. No ano 2000 o municipio contratou a redacción dun PXOM que foi aprobado inicialmente polo pleno pleno municipal en decembro de 2012. A achega da Xunta para a súa a tramitación ascende a máis de 133.000 euros.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: