A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN ACATA A DECISIÓN XUDICIAL QUE INVALIDA AS SANCIÓNS IMPOSTAS CONTRA OS DIRECTORES DE COLEXIOS DE VIGO

Vigo, 09 de outubro de 2014.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria respecta pero non comparte a decisión xudicial que invalida as sancións impostas contra os directores de colexios de Vigo que cobraban sobresoldos procedentes das cotas de comedor que pagaban os pais. Así o sinalou hoxe a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, quen dixo que “estamos nun estado democrático de dereito” e a sentenza “a aceptamos coma non podía ser doutra maneira”. Sen embargo, os servizos xurídicos do departamento que dirixe o conselleiro Xesús Vázquez están a estudar outras vías xurídicas que aínda se poden formular.

Acerca do contido da sentenza a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria quere chamar a atención sobre o feito de que o fallo xudicial recoñece, porén, que os directores sancionados recibían diñeiro “por encima de lo establecido por el ordenamiento jurídico”, e que “en lugar de existir una sola cuenta destinada a la gestión de los gastos del comedor, se habían abierto dos, una nutrida con la aportación que la Administración destinaba a esta partida, y otra con la aportación voluntaria de las familias”. Segundo o propio xuíz, ambas circunstancias no só son certas senón que “constituyen irregularidades reprochables”.

Igualmente, sobre o feito probado de que os funcionarios públicos sancionados pola Consellería cobraran cantidades fóra do seu salario, o fallo do xulgado do contencioso administrativo indica taxativamente que escudarse en que ditos sobresoldos foran aprobados polo Consello Escolar, non é de recibo. “El Consejo escolar -di o fallo- podrá adoptar los acuerdos que tenga por oportunos, pero el funcionario no puede escudarse en ellos para obtener un suplemento que no está amparado por el ordenamiento juridico y ninguna de las normas que regulan el funcionamiento y gestión de los comedores escolares en nuestra comunidad permite esa práctica”.

Hai que lembrar que foi a administración autonómica quen, ante a denuncia presentada por FETE-UGT en maio de 2013 en relación a posibles irregularidades na xestión de sete comedores xestionados directamente pola Consellería de Educación en Vigo, iniciou unha investigación para clarificar estes feitos. Deste xeito, en xullo dese mesmo ano, o xefe territorial da Consellería de Educación reuniuse cos directores denunciados polo sindicato para preguntarlles os respecto e coñecer se a acusación era certa ou non.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: