DOA AMOSA NA DELEGACIÓN DA XUNTA EN VIGO A SÚA EXPOSICIÓN DE PRODUTOS DE ARTESANÍA POLO DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL Saúdos,

???????????????????????????????

A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, coñeceu esta mañá a mesa informativa e a exposición de produtos de artesanía elaborados polos usuarios e usuarias dos obradoiros ocupacionais.
 A Asociación de Axuda ao Enfermo Mental (DOA) conmemora o Día Mundial da Saúde Mental baixo o lema “Abrindo mentes. Pechando estigmas”, escollido polas asociacións de persoas con enfermidade e familiares reunidas en FEAFES.

Vigo, 09 de outubro de 2014.- A Delegación Territorial da Xunta en Vigo colabora un ano máis coa Asociación de Axuda ao Enfermo Mental DOA nos actos conmemorativos polo Día Mundial da Saúde Mental que se celebra mañá día 10 de outubro. Durante estes días, a planta baixa do edificio administrativo contará cunha mesa informativa e a exposición colectiva de pintura e produtos de artesanía elaborados polos propios usuarios e usuarias nos obradoiros ocupacionais da Asociación DOA.

Esta mañá, a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, achegouse ata a exposición, acompañada polo presidente e xerente do colectivo, Leopoldo Robla e Juan Manual Adá, respectivamente, para coñecer de primeira man os produtos que realizan os usuarios e usuarias. Este ano, a conmemoración do Día Mundial da Saúde Mental celébrase baixo o lema “Abrindo mentes. Pechando estigmas”, escollido polas asociacións de persoas con enfermidade e familiares reunidas en FEAFES.

Bravo Bosch amosou así o seu recoñecemento ao traballo que esta entidade realiza diariamente cos usuarios e usuarias do centro co fin de prestar atención, axudar e contribuír á integración sociolaboral do enfermo mental. A responsable do Goberno galego na cidade loubou a “inxente labor” que realizan cos usuarios e usuarias e tamén de cara á cidadanía co obxectivo de sensibilizar á poboación para mellorar a calidade de vida destas persoas.

Asociación DOA
A Asociación de Axuda ao enfermo Mental DOA constitúese no ano 1987 por iniciativa de familiares de persoas con enfermidade mental crónica. O seu nacemento fundaméntase pola carencia de recursos sociais axeitados para o tratamento dos seus familiares con motivo da reforma psiquiátrica.

Na actualidade é a única entidade privada que presta atención a este colectivo, xestionando diversos servizos, algúns deles en colaboración co Sergas. Neste senso, conta con prazas concertadas para o seu Centro de Rehabilitación de Vigo así coma no centro que teñen en Cangas. Ademais, e tamén en colaboración co equipo de rehabilitación de Saúde Mental do Sergas, executa o programa de Pisos Protexidos, repartidos en 7 pisos -catro dos cales se sitúan en Vigo-. DOA ofrece tamén un servizo de atención a domicilio e a familias ademais dun servizo para programación de ocio.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: