Archive | octubre 10, 2014

Concello de Vigo


O goberno local investiu 145.000 euros na reforma das pistas de atletismo de Balaídos

O alcalde pasou revisión este venres ás obras de reforma nas pistas, nas que o Concello investiu 145.000 euros. Abel Caballero amosou a súa satisfacción pola remodelación no recinto deportivo, que se suma ás melloras realizadas na pista do parque de Castrelos.

 


O Concello cubre toda a demanda de bolsas de libros e comedor con máis de 5.000 achegas

O goberno local adicará 1,8 millóns de euros a cubrir toda a demanda de bolsas de libros e comedor dos centros educativos da cidade. Deste xeito, neste curso o Concello financiará 5.000 bolsas de libros e 1.400 de comedor, de xeito, que non hai listas de agarda, explicou o rexedor, tal e como se comprometera públicamente.

 

O Concello licita a humanización do final da Avenida de Castrelos e a primeira fase de Rosalía de Castro

Caballero anunciou este venres a aprobación dos expedientes de contratación das obras de humanización da Avenida de Castrelos, entre Avenida Portanet e Clara Campoamor, e de Rosalía de Castro, no tramo desde República Arxentina ata Canceleiro. O goberno de Vigo tamén licitou a humanización de Ramón Nieto, fronte ao mercado de Cabral.

 


Caballero asinou un convenio para apoiar as actividades da Asociación de Veciños da Miñoca

O alcalde de Vigo rubricou cos representantes da Asociación de Veciños Praza da Miñoca un convenio de colaboración segundo o cal o Concello achega fondos para os gastos de mantemento do seu local, en Eugenio Kraff, e a realización de actividades, ata a conclusión do centro cívico da Miñoca, actualmente en obras.

 


Exposición Mario F. Granell na Pinacoteca Municipal

Este sábado, 11 de outubro, ás 12:00 h, inaugúrase na Pinacoteca Municipal “Francisco Fernández del Riego” (r/ Abeleira Menéndez, 8) a exposición “Mario F. Granell. Morte e reencarnación dun pintor galego”, conmemorativa do centenario do seu nacemento. A exposición é unha produción da Concellería de Cultura e Festas, comisariada por José Ballesta de Diego, director do Museo Municipal “Quiñones de León” do Pazo de Castrelos.

 

Normalización Lingüística cursos de sombras chinesas e Celga 2

 

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DA INSPECCIÓN TÉCNICA DE EDIFICACIÓNS (ITE) DOS INMOBLES CONSTRUÍDOS NO ANO 1983

Na data 14 de xullo de 2014 a vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo (XMU) resolveu aprobar a convocatoria de axudas ás persoas propietarias que carezan de recursos suficientes para a realización da ITE, correspondente ao ano 2014, dos inmobles construídos no ano 1983 no termo municipal de Vigo.

Noticias PP

O GRUPO POPULAR CRITICA A INCONGRUENCIA DE AGE AO REXEITAR UNHA EMENDA SOBRE O PDR QUE RECOLLÍA A SÚA PROPOSTA APROBADA ONTE POR UNANIMIDADE NO DEBATE DA AUTONOMÍA

 A portavoz de Medio Rural, Isabel García Pacín, manifesta que o obxectivo “é conseguir un rural vivo e con oportunidades para que a xente viva con dignidade”

  • “O deputado de AGE na Comisión de Agricultura tivo o descaro de rexeitar un texto orixinario de eles mesmos coa escusa de que era un consenso de mínimos”, dixo García Pacín
  • Fixou como obxectivos principais deste PDR o incremento e recuperación da superficie agraria útil e a incorporación de mozos á actividade agraria, que permita garantir cando menos os niveis actuais da poboación agraria activa.

Roberto Relova: “El alcalde debe tomarse más en serio la nueva ubicación de la UNED en Vigo. Está jugando con la formación y la ilusión de muchas personas”

  • El concejal del PP, Roberto Relova, ha recordado la promesa de Abel Caballero de que las clases del nuevo curso que ya ha dado comienzo se impartirían en el Auditorio Mar de Vigo.
  • La UNED ya ha advertido que sería imposible implantar el segundo curso de los grados el próximo año en las actuales instalaciones.
  •  El edil del Partido Popular asegura que “el alcalde sigue haciendo gestos y promesas pero no hay nada en firme, en la UNED no tienen nigún conocimiento sobre el traslado a la nueva ubicación”.
  •  

    O DEBATE SOBRE O ESTADO DA AUTONOMÍA PÉCHASE COA APROBACIÓN DE 56 PROPOSTAS DE RESOLUCIÓN: 39 DO GRUPO POPULAR E 17 TRANSACCIONADAS OU DOS GRUPOS DA OPOSICIÓN

    A viceportavoz popular, Marta Rodríguez, dixo que “seguimos centrados nos asuntos que preocupan á cidadanía: a recuperación económica, a loita contra o paro e os servizos sociais”

    • Rodríguez Arias lamentou que a oposición viñera “cunha disposición contraria aos acordos, reflectida tanto nas súas intervencións como nas súas propostas de resolución”

     

Rastro Portovello e Concurso de Tapas Vigovello

IX_Tapa_Cartel Portovello_Outubro_baja (1)

Mañán, coma todos os segundos sábados de cada mes haberá unha nova edición do rastro Portovello.

O Rastro Portovello é un mercado de segunda man e artesanía que ten lugar nas rúas do casco vello de Vigo os segundos sábados de cada mes (Triunfo, Joaquín Yáñez, Palma, Oliva,Praza da Igrexa, Praza da Pedra, Praza dos Descubrimentos).
Nel podense atopar roupa e zapatos de segunda man, libros, vinilos, obxectos de decoración, así como artesanía, cosmética natural, instrumentos musicáis, cadros, fotografías e outras curiosidades… 
Asímesmo recordamos que tamén estamos inmersos no Concurso de Tapas Vigovello ata o 2 de Novembro (achegamos cartel e díptico)

A CONSELLEIRA DE FACENDA AVANZA QUE GALICIA TERÁ EN 2015 SUPERÁVIT NA BALANZA POR CONTA CORRENTE POR PRIMEIRA VEZ NOS ÚLTIMOS ANOS

141010 facenda 07x

Elena Muñoz Fonteriz explicou que a previsión é que ese superávit ascenda no vindiero exercicio ao 0,6% do PIB autonómico

  • A titular de Facenda participou hoxe na sesión inaugural do IV Encontro EFPA de Asesores Financeiros, que se celebra en Santiago
  • Indicou que o adecuado asesoramento financeiro ten que vir da man “dunha excelente cualificación do sector”
  • Advertiu de que non se poden repetir as “nefastas experiencias vividas en anos anteriores”, coa comercialización indebida de produtos complexos
  • Destacou que a figura do asesor financeiro cobra se cabe máis importancia no actual contexto económico e monetario

 

PROGRAMACIÓN COMPLETA DO FESTIVAL SINSAL 12

unnamed

O Festival Sinsal volve a Vigo, a súa casa, na súa edición número 12 cunha programación que unha vez máis aposta pola diferenza, a sorpresa e o eclecticismo. Nesta ocasión os principais concertos realizaranse durante o 6 de decembro en dous espazos, o auditorio do MARCO e a Sala Máster. Sinsal 12 conxuga experiencia e xuventude, Pere Ubu e Half Japanese, dúas propostas fundamentais para comprender a música actual, e Sandra Kolstad, unha promesa da electrónica europea chegada dende Noruega.

Os concertos na sala semianecoica da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación continuarán coa presenza doutras dúas bandas galegas, a revisión folk de Caxade e a electrónica de Ulobit. Sinsal Anecoico é un proxecto que nace coa colaboración entre o Festival Sinsal, o Museo MARCO de Vigo e o laboratorio de acústica organizado por AtlanTIC na EE Telecomunicación da Universidade de Vigo.

 

CONCERTOS 6 DE DECEMBRO

SANDRA KOLSTAD + HALF JAPANESE
6 de decembro 2014 | 20.30h
MARCO de Vigo

13€ anticipada/15€ billeteira

PERE UBU
6 de decembro 2014 | 23.30h
Sala Master, Vigo

13€ anticipada/15€ billeteira

Bono: 20€ anticipada/25€ billeteira

ENTRADAS SERVINOVA

Puntos de venda proximamente…

SINSAL ANECOICO

Universidade de Vigo

Escola de Enxeñaría de Telecomunicación

Vigo

Entrada de balde con invitación.

Venres 31 de outubro, de 15.00 a 17.30. Caxade

Venres 5 de decembro, de 9.30 a 13.30. Ulobit

A XUNTA INVISTE EN MOAÑA CASE 50.000 EUROS A TRAVÉS DO PLAN MARCO PARA MELLORAR A SEGURIDADE DO VIAL MOUREIRA-FANEQUEIRA

Moaña1

A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou esta mañá a zona para comprobar o estado dos traballos que se executaron coa subvención outorgada pola Consellería de Medio Rural e do Mar.
 A través dos programas de axudas ao medio rural, o Concello de Moaña recibiu nos últimos anos preto de 255.000 euros para diversas actuacións en zonas rurais do municipio.
 A Xunta destinou 600.000 euros nos anos 2013 e 2014 para levar a cabo preto de 30 actuacións en camiños e estradas rurais dos 14 concellos da área territorial.

Moaña, 09 de outubro de 2014.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, acompañada polo alcalde da localidade, José Fervenza, e polo xefe territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, Miguel Pérez Dubois, visitou esta mañá o vial Moureira-Fanequeira, na Subida ao Caeiro do Concello de Moaña, para comprobar as obras de mellora que se executaron ao abeiro do Plan Marco de mellora de camiños de titularidade municipal da Consellería de Medio Rural e do Mar.

Coma explicou Bravo Bosch, o departamento que dirixe a conselleira Rosa Quintana concedeu a axuda solicitada polo Concello de Moaña ao abeiro do Plan Marco para executar a ampliación do vial Moureira-Fanequeira co fin de mellorar a súa seguridade.

O investimento da obra chega case aos 60.000 euros (59.507,30), sendo a cantidade subvencionable pola Administración autonómica de preto de 50.000 euros (49.179,59 euros) mentres que o goberno local fíxose cargo do resto, que corresponde ao pago do IVE.

As obras xa están rematadas e, concretamente, para mellorar a seguridade do vial foi necesario executar a construción de dous muros de contención nas terras de Moureira e Fanequeira. No primeiro lugar, fíxose o muro de contención tipo ciclópeo de bloques irregulares de pedra granítica e unha ampliación nun tramo de 50 metros, rampas de baixada a dúas propiedades afectadas e instalouse unha valla de protección de 1,05 metros de altura mediante aceiro galvanizado. O mesmo proceder tivo lugar na zona de Fanequeira coa execución dun muro de contención do mesmo tipo ciclópeo e a ampliación do vial nun tramo de 60 metros. Para finalizar, procedeuse a reposición do firme de iguais características ao existente ademais de colocar unha baranda metálica dun metro de altura.

En definitiva, a través de distintos programas de axudas ao medio rural, o Concello de Moaña recibiu nos últimos anos preto de 255.000 euros para diversas actuacións en zonas rurais do municipio tales coma no camiño de Veigadarca, Peixeira ou Pedrouso, entre outras.

Preto de 600.000 euros para a área de Vigo
A través deste programa, a Xunta de Galicia destinou preto de 600.000 euros (598.509,06) nos anos 2013-2014 para levar a cabo ao redor de 30 actuacións en camiños e estradas rurais dos 14 concellos que forman parte da área territorial de Vigo.

O Plan Marco de mellora de camiños de titularidade municipal 2013-2014 ven a ser unha continuidade do anteriormente coñecido Programa Estratéxico de Infraestruturas do Medio Rural (PEIM) e lévase a cabo mediante axudas convocadas pola Axencia de Desenvolvemento Rural de Galicia (Agader) dirixidas ás entidades públicas locais. Deste xeito, as actuacións que se enmarcan neste programa teñen coma finalidade que a totalidade dos concellos de Galicia se beneficien da mellora das súas infraestruturas básicas incidindo na mellora da calidade de vida da súa poboación rural. O obxectivo é realizar actuacións de ampliación, mellora ou mantemento de camiños de titularidade municipal na procura de mellorar os accesos e a comunicación, permitindo incrementar a calidade de vida das zonas rurais e contribuíndo á fixación da poboación no rural e á diversificación económica.

Nos últimos anos, o investimento dedicado ás infraestruturas no eido rural para o ámbito da delegación territorial de Vigo achegouse aos 3 millóns de euros e as actuacións nos 14 concellos centráronse en mellorar as infraestruturas viarias, no acceso a explotacións, reposición de capa de rodaxe, adecuación de camiños e mellora de abastecementos de auga e saneamentos.

“Amor Flexible” de Alex Sampayo en Redondela

dFkDehjIEzK2q1mUTEKtq-MkkVB8Y_k2WsG6yKGEmO8

montaxe teatral “Amor Flexible”, da compañía Redrum Teatro, que terá lugar mañá, sábado 11 de outubro ás 20.00 h. no Auditorio da Xunqueira de Redondela.

“Amor Flexible” está protagonizada pola famosa actriz Mela Casal, coñecida polos seus personaxes de alcaldesa da serie “Mareas Vivas”, ou a Socorrito do programa “Luar”. Xunto a ela traballan os que foron os nenos das series máis míticas da Tvg, Tamara Canosa e Guillermo Carbajo, de “Mareas Vivas” e “Pratos Combinados” respectivamente. O espectáculo está asinado por Alex Sampayo, tamén coñecido por ter dirixido series como “Padre Casares” ou “El Internado”.

“Amor Flexible” está protagonizada pola famosa actriz Mela Casal, coñecida polos seus personaxes de alcaldesa da serie “Mareas Vivas”, ou a Socorrito do programa “Luar”. Xunto a ela traballan os que foron os nenos das series máis míticas da Tvg, Tamara Canosa e Guillermo Carbajo, de “Mareas Vivas” e “Pratos Combinados” respectivamente. O espectáculo está asinado por Alex Sampayo, tamén coñecido por ter dirixido series como “Padre Casares” ou “El Internado”.

MARCO: reinicio obradoiros infantís + escolares

unnamed

A partir de mañá sábado 11 de outubro

reanúdanse no MARCO os obradoiros infantís de fin de semana

e as actividades para escolares en torno ás exposicións temporais

A partir de mañá, 11 de outubro, o departamento educativo do MARCO retoma as actividades para público familiar durante as fins de semana, así como a programación habitual para escolares, con visitas e obradoiros en torno ás exposicións temporais. Nesta primeira fin de semana, os obradoiros infantís céntranse na mostra ‘EIDOS DA IMAXE’, que se clausura o domingo 12 de outubro no 1º andar. A partir de entón, e baixo o título ‘Imaxes cruzadas’, as actividades xirarán en torno ás exposicións de ‘IGNACIO URIARTE’ e ‘SCORE’, con visitas e obradoiros especialmente deseñados e adaptados a distintas idades.

OBRADOIROS INFANTÍS

‘Imaxes cruzadas’

Para nenos/as a partir de 3 anos

  • Do 11 outubro ao 14 decembro 2014
  • Sábados e domingos de 12.00 a 14.00
  • Laboratorio das Artes (1º andar) e salas de exposición
  • Entrada LIBRE E GRATUÍTA ata completar aforo
  • VISITAS E OBRADOIROS PARA ESCOLARES

    ‘Imaxes cruzadas’

    Para grupos de infantil, primaria, secundaria e bacharelato

    • Do 14 outubro ao 19 decembro 2014
    • De martes a venres de 11.00 a 13.30
    • Laboratorio das Artes (1º andar) e salas de exposición
    • Previa cita no tel. 986113900 /Ext. 304

Hoxe VENRES 10 DE OUTUBRO, BUTTONKID EN DETRÁS DO MARCO

10 de outubro (20:30 horas) concerto de Buttonkid in Rock en Detrás do Marco (R. Londres s/n). Ofreceranos as súas cancións.
Concertazo a partir das 20:30 horas, de balde.

 10626797_751328944938134_1287716825535576772_n

http://www.youtube.com/watch?v=Wpgj-Q5FV64