Concello de Vigo


O goberno local investiu 145.000 euros na reforma das pistas de atletismo de Balaídos

O alcalde pasou revisión este venres ás obras de reforma nas pistas, nas que o Concello investiu 145.000 euros. Abel Caballero amosou a súa satisfacción pola remodelación no recinto deportivo, que se suma ás melloras realizadas na pista do parque de Castrelos.

 


O Concello cubre toda a demanda de bolsas de libros e comedor con máis de 5.000 achegas

O goberno local adicará 1,8 millóns de euros a cubrir toda a demanda de bolsas de libros e comedor dos centros educativos da cidade. Deste xeito, neste curso o Concello financiará 5.000 bolsas de libros e 1.400 de comedor, de xeito, que non hai listas de agarda, explicou o rexedor, tal e como se comprometera públicamente.

 

O Concello licita a humanización do final da Avenida de Castrelos e a primeira fase de Rosalía de Castro

Caballero anunciou este venres a aprobación dos expedientes de contratación das obras de humanización da Avenida de Castrelos, entre Avenida Portanet e Clara Campoamor, e de Rosalía de Castro, no tramo desde República Arxentina ata Canceleiro. O goberno de Vigo tamén licitou a humanización de Ramón Nieto, fronte ao mercado de Cabral.

 


Caballero asinou un convenio para apoiar as actividades da Asociación de Veciños da Miñoca

O alcalde de Vigo rubricou cos representantes da Asociación de Veciños Praza da Miñoca un convenio de colaboración segundo o cal o Concello achega fondos para os gastos de mantemento do seu local, en Eugenio Kraff, e a realización de actividades, ata a conclusión do centro cívico da Miñoca, actualmente en obras.

 


Exposición Mario F. Granell na Pinacoteca Municipal

Este sábado, 11 de outubro, ás 12:00 h, inaugúrase na Pinacoteca Municipal «Francisco Fernández del Riego» (r/ Abeleira Menéndez, 8) a exposición «Mario F. Granell. Morte e reencarnación dun pintor galego», conmemorativa do centenario do seu nacemento. A exposición é unha produción da Concellería de Cultura e Festas, comisariada por José Ballesta de Diego, director do Museo Municipal «Quiñones de León» do Pazo de Castrelos.

 

Normalización Lingüística cursos de sombras chinesas e Celga 2

 

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DA INSPECCIÓN TÉCNICA DE EDIFICACIÓNS (ITE) DOS INMOBLES CONSTRUÍDOS NO ANO 1983

Na data 14 de xullo de 2014 a vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo (XMU) resolveu aprobar a convocatoria de axudas ás persoas propietarias que carezan de recursos suficientes para a realización da ITE, correspondente ao ano 2014, dos inmobles construídos no ano 1983 no termo municipal de Vigo.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: