MATO REAFIRMA O COMPROMISO DO GOBERNO GALEGO CO COLECTIVO AUTÓNOMO AO QUE DESTINA ESTE ANO 25 MILLÓNS DE EUROS

 A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, visitou hoxe a sede de APE Galicia en Pontevedra onde mantivo unha reunión coa xunta directiva desta asociación
 Traballo colabora con esta entidade con máis de 900.000 euros desde 2009
 Neste sentido, en 2014, a partida total destinada aos autónomos acada os 25 millóns de euros
 Dentro do orzamento global, o departamento autonómico destinará 4,5 millóns para beneficiar a preto de 1.500 mozos e mozas menores de 30 anos

Pontevedra, 13 de outubro de 2014.- A Consellería de Traballo e Benestar está a apoiar a Asociación Intersectorial e Interterritorial de Autónomos de Galicia (APE Galicia) con máis de 900.000 euros desde 2009, a través de diversas liñas de colaboración.

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, mantivo hoxe unha xuntanza coa directiva desta asociación en Pontevedra inscrita no apoio que o Goberno galego está a prestar ao colectivo de autónomos. APE Galicia recibe axudas da Consellería para prevención de riscos laborais, plans de cooperación, axentes de emprego, formación ou desenvolvemento de xornadas, entre outras.

Neste sentido, en 2014, a partida total destinada aos autónomos galegos acada os 25 millóns de euros e inclúe diversas axudas tanto para o establecemento como autónomo ou por conta propia, como para a redución de xuros do préstamo necesario para o financiamento do inmobilizado necesario para o desenvolvemento da actividade. Ademais existen varias iniciativas como o programa para persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas; subvencións para iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E); e o programa de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT).

En canto aos autónomos menores de 30 anos, a Consellería conta con tres medidas específicas para eles, ás que se destinan 4,5 millóns para beneficiar a preto de 1.500 mozos. Esta medida forma parte das 19 actuacións do Plan de Emprego Xuvenil da Xunta. A orde prevé contías de entre 1.200 e ata 12.600 euros por desempregado.

Nesta liña de axudas, introdúcese por primeira vez unha iniciativa “ambiciosa e novidosa”, xa que os menores de 30 anos que decidan constituírse como autónomos, e cuxa actividade non supoña un investimento elevado, recibirán 1.200 euros. Esta medida, combinada coa tarifa plana estatal de 50 euros, suporá que a súa cotización á Seguridade Social durante o primeiro ano estará subvencionada ao 100 por cento.

O segundo tipo de axudas está dirixida a facilitar o establecemento dos menores de 30 anos como persoa traballadora autónoma ou por conta propia. O requisito, ademais de estar dado de alta na Seguridade Social, será acreditar un investimento en inmobilizado material ou intanxible necesario para o desenvolvemento da actividade por unha contía non inferior a 3.000 euros. As contías a financiar oscilarán entre os 5.000 e 10.000 euros por mozo e moza desempregada e que varían en función das circunstancias do beneficiario.

A terceira subvención desta convocatoria está dirixida á redución de xuros do préstamo para o financiamento do inmobilizado necesario para o desenvolvemento da actividade. Esta subvención, dun único pagamento, será equivalente á redución de ata catro puntos do tipo de xuro fixado pola entidade financeira que conceda o préstamo, calculada sobre os oito primeiros anos de vixencia deste. Neste caso, as axudas oscilan entre os 5.000 e 10.000 euros, que varían, tamén, segundo a circunstancia persoal de cada beneficiario, primándose aos mesmos colectivos que as axudas destinadas para o establecemento como autónomos.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: