O GRUPO POPULAR SOLICITA REFORZAR A EDUCACIÓN NON FORMAL DOS MOZOS E MOZAS GALEGOS NO ÁMBITO SOCIOLABORA

 

Para o voceiro de Xuventude, Javier Dorado, este ámbito “é importante como complemento da educación regrada, para que a mocidade adquira outras capacidades e habilidades persoais na súa transición ao mercado de traballo”
Santiago, 12 de outubro de 2014.- O Grupo Parlamentario Popular ven de presentar no Parlamento de Galicia unha iniciativa na que solicita o reforzo da educación non formal de aproximación ao ámbito sociolaboral dos mozos e mozas galegos de entre 15 e 18 anos, para que adquiran coñecementos e habilidades que os axuden no seu futuro perfil profesional, previamente a decidir a súa traxectoria no mercado de traballo.

Para o voceiro de Xuventude do PPdeG, Javier Dorado, este ámbito “é importante como complemento da educación regrada, para que a mocidade poda ampliar a súa capacidade e habilidades na súa transición ao mercado de traballo”.

ESTANCIAS E VISITAS

Na iniciativa popular se solicitan actuacións para que os mozos e mozas se acheguen á realidade das empresas mediante o desenvolvemento de estancias e visitas en distintos sectores, e que adquiran coñecementos que axuden a completar o seu desenvolvemento persoal e futura formación académica e profesional.

Os populares galegos consideran que esta é unha forma de ofrecer á xuventude unha experiencia de educación non formal, para axudalos na toma de decisión do seu futuro perfil profesional, e que coñezan a realidade da empresa previamente a decidir a súa traxectoria formativa profesional.

Segundo o voceiro de Xuventude, a planificación destes programas transversais de educación a favor da mocidade corresponde á Xunta de Galicia, de conformidade coa Lei 6/2012 de Xuventude de Galicia, e teñen como obxectivo contribuír ao aprendizaxe permanente e adquisición de capacidades e habilidades persoais que favorezan o seu desenvolvemento persoal e futura formación, académica e profesional

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: